Amosando publicacións coa etiqueta Expropiación ilegal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Expropiación ilegal. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de maio de 2017

Ser "cazacorruptos" en España sale caro: la ruina de cuatro valientes que se atrevieron a denunciar

La funcionaria Ana Garrido denunció la trama Gürtel en el Ayuntamiento madrileño de Boadilla y desató la caja de los truenos: las presiones que recibe desde entonces -económicas y sociales- la han puesto contra las cuerdas, subsistiendo a duras penas, sin más respaldo moral que el de un puñado de personas de su máxima confianza. Apenas alcanza a vivir con las pulseras y collares que ella misma vende. Y teme que el tumor que le descubrieron hace dos años -“la angustia se somatiza”, asegura- pueda suponerle un grave problema de salud. Todo ello, afirma, son las consecuencias de denunciar la corrupción. Para leer a noticia entera en El Español, presione aquí.
Aunque mi caso no sea tan mediático, llevo años sufriendo algo parecido, ya que fui el único comunero de la comunidad de montes parroquial que osé denunciar a unos ex-directivos después de descubrir que habían comprado una parcela, en un primer momento para construirnos el ayuntamiento un parque infantil y luego se decidió construir el local de la Comunidad. Lo chocante es que en el documento notarial consta que la propietaria se lo ha donado a todos, cuando en realidad había cobrado mediante un cheque nominativo de la Comunidad 851.000 ptas, firmado por 4 de los responsables de las cuentas, por lo que non podían alegar IGNORANCIA, ¿O SI?
Descubierto el engaño en una asamblea los ex-directivos pese a los intentos de justificar "su" documento al ver que no conseguían convencer a la mayoría y a pesar de no hacer constar en el acta la mayoría de las intervenciones que realizamos, si consta lo siguiente....

En esa reunión estaban presentes comuneros que debido a su afiliación política con 2 de los ex-directivos dieron el silencio por respuesta y cuando en unas elecciones se pusieron al frente de la Comunidad solicité en base a los Estatutos mi gastos, como con anterioridad otros comuneros habían reclamado también los suyos, por una querella contra otros ex-directivos que fue sobreseída. En vez de acatar lo que consta en el acta solicitaron un informe al abogado que había asesorado y defendido a los demandados. Actuaron de esta manera tan torticera, porque al contrario que en mi caso, manejaban el dinero de todos, el mio incluido. Y por si fuese poco, de nuevo gracias a su afiliación política (PP), a pesar de la Sentencia, tocaron en las puertas de La Xunta de Galicia, cobrando dietas y gastos por algo que ya no tenía vuelta atrás.
Como no podía permitirme de nuevo incrementar el valor del bien adquirido, opté por no acudir otra vez a la vía judicial, ya que había logrado anular el citado documento, que ahora es papel mojado, ya que solo un juez es quien puede dictar lo que por Ley me corresponde y no el abogado.

Esta gente cuando estuvo al frente de la Comunidad adquirió 5 terminales para uso de la Comunidad y cuando fueron relevados solo nos entregaron 2, uno de ellos cuando ya casi habían transcurrido 6 meses y los cargos por su uso particular corrieron por cuenta de la Comunidad. El presidente, que se entiende se presentó para defender los intereses de la Comunidad, decidió no pedir explicaciones y una vez recibidas, si no nos convencían tendría que reclamarlos de forma oficial, pero prefirió mirar para otro lado. En mi caso aún siendo el secretario no tenía el poder y la responsabilidad de hacerlo y visto el éxito con la reclamación, tampoco podía ni debía defender de nuevo a la Comunidad con mi dinero.

En una reunión de la directiva el presidente alabó mi defensa por recuperar para todos el solar, comunicando a todos los directivos que a la mayor brevedad, procedería a resarcirme de mis gastos (y consta en acta). Cuando me invitó a abandonar la secretaría para poder manejar a su antojo la Comunidad, en la última reunión que tuve con el y los otros ex-directivos, no solo cambió su versión, diciéndome que no había hecho nada por recuperar la finca, si no que me olvidase de que me iba a pagar los gastos... como así fue

Para que se vea la ética de este elemento, cuando resultamos elegidos conseguimos dos de los cinco terminales y cuando perdió su calidad de presidente pasando a ser un simple comunero, se quedó con uno y el secretario con otro. Por suerte la actual directiva pudo recuperar el número adscrito a la Comunidad, pero hubo que comprar un terminal.

Y termino con esta reflexión, esta persona y los anteriores (salvo el secretario), militan en partidos tan antagónicos como PP y BNG, pero su mala praxis los iguala. Y a mi, militante que contribuía en lo posible al BNG, me dieron de lado en favor de quien aplica el ideario del partido rival. Y por si fuese poco, cuando el BNG, llevó la Consellería do Medio Rural, gracias a su vínculo familiar con el ex-concelleiro (son primos) nos cruzaron una propiedad con esta pista rural.

venres, 24 de xuño de 2016

Pois si, nótase que estamos en campaña

La Voz de Galicia: «O normal é que se pregunte á xente do monte que quere facer co seu chan, pero nunca se fixo»
Poucos comuneiros atrévense a falar con tanta claridade como este madrileño afincado en Nebra. Santiago Suárez ocupa actualmente a presidencia da Mancomunidade de Montes Serra do Barbanza, que aglutina a un bo número de entidades que suman miles de hectáreas de chan. Suárez, onte, ao ser preguntado pola modificación do plan forestal galego aprobada inicialmente opinaba que a casa non pode empezarse polo tellado: «O normal é que se pregunte á xente do monte que quere facer co seu chan, pero nunca se fixo e agora tampouco estase dando esa situación.
Está claro que os redactores de La Voz do Barbanza só se dan unha volta por este blog cando interesa, como foi dunha vez recoller como "queixas de varios comuneiros" un artigo no que, casualmente, cuestionaba a mala xestión que facía o entrevistado no monte de Nebra, que durante máis de dous anos non convocou asembleas para preguntar que facer aos comuneiros, algo totalmente contrario ao que predicou e predica nesta "nota de prensa" (entendo que o periodista Javier Romero, peca de incauto e limítase a transcribir o que lle pasan). Con todo, vese ben que a nota ten fins electorais, claramente influenciada por unha cor política.

Obvian interesadamente recoller na nota, que agora mesmo e recollido nos estatutos da Mancomunidade que el tamén asinou, non pode seguir no cargo de presidente, dende o mesmo momento no que se establece e se presenta a nova directiva de Nebra á Mancomunidade, pasará a ser un simple comuneiro e o seu cargo será substituído polo vicepresidente da entidade.

Sacando outro extracto da nota, di que «a xente do monte ten que ser escoitada», como dixen, pasamos moito tempo sen convocársenos, pero xa nas últimas asembleas as cousas facíanse como el quería e se alguén lle facía unha réplica, acertada ou equivocada, era o mesmo, ao momento saltaba co seu manido "porque o digas ti" e pechábase en banda sen atender a ninguén ou comezaba a súa actuación de xestos de menosprezo (acenos de estar tolo, e outras tantas faltas de respecto).

Moitos preguntáronlle polo tema dos porcos, pero caían en oídos xordos. Tamén, por culpa de non escoitar a un veciño afectado ten agora a Comunidade que afrontar un pago, mínimo, de 1.400€. Iso se nos achandamos á demanda e non facemos coma el.

E aínda falta restituír o terreo onde estiveron os últimos porcos, os cales tampouco nos preguntou aos veciños se podía facer tal explotación, pero ao final tócanos pagar para repoñer o lugar, pois, non semella que as empresas que se aproveitaron da explotación se fagan cargo de nada levando os cartos "quentiños".

luns, 9 de novembro de 2015

Que importa se pasaron 6 anos se por fin van cobrar

Pago xustiprezo clave AC/07/130.06. Concello de Porto do Son

Esta xente igual descoñece que cando se tramitan pagos por unha expropiación, aos afectados cítanos por carta, ou así pasounos a nós cando se ampliou a estrada AC-550, motivo polo cal expropiarannos parte da horta e o fronte da casa.

Notase que os que estan por riba de eles tamén descoñecían a Lei e o Artigo 49 do Regulamento de Expropiación Forzosa do 26 de abril de 1957, se non, non farían esta chapuza, e aínda que pasaran 6 anos poderiamos gozar dos mesmos dereitos que os veciños de Xuño e poder cobrar o que nos "roubaron" pola cara.

Con nós, e tódolos afectados pasáronse a CONSTITUCIÓN polo forro.

sábado, 17 de outubro de 2015

Máis cedo ou mais tarde, a verdade sempre rexurde


Ao finado de meu pai o prepotente do ex-conselleiro do Medio Rural non lle contestou, pero ben que desde a Consellería mandáronlle ao seu curmán e, por fin, ex-presidente da Comunidade a denuncia que lle remitiu, acompañada de esa noticia de La Voz de Galicia.

Por desgraza isto a el xa non lle serve de nada. Porén cando os novos xestores, que hoxe despois de ser elixidos o pasado 27 de setembro recibiron por fin a acta que os confirma (presuntamente porque o ex-presidente demorouse en asinarlla ao secretario).

Aínda que lles falta moita documentación, entenden que en custodia da xestoría, cando a reciban e a "peneiren", a ver se aparece a acta que lle remitiu ao curmán (que me confirmou o funcionario co que estiven e que nos prometera ía remitir por correo certificado), unha vez que cotexase toda documentación.

En base ao que redactase, igual solicito a compensación que se merece aínda que a funda en flores na súa memoria, e aínda que o tractor de leña que lle prometeu non lle sirva de nada tamén o reclamarei tal é como quedou reflectido en acta. Moita xente o esquecería, pero aquí de xeito irregular con cargo aos fondos comunitarios, moitos recibiron leña gratis.



martes, 28 de xullo de 2015

Santiaguiño que troque de partido que parece do PP

A ver se toma exemplo de Rafael Cuíña, que toda súa vida militou no PP, e agora que milita en Compromiso por Galicia e saíu elixido alcalde de Lalín está «revolucionando o pobo» e paralizando as cacicadas que o seu antecesor do PP cometeu alí pensando que o Concello era seu, ao igual que este «ELEMENTO» tamén debe pensar a Comunidade é SÚA, porque non só non dimite «leva 6 anos no cargo», se non que nos nega o dereito de reunión algo que con anterioridade XAMAIS aconteceu en Nebra. Se o fixesen outros estaríaos acusando de fascistas.

Non está de máis lembrarlle que xunto co seu grupo acusa ao actual equipo de goberno do Son, de negarlles o dereito de celebralo plenos cada mes, cando sabe que non cometen ningunha ilegalidade, todo o contrario do que predica el aquí.

Ese tipo de cacicadas danse moito máis no PP que nos nacionalistas de ben, e non dos de «pico», por iso recoméndolle que se quite a careta, porque como teño escrito, apoiado polo seu curmán ao fronte da Consellería do Medio Rural, cruzáronnos aquel agro coa famosa pista na que agora críamos toxos, porque aos dous saíulles dos... melindres, e por se fose pouco usando fondos públicos da Xunta ou incluso da UE, porque estou seguro que dos seus petos non saíron os cartos.

A Magoa é que nestes casos a fiscalía non é implacable coa corrupción, por iso pasa o que pasa cos fondos públicos, que se lles colan entre as mans a uns e a outros.


El Correo Gallego: O goberno de Lalín denuncia a ilegalidade do muro de Boade

Paraliza a obra iniciada polo PP// Non ten permiso de Patrimonio nin hai acordo de cesión

O Concello de Lalín paralizou a construción dun muro na contorna da igrexa da parroquia de San Pedro de Doade por consideralo ilegal, xa que a obra carece do preceptivo permiso da Dirección Xeral de Patrimonio. Nun comunicado o concelleiro do Rural, Miguel Medela, cualifica de "gravísimo" o feito de que o anterior goberno do PP permitise a execución deste muro, sen que se asinase un acordo de cesión dos terreos (que son privados) ao Concello nin se cumpra a normativa vixente.

Os responsables municipais dan conta dun informe emitido polo arquitecto municipal no que se indica que a actuación atopase na contorna da igrexa parroquial, catalogada polo vixente plan de Urbanismo co número 2.23 e que figura con nivel de protección integral. Así, e de acordo co Catálogo de bens protexidos do PXOM, obras como a do muro de Doade requiren do informe previo vinculante de Patrimonio.


mércores, 20 de maio de 2015

Nós sin asembleas e outros cultivando cogomelos

Pois si xa levamos dous anos sen asembleas co que iso significa, sen censo e sen saber se a día que fondos temos na comunidade ou se estamos empeñados até as orellas. Se o estamos por darlle traballo aos comuneiros e comuneiras non foi.

Se esta é formula que o Bloque quere exportar a outras comunidades desde o Concello, Deus nos colla confesados: O BNG expón crear riqueza a través do monte.


O BNG está decidido a buscar alternativas en materia de emprego a través do monte e a ría. No primeiro caso, a candidata nacionalista, Ánxel Franco Pouso, expón un proxecto consensuado coas comunidades de montes e propietarios privados co fin de explotar de forma conxunta, sen descartar unha mancomunidade con outros concellos, e a través dunha iniciativa europea as masas forestais e agrícolas "para que non sigan dando perdas e deixen de ser pasto do lume".

En cuanto a la ría, el BNG propone gestionar ante la Xunta un proyecto de bateas innovadoras y ecológicas para producir cría de mejillón. Según explica Ánxela Franco, la idea es consensuar con las cofradías esta iniciativa.

Otro de los temas en los que hace hincapié el programa nacionalista es que los presupuestos municipales sean "participativos". Para ello, la candidata asegura que si gobiernan van a convocar reuniones en las parroquias para acordar con los vecinos las obras que se incluirán en las cuentas.

Ánxela Franco también anuncia que su formación está dispuesta a cambiar el PXOM actual, pendiente de aprobación definitiva, "para primar a vivenda unifamiliar en vez das áreas de actuación".


Se os que temos propiedades e non nos pregamos ás súas ordes, vai facer coma o seu partido cando estivo no bipartito e o seu compañeiro desde a Comunidad?

Claro que hai formulas para facer rendible o monte, mais hai que movelo cu, e non vivir de rendas do legado que nos deixaron os nosos avós e pais.

Que se pode agardar de quen ten secuestrada a Comunidade estes anos? NADA!!!

Se tiveran vergoña, que non a teñen, xa terían dimitido cando lles destes a costas hai 2 anos. Por iso veciños e veciñas, aínda que no creades búrlanse de TODOS.


Faro de Vigo: Cogomelos chinos 'made in' Couso

Mentres a comarca miñorana prepárase para asaltar as praias, en plena primavera, a parroquia gondomareña de Couso pensa no outono. A comunidade de montes acaba de recoller e vender os seus primeiros cogomelos de cultivo a seis euros o quilo. A explotación prepárase para crecer.

Está considerada un elixir de vida polas súas propiedades medicinais, especialmente contra as células canceríxenas, e debe o seu nome en español, "cogomelo delicioso", ao seu inigualable sabor. China e Xapón prodúcena e consumen desde fai máis de dous mil anos e numerosos lugares do mundo seguiron o seu exemplo. O shiitake chegou tamén a Galicia para quedar e proba diso é a planta de cultivo que a comunidade de montes de Couso puxo en marcha. Os comuneiros comercializaron xa parte da súa primeira colleita. Recolleron 50 quilos e vendido 30. As súas expectativas para este ano sitúanse nos 1.800 quilos de produción e os 10.800 euros de ingresos.

A seis euros o quilo lograron colocar os seus primeiros cogomelos de orixe asiática no mercado. A distribuidora, neste caso a empresa miñorana Froitas Vilar, venderaas a 12 aos consumidores. "Ou negocio é rendible", segundo explica o presidente da sociedade mancomunada, Xosé Antón Araúxo.

A viabilidade económica da iniciativa vén dar a razón á xunta reitora da comunidade, que aposta polo uso funcional do monte, en busca da conservación das especies autóctonas e da creación de postos de traballo. "Está claro que a madeira xa case non xenera beneficios", afirma o representante dos comuneiros. A construción xa non a demanda e as plantacións de eucaliptos están suxeitas aos prezos "tirados" que impón a celulosa Ence, argumenta.

Por iso hai que buscar alternativas e o shiitake parece funcionar. As cifras cantan. Segundo os cálculos de Araúxo, cada hectárea de eucalipto xera uns 475 euros en beneficios ao ano. "Con estes cogomelos levamos 180 euros en 600 metros cadrados en cinco meses", apunta.

Catro postos de traballo

O que comezou como proxecto experimental o pasado verán vai en camiño de converterse en explotación. Os veciños puxeron en marcha a planta con 300 troncos de carballo e castiñeiro en xaneiro, tras inocularles un micelio, unha especie de fungo, e polos a producir. Agora teñen outros 700 listos para comezar a brotar e 21 hectáreas de superficie forestal coutada para ampliar a produción. Todo provisto de sistemas de rega e toldos para garantir as condicións de temperatura e humidade que require a especie.

O catro traballadores contratados pola comunidade atenden o recinto á vez que realizan outras tarefas no monte. Se as previsións cúmprense, crearanse máis empregos "de forma gradual", avanza Araúxo.

Todo arrincou cun investimento de 30.000 euros, financiada ao 30% pola Xunta con fondos europeos Leader e ao 70% con microcréditos persoais de comuneiros. Tras o esforzo económico, os produtores pensan xa en diversificar a actividade. "Nun futuro esperamos vender ou shiitake doutras maneiras. Ademais de en fresco, podemos preparalas en conserva ou secas. Iso contribuiría tamén a xerar postos de traballo", conclúe.

venres, 1 de maio de 2015

Estará enterado o Farruco do que fixo o BNG en Nebra?

Resulta que tal é como se pode ver no seu Nordés sobre a parroquia de San Pedro de Muro, culpa ao concello de non facerlle acceso ás leiras, con motivo das obras de ampliación da estrada de Xuño a Corrubedo, e doulles a razón, aínda que descoñezo se o responsable é o alcalde ou a Deputación.

Ollala palla en ollo alleo e non a viga no propio.

No seu día critiquei á Consellería do Medio Rural en mans do BNG, porque sen abrir un proceso expropiador atravesou con esta pista varios agros sen coñecemento e permiso dos seus propietarios «clasificando pola miña parte como roubo con aleivosía», e por riba, como se pode ollar nas foto, deixáronnos se acceso a ela, tal e como denuncian na busca de réditos electorais, o que acontece en Muro. Porén hai unha diferenza substancial, eses veciños cobraron pola expropiación, mentres aquí actuaron como unha mafia.
E agora, sete anos despois onde antes tiñamos, aínda que fosen eucaliptos para leña, a pesar dos fondos públicos mal empregados en facela, dedícana a criar toxos. Iso sen mencionar e así consta en acta que o impostor do presidente díxolle ao finado de meu pai, que a madeira que lle levou por diante, compensaríalla con un tractor de leña, mais como mal pagador que é, aínda que neste caso pagaría a comunidade, demostrou que xamais tivo intención de cumprila súa palabra de falso, e político barato que amosa ser.
Foto de arriba tomada no noso agro, e as de abaixo no resto de propiedades.
É así como dixo a señora Ánxela na radio, que o BNG quere potencialo monte?

sábado, 20 de decembro de 2014

Nesta acta foron a máis e ousaron implicar á Xunta para deixarme quedar mal na parroquia, e lográrono!!!

Fai uns día tiven unha amena charla con un veciño que nos apreciamos mutuamente. Comezamos a falar do tema de moda: a «corrupción». E logo fixemos unha similitude de como nos trata o impresentable do presidentiño que nos desgoberna, xa que consideramos que ten secuestrada á comunidade, porque a estas alturas segue sen celebrala Asemblea Xeral Ordinaria, que estatutariamente e por Lei tiña que convocar dentro dos 6 meses do peche do exercicio económico ou o que é o mesmo, no mes de xuño; seguimos sen aprobalo censo que tiñamos que aprobar en xaneiro; e como e onde gastou os nosos cartos, que ollando o que hai, parece que son solo seus, xa que non constan aprobacións da Asemblea, e polo que sabemos, presuntamente nin polos vogais. Se isto último é grave o primeiro é moito máis, incluso penal.

E de aí pasamos a falar doutras exdirectivas, xa que tanto el coma eu non lembramos que ningunha fose tan ousada. Houbo unha que se atrasou, mais foi por forza maior e porque aínda que parece que todo o mundo o esquece, pero este amigo si que o lembra e iso que daquela non acudía ás asembleas, que houbo outro grupo crítico no que eu non estaba, que sen vir a conto puxo pexas no camiño, como impedir cubrilas dimisións sufridas como foi na de tío José do Patrón (q.e.p.d). Tanto el coma eu coincidimos que dentro do seu
«analfabetismo» foi claramente o mellor presidente que tivo a comunidade.

Curiosamente foi o único ao que lle auditaron as contas. Como ían ousar facerlle o mesmo aos compañeiros de partido? a pesar de saber, tal e como se pode comprobar in situ no cemiterio, que non collen os panteóns que disque ían coller, cuxa cantidade lembra este veciño tal e como reflicte esta acta.

É certo que fun crítico coa directiva que o precedeu, mais aínda que só gañase unha demanda as outras perdinas en base as actas falseadas, testemuñas falsas e porque o xuíces non foron ao fondo da cuestión. Por iso hoxe saco esta á luz, xa que esa asemblea tamén foi usada para por aos comuneiros na miña contra, polo que non dubidaron en implicar á Xunta, aínda que na acta mencionaron ese suposto censor xurado, en realidade os censores eran eles.

Outra cousa que se «tragou» a secretaria, foi que o motivo polo que non me consideraban comuneiro, era porque non me dedicaba a agricultura, cando a maioría dos que estabamos alí por ese regra de tres, comezando polo presidente que era condutor da motobomba do Concello, non cumpríamos ese requisito. Ao lembrarllo foi cando sacaron o tema dos censores xurados. Aínda que XAMAIS se atreveron a expulsarme, ningún comuneiro ousou preguntarlles se a Xunta de Galicia lles dixo iso, como me permitían estar presente nas asembleas, para segundo eles, seguir armando «follóns»?

Cando tiven coñecemento de que constaba en acta, pedín explicacións á Xunta. Notandose claramente que eran afíns ao partido, porque non me contestaron á primeira véndose obrigados a facelo cando lles aportei a acta. Porén foron máis consecuentes que o bipartito, posto que Medio Rural, XAMAIS me contestou ao roubo que lle inflixiron a meu pai (q.e.p.d) no agro.

venres, 9 de maio de 2014

Os Suáres: Os Sánchez Gordillo de Galicia?

Parodiando a presentación dos candidatos e candidatas do BNG ás eleccións europeas. Chámome Francisco Calo, case toda miña laboral transcorreu na emigración e fun votante e logo militante do BNG até que descubrín que o que "predicaban" na oposición, esquecéuselles cando tocaron o poder, por iso desde que deixei o partido, non volvín a votalos..., nin volverei.

O que lle fixeron a meu pai, desde a Consellería do Medio Rural, en mans de Suárez Canal e o seu curmán Suárez Blanco desde a presidencia da Comunidade non ten nome, e non lembro na corta historia desta Democracia que alguén fose vítima de semellante atropelo e roubo, como foi "chantarlle" esa pista nese agro, arrebatándolle a madeira que tiña. Meu pai tamén foi un emigrante coma eses que polo voto, presumen de defendelos.

Na Ditadura os do bando gañador cando lle botaban o ollo a unha propiedade non tiñan máis que denunciar aos seus propietarios como roxos e por arte do "birloque", as autoridades entregábanlles todo o que tiña.

Os comunistas tamén foron moito de quedarse co que non era seu. Seguramente o "noso" presidente que presume de que foi un deles, debeulle quedar algunha remanencia. Non sei se a el ou á súa familia política lle gustaría moito que, neste caso o Concello lles expropiase parte da propiedade que teñen na Aguieira para abrir novas pistas ou facer aparcamentos.

Por si a caso que teña coidado e que non veña por aquí o señor Gordillo.


El SAT, con Sánchez Gordillo y Cañamero, ocupa una finca en la provincia de Sevilla
Sánchez Gordillo roba en un supermercado para "llevar comida al pueblo"

E para rematar, o problema desta xente é que cando quedan sen argumentos, a única saída que teñen e chamarlle fascistas aos demais. Neste caso este trabucouse, os fascistas foron os seus compañeiros, non Samuel Juarez.

venres, 25 de abril de 2014

Que doado é para o BNG, usurpar e ocupar bens alleos

Parece que nesta ocasión ao BNG, en concreto ao seu alcalde en Pontevedra e o que é peor aos seus administrados que serán os que terán que pagar esa prepotencia, o xogar con bens alleos non lle saíu tan doado como a cacicada que lle fixeron a meu pai «usurpándolle o anaco dun agro», por orde do presidente da comunidade «cada vez máis ilegal no seu cargo», coa complicidade do seu curmán, o mellor conselleiro de Medio Rural cualificado por algúns, sobre todo polos que non sufriron tamaña cacicada.

Porén escoitar onte a Ana Miranda en VíaV, falar de coherencia no seu partido e a partir do minuto 15:38, largar todo isto: «e que non se roube, porque o PP está roubando as casas... os fogares, a educación..., están roubando a xarda». A parte de lembrarnos que está cos emigrantes polas multas de Facenda.

Obviamente para a señora Ana hai dous tipos de emigrantes. Defender «polos votos» aos roubados polo PP, e que lle dean aos roubados polo seu partido.

Non hai peor cego que o que non quere ver, e peor xordo que o que non quere escoitar. A pesar de mandarlle este chío, mentres escoitaba «encolerizado» as súas verbas, parece que aínda non tivo tempo a responderme, ou igual é que non lle interesa que se saiba a verdade? Por esa parte que non se preocupe, ao seu compañeiro Camilo Nogueira, que pecha a lista, xa lle expliquei na Homenaxe aos mártires de Sobredo, a cacicada da que fomos obxecto.

E que pasa cando che "expropian" pola cara?

La Voz de Galicia: Condenan ao Concello a pagar 5,3 millóns pola leira do Gafos

O Concello usurpou aos propietarios ilegalmente o solar, recoñeceu 1,3 millóns de indemnización, pero o xuíz elévaa ata 5,3

Catro veces máis do que consignou o Concello de Pontevedra nos orzamentos e seis veces o que o Concello consideraba xusto. Os cálculos iniciais e a mala previsión saíronlle caros ao goberno local e aos contribuíntes que sustentan cos seus impostos as arcas municipais. O Concello de Pontevedra acaba de ser condenado a abonar 5,3 millóns de euros por unha parcela que usurpou aos seus propietarios para incorporala ao paseo do río Gafos. Aínda que os donos reclamaban máis de once millóns de euros, a decisión xudicial, que se acaba de adoptar a través dun auto do pasado 22 de abril, tómase como unha vitoria para os intereses dos propietarios, tendo en conta que a tasación municipal inicial era de 846.510 euros e a consignación orzamentaria do Concello, en vistas a un previsible pau xudicial, era de 1,3 millóns de euros.

«Aínda cando o auto destaca pola súa minuciosa argumentación, e achégase substancialmente á nosa tese, con toda probabilidade se recorrerá en apelación para pedir un incremento da indemnización», puntualiza o avogado dos demandantes, Antonio Feijoo Miranda, quen apostila: «Estamos case no final dun larguísimo proceso xudicial que se remonta ao ano 2008, cuxo orixe non é outro que a actuación manifestamente ilegal do Concello e a negativa dos seus responsables a asumir as súas propias responsabilidades».

E é que a decisión é recurrible ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), polo que o Concello tamén pode recorrela. Con todo, como manifesta o avogado a La Voz, os demandantes tampouco renuncian a continuar o proceso para achegar a indemnización aos seus intereses iniciais de máis de once millóns de euros.

De momento, o auto, no seu parte dispositiva apercibe «expresa e persoalmente á alcaldía do Concello de Pontevedra» para que abone aos demandantes o importe principal e os intereses, que se sumarán aos 1,3 millóns previstos polo Concello. De non facelo, o rexedor, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), enfróntase a unha multa mensual de mil cincocentos euros.

No auto do Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra, emitido ante as discrepancias sobre a valoración da leira, recórdase que «na actualidade se pode falar de ata tres resolucións xudiciais diferentes, todas elas firmes, que alcanzan idéntica conclusión respecto diso». Isto é, que o Concello usurpou irregularmente o solar, de máis de seis mil metros cadrados, aos seus donos e incorporouno ao parque lineal do Gafos.

O auto entrou a valorar agora distintos informes periciais, tanto dos demandantes como do Concello de Pontevedra. E incorporou outros imparciais elaborados por peritos xudiciais. Por iso é polo que a indemnización, de 5,3 millóns de euros, estea a medio camiño entre a pretensión dos demandantes e a disposición de pagamento do Concello. Con todo, o auto é claro, o asunto que se dirime «non é outro que o de emendar a actuación municipal cunha indemnización a favor dos que eran lexítimos propietarios dunha parcela ocupada polo Concello sen acudir previamente a un expediente expropiatorio».

Faro de Vigo: O xuíz eleva a cinco millóns a indemnización por un solar "usurpado" no parque do Gafos

xoves, 10 de abril de 2014

Agora que tocaron o poder, todos teñen moito que calar!!


Haiche moitos «crack»

Desde logo nisto do “markenting” os excompañeiros de partido, son todo uns artistas. O malo é que crense o centro do mundo e queren facerlle crer a uns cuantos que os malos da película son os demais. Por sorte fai tempo que agora algúns sabemos apreciala diferenza entre os raposos e as galiñas.

Abaixo e incrustado no seu photoshop o GOL que nos meteron en «fora de xogo» nese AGRO, sen coñecemento e polo tanto sen permiso, cando MALDITA A HORA na que se fixeron coas rendas da Consellería do Medio Rural.

Neste caso a «CANTADA» foi dobre. Primeiro de Touriño que non soubo ou non quixo controlar ao conselleiro e este por dicirlle Amén a todo o que lle ordenaba o seu curmán: O Excelentísimo Señor presidente da Comunidade.

Dóeme dicilo, mais co PP isto non nos acontecería. OLLO non defendendo a súa política, nin os recortes que a nivel xeral aplícannos de aí que militase tantos anos no BNG, até que o poder, para min, trastornounos, se non, non entendo esta cacicada e roubo que nos fixeron, sabendo que xamais me quedaba atrás poñendo cartos para as campañas electorais ou perdendo o tempo nos mitins. E aínda que así non fose, non tiñan dereito a facernos esta SALVAXADA.

Gustaríame saber se a nivel particular alguén foi VÍTIMA de tamaña afronta militando neste ou noutros partidos e que os culpables nin dimitisen, nin se dígnanse a pedir perdón por cometer semellante cacicada?

luns, 31 de marzo de 2014

O recorte de dereitos non é exclusivo do capitalismo

Ollando o derradeiro paragrafo. Se a soberanía nacional, implica que o BNG faga o mesmo que nos fixo no 2006, roubándonos parte dunha propiedade apaga e vámonos.
Terra e Tempo: Comunidades de montes, crise e soberanía nacional

A crise que estamos a padecer é a crise xerada polo capitalismo, na súa fase actual de globalización (imperialismo), para que, como clase social, seguir a manter os seus privilexios. Mais é unha crise en todas as súas facetas. De aí que a súa política de imposición de recortes (eles chámanlle axustes ), vaia, simultaneamente en dúas direccións:

-Recorte dos dereitos sociais e laborais das maiorías sociais das populacións (baixa de salarios, desmantelamento dos servizos públicos, copagos...).

-Recentralización política e administrativa con fin de centralizar os focos de decisión política de cara a impoñelas, de xeito mais eficaz (lei de racionalización e sustentabilidade da administración local, recorte das xa, cativas, competencias das comunidades autónomas...).

Estamos, xa que logo, nunha crise do sistema capitalista. Polo tanto, a alternativa non pasa por propor parches a esta política de recortes e recentralización para que estas políticas sexan menos "agresivas para as maiorías sociais das nacións.... A solución pasa por propor alternativas ao sistema capitalista, na súa globalidade.

Na Galiza, nación a que se lle nega o dereito a decidir, nación colonia do Estado Español, a alternativa a esta crise do sistema pasa por conxugar a loita pola liberación nacional (capacidade plena para decidir como pobo), coa loita pola liberación social (alternativa ao sistema capitalista). Propor o debate de sobor de cal loita debe ser a prioritaria. Manifestar que a dia de hoxe, non toca a loita pola soberanía nacional. Situar o debate nestas dualidades, como o fai a dereita, (que é lóxico xa que defende os seus intereses de clase), por parte de grupos que se denominan de esquerdas e/ou nacionalistas, non ten sentido nunha nación colonizada como é a nosa. E mais, propor estas dualidades, é facerlle o caldo gordo ao sistema capitalista. A unha e a outra loita, son unha mesma loita.

A soberanía nacional é un dereito democrático das nacións. Este dereito debería ser suficiente para loitar por acadala. Mais, dende as organizacións sectoriais debemos ademais, facer pedagoxía política.

Debemos relacionar a solución aos problemas concretos do sector, co logro da soberanía nacional e coas alternativas ao sistema capitalista.

Fagamos pedagoxía política con tres temas referentes aos montes veciñais (poderiamos falar de moitos mais).

O monte veciñal en man común é unha sinal de identidade da nosa nación. E unha titularidade comunitaria (nin pública, nin privada).

Esta forma de posuír que temos os galegos e as galegas, non está recoñecida nin na Constitución do Estado Español, nin no Estatuto de Autonomía. O capitalismo non pode admitir a existencia de este tipo de titularidade xa que, por estar fora do tráfico do comercio, non lles posibilita o facer negocio. De aí as continuas tentativas de proceder a súa privatización. Pola contra, a Constitución da República Portuguesa, derivada da Revoluçao do 25 de Abril, naquel intre, a mais avanzada socialmente de toda Europa (é que logo foi dilapidada sucesivamente pola dereita e polo socialismo portugués), si que ten recoñecida este tipo de titularidade.

Se queremos que a posta en valor dos montes veciñais en man común xere plusvalías na zona de influencia do monte, mellore a calidade de vida das populacións e respecte os dereitos laborais e sociais dos traballadores e traballadores do monte, esta posta en valor cumpre facela dende a óptica da xestión comunitaria dos recursos. (que como demostrou a premio Novel de Economía do ano 2009, a sra. Elionor Onstrom, e tan eficaz como a xestión privada, mais é sustentábel). O capitalismo aposta pola xestión privada de estas terras comunitarias. A xestión comunitaria dos recursos e una alternativa a explotación capitalista.

O futuro dos montes veciñais, ligado ao futuro do medio rural, só será posíbel si se acada un monte veciñal e un medio rural multifuncional e sustentábel, con calidade de vida e con populación adicada a diversas actividades. O capitalismo aposta por un monte veciñal forestado con especies de crecemento rápido e con cultivos enerxéticos. E dicir, aposta por un aproveitamento de tipo colonial. Explotación que van a significar, abandono e desertización cando se esquilmen os recursos e xeración de plusvalías nos centros de decisión política.

Recoñecer a titularidade comunitaria, apostar pola xestión comunitaria dos recursos e lograr un monte veciñal multifuncional e sustentábel, só será posíbel se propomos alternativas ao sistema capitalista e se o pobo galego acada a soberanía nacional. Polo tanto, para as comunidades de montes veciñais en man común, a loita pola soberanía nacional, toca.

martes, 25 de febreiro de 2014

Partidos e empresas abrindo pistas por onde lles peta?


Aquí o presidente «ilegal», se fose un home de principios, cousa que por outros feitos dubido, baixo a súa responsabilidade debería resarcirnos desta ilegalidade que nos inflixiu co visto e prace da Consellería do Medio Rural «procedendo a eliminar esta pista». DÉBENOLO!!!

Se antepoño partidos é por que cando nos inflixiron ese roubo, foi unha trama súa urdida co seu curmán, por militar ambos no BNG. Hoxe é dóeme dicilo, porque nunca votei ao PP, con este partido non pasaría.

Aproveito o slogan do seu partido na manifestación do Día da Patria, para rescatalos nosos dereitos, ou acaso os delincuentes fomos nós?

La Región: Veciños de San Vicente reclaman que se elimine unha pista

Un representante da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Vicente, Manuel Veiga Fernández, presentou un escrito no Concello de Vilamartín.

Solicita abrir expediente de urbanística na paraxe denominada Chao da Vaca, onde unha louseira abriu unha pista até un vertedoiro.

mércores, 8 de xaneiro de 2014

Escoitando a Francisco Rodríguez do BNG, pregúntome se o autogoberno que reclama, vai ser parecido á Ditadura que no eido persoal, sufrimos con Medio Rural?


Analizando a inmensa documentación que fun recompilando desde que a Consellería do Medio Rural por medio do BNG e do presidente da Comunidade, con nocturnidade e a aleivosía «roubáronnos» un anaco nesta propiedade, aínda non atopei cacicadas e usurpacións semellantes, salvo se me retraio aos tempos da Ditadura.

Fomos un experimento ou foi unha vinganza persoal por non seguilas directrices do partido e do presidente? porque ademais do morro que lle botaron desde Santiago aínda tiveron máis que dicir. Iso si por medio dun funcionario e por se acaso de forma extraoficial, nada por escrito para non pillarse as mans.

O Concello tramita a expropiación para o tres viarios de acceso á urbanización de Golf Domaio

A xunta de compensación presentara a documentación en 2009, pero nunca se resolveu - Medio Rural deberá de emitir un informe de prevalencia ao figurar afectados terreos da comunidade de montes

O goberno local de Moaña sacou do esquecemento o proxecto de expropiación para a construción do tres grandes viarios de conexión da urbanización de Golf Domaio cos sistemas viarios xenerais que, xa figuraba no plan parcial de 1993, e que a xunta de compensación presentara en 2009 pero ao que nunca se lle deu tramitación. A intención do alcalde, José Fervenza, era poder levar ao pleno de decembro devandito proxecto, aínda que deberá de ser sometido a unha nova criba. E é que os técnicos municipais consideran que dado que na relación de propietarios a expropiar figuran terreos da Comunidade de Montes de Domaio, a Consellería de Medio Rural debe de informar previamente sobre a prevalencia do novo uso viario do devandito terreo e se ten prioridade sobre o actual que é forestal. A documentación xa foi remitida á consellería.

Os viarios que figuran no proxecto e que son a maiores dos que se executaron no interior da urbanización, están situados na zona norte, por encima do campo de golf; no oeste desde a ligazón do corredor do Morrazo a Carballido; e na parte este desde o viario de subida a San Lorenzo, onde na actualidade só hai un carreiro da Comunidade de Montes. Nos outros trazados tamén existen viarios pero moi estreitos, de aí o proxecto de ampliación para dotalos dunha anchura entre 6 e 10 metros.O acceso norte comunica a Zona A de a urbanización (vivenda unifamiliar), mentres que os accesos oeste e leste a zona B (vivenda encostada). O polígono de urbanización tamén contempla a Zona H, para un hotel, cuxa parcela está sen desenvolver e é propiedade de Promocións Dores Mar) e a Zona P, apartamentos, tamén sen desenvolver e que lle quedou por execución de hipoteca a inmobiliaria do banco BBVA (ANIÑA).

Coa aprobación deste proxecto concluirían as tramitacións pendentes da urbanización de Golf Domaio, que se arrastran desde fai máis de vinte anos, cando en 1991 aprobouse o convenio para este complexo turístico e residencial, e favorecería a concesión do resto das licenzas de urbanización pendentes. Non hai que esquecer que o Concello só deu un primeiro lote de 42 licenzas fai máis de dez anos cando gobernaba o popular Javier Barreiro. A solicitude presentáraa o anterior promotor, Agarvi. Pero desas licenzas, só termináronse 8 casas e o resto quedaron a medio construír.

Na memoria que presentou a xunta de compensación de Residencial Golf Domaio para a aprobación do proxecto de expropiación, figura que o 12 de febreiro de 1993 foi aprobado pola Comisión Provincial de Urbanismo o Plan parcial de Golf Domaio, que a xunta de compensación constituíuse en 1994, que o 28 de maio de 1995 foi aprobado definitivamente polo pleno municipal o proxecto de Compensación e que o 29 de abril de 1998 o de Urbanización, cuxo reaxuste foi solicitado mediante a presentación do correspondente proxecto en xullo de 2008. Tamén fai constar que o documento dos estatutos e bases de actuación foi aprobado polo plano municipal en outubro de 1993 e que no documento consta a relación de propietarios de leiras exteriores afectados os tres accesos.

Os viarios que afectan a terreos da Comunidade de Montes de Domaio son o 2 e o 3. O viario 1 só afecta a particulares. O orzamento de expropiación que figura no 1 é de 64.571 euros; no 2 de 30.514 e no 3, de 33.157, aínda que era a efectos do ano 2008.
Ese ano aínda era Conselleiro Suárez Canal, por que nese caso non aplicou a mesma vara de medir?

venres, 6 de decembro de 2013

En Ourense non o sei, aquí fixérono sen ton, nin son

Non sei se tivo algo que ver a "ideoloxía do exconselleiro Suárez Canal e do seu curmán, o presidente da comunidade", mais a verdade é que entre os dous, pola súa "xeta", aquí quedaránsenos con parte das nosas terras. Por certo, non teño constancia de que a outros cidadáns lles fixeran o mesmo, polo que cada vez que me lembro dese roubo, pregúntome, por que a nós? E saben que? O peor de todo foi que nin desculpas pediron.

Tampouco sei se ese panfleto foi o suficiente para mandalos á oposición ou en realidade foi o desencanto dos votantes. Realmente cústame asimilar que digan que perderon as eleccións por esas "trapalladas" da oposición. No caso da miña familia saben ben porque perderon máis dunha ducia de votos. Porén perder 74.357 votantes, foi todo un "varapau".


Real Academia Galega: Sen ton nin son, Sen motivo ou causa, ás toas
Praza: Adopta a Xunta a política agraria "da Unión Soviética"?

Febreiro de 2009. Faltan apenas tres días para as eleccións ao Parlamento de Galicia e representantes do PP na provincia de Ourense distribuían un panfleto encabezado por unha pregunta ante a que só cabía unha resposta: "Queres quedar sen as túas fincas?". "O PSOE e o BNG queren quedar coas túas terras e darllas a outros coa escusa de que non as traballas". "Se goberna o BNG e o PSOE pódenche quitar as túas terras", aseguraba o pasquín, no que non figuraba sinatura nin logotipo ningún e onde, xunto ás proclamas, se podían ler varios artigos da Lei do Banco de Terras. Os conservadores axitaban deste xeito o argumentario estreado dous anos antes para opoñerse a unha das medidas centrais da Consellería de Medio Rural dirixida polo nacionalista Alfredo Suárez Canal, medidas que agora, cando menos en parte, asumen como propias.

O controvertido panfleto desenvolvía, plasmaba, entre apelacións á propiedade privada e erros gramaticais, as duras críticas lanzadas durante a tramitación da lei do Bantegal, no ano 2007. O daquela voceiro popular de agricultura e actual subdelegado do Goberno central en Ourense, Roberto Castro, consideraba que a normativa do bipartito non era propia de Galicia, senón "da Unión Soviética". Suárez Canal só pretendía "confiscar as terras e nacionalizalas", afirmación que sustentaba na "ideoloxía do conselleiro". O Bantegal tiña que ser freado por supoñer un "atentado contra a liberdade" que ía situar o país nunha conxuntura propia da "Rusia post tsarista" como paso previo á "expropiación de terras".

Incorporación "de oficio"

Este xoves, case un lustro despois daquela durísima campaña electoral, Alberto Núñez Feijóo compareceu tras o Consello da Xunta coa actual titular de Medio Rural, Rosa Quintana, para presentar os trazos fundamentais da futura lei de estrutura agraria, unha norma que incluirá entre os seus preceptos o que hai media década o partido que agora sustenta o Goberno vía propio dunha horda bolxevique. O que antes era presentado como un ataque á liberdade amósase agora como unha vía para a "loita contra o abandono" das terras, "un esforzo de loita contra o abandono no rural" que se traduce na posibilidade de que a Xunta, "de oficio", poida forzar a incorporación de predios ao Banco de Terras.

As persoas propietarias de terras abandonadas terán que optar por traballalas, alugalas ou cedelas ao Banco de Terras

"O texto permite a declaración de determinados perímetros de fincas como fincas abandonadas", resume Feijóo. "Referímonos a determinadas fincas que estean en grave risco de incendio, que xa fosen obxecto de incendio ou que exista demanda de terra polas expropiacións lindantes", di. "Poderase non só actuar sobre parcelas individuais, senón declarar perímetros de actuación no caso de que se dean determinadas circunstancias", abonda Medio Rural. E, en que consistirá esa actuación? As persoas propietarias terán, forzosamente, que "optar" por "traballar" os terreos e "poñelos en produción, arrendalos a terceiros ou incorporalos ao Banco de Terras".

No caso de que non se poña en práctica ningunha destas tres vías, Rosa Quintana advirte de que se contempla un réxime sancionador, outro dos aspectos máis criticados polo PP na oposición. Así, non traballar, nin alugar nin ceder o predio ao Bantegal implicará a aplicación das multas que xa prevé a Lei de Mobilidade de Terras -tamén promovida polo gabinete Feijóo- e que vai dos 300 aos 3.000 euros.

Eleccións ao Parlamento de Galicia: 2005

Partido Popular (PP)Manuel Fraga 756.562 45,81 37 -4
Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE) Emilio Pérez Touriño 555.603 33,64 25 +8
Bloque Nacionalista Galego (BNG) Anxo Quintana 311.954 18,89 13 -4

Eleccións ao Parlamento de Galicia: 2009

Partido Popular (PP) Alberto Núñez Feijoo 789.427 47,4738 +1
Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE) Emilio Pérez Touriño 524.488 31,54 25 =
Bloque Nacionalista Galego (BNG) Anxo Quintana 270.712 16,28 12 -1


Sermos Galiza: 40 expertos forestais ou os 40 ladróns da cova de Alí Babá

venres, 29 de novembro de 2013

Mentres os ricos pechan camiños públicos, aos pobres roubáronos a nosa propiedade con pistas ilegais

Os caciques de toda vida intentan seguir apropiarse de bens privados ou públicos, agora dáselles por pechar camiños. Porén hai outro tipo de caciques, eses que coa boca pequena din que os repudian, máis logo copian as súas artimañas. Así foi o que fixo o noso presidente que non dubidou en "roubarnos" parte da nosa propiedade para cruzárnola ilegalmente coa pista de "marras".

Dado que o terreo segue sendo noso, igual fago un cartel coma o da foto e chántollo no medio e medio da pista. Se esa xente e el poden facelo que lles pete no que non é seu, con máis dereito teremos nós a facelo no que é noso.


Diagonal Global: Os novos ricos pechan os camiños públicos

O mundo rural foi ocupado por novos terratenentes que invisten as súas fortunas, procedentes de pelotazos urbanísticos, na compra de terreos para crear cotos de caza. Os novos ricos, e caciques da zona, levan a cabo grandes cerramentos cinexéticos e pechan os camiños públicos, patrimonio de todos. Asociacións senderistas e ambientais loitan contra a usurpación dos camiños públicos.

"Chegaron uns señores de fóra con diñeiro e pecharon os camiños públicos do pobo. Os veciños están moi encabuxados. Uns camiños polos que pasaron durante toda a vida, e que levan a unhas zonas con vistas impresionantes, están pechados baixo sete chaves", di María Carmen García, alcaldesa do municipio de La Pesquera, Conca, de 250 habitantes, situado no O Parque Natural das Fouces do Cabriel, onde outro camiño, este en o termo veciño de Minglanilla, foi pechado, o que impide o paso a ese espazo natural. A alcaldesa de La Pesquera relata a Diagonal que os novos terratenientes do pobo, que cercaron grandes extensións para cotos de caza, tentaron intimidala. Ela iniciou o proceso para abrir eses camiños públicos e agora terá que acudir aos tribunais.

Este non é o único caso. María Carmen García asistiu ás VII Xornadas de Camiños públicos celebradas en Constantina, Sevilla, o 1, 2 e 3 de novembro pasado, onde se reuniron representantes e activistas de máis de 15 organizacións ambientais e sendeiristas de todo o Estado español que se enfrontan á usurpación dos camiños públicos no seu territorio.

A privatización ou o roubo de camiños públicos, vías pecuarias e o dominio público hidráulico (ribeira dos ríos) é unha constante. Nos últimos anos, os novos ricos do ladrillo están a investir as súas fortunas no mundo rural. Compran leiras que xuntan para crear cotos cinexéticos que envolven con valados, e dentro deles quedan os camiños públicos, moitas veces únicas vías de comunicación entre pobos.

Caciques e novos señoritos

Son caciques, novos señoritos, propietarios 'aproveitados' e até a propia Adminis­tración autonómica os que pon portas ao campo coa complicidade, en moitos casos, dos concellos. "É unha volta ao pasado, ao caciquismo, xérame moita tristeza e rabia?", di José Manuel Flores, presidente da Plataforma Ibérica en Defensa dos Camiños Públicos, que en 2007 puxo en marcha, con outros activistas, a plataforma en Andalucía, unha das comunidades máis afectadas polo peche de camiños, xunto a Estremadura e Castela-A Mancha.

Para o geógrafo catalán Xavier Campillo, experto en camiños, non existe baleiro legal e a nosa xurisdición recolle en varias normativas a defensa dos camiños públicos como bens patrimoniais que non se poden vender. ?A Lei municipal e o regulamento de bens de dominio público, no seu Artigo 5, sinala que os camiños públicos son inalienables, inembargables e imprescriptibles. Para desafectarlos [cambiar o seu uso], requírese un expediente do Concello ao que pertenzan que acredite a "oportunidade e legalidade" desa desafección?, sinala Campillo a este medio. Ademais, os motivos dese cambio de uso deben ser, en todo caso,"a utilidade pública". Tamén a Consti­tución recoñece o dereito á libre circulación (Art. 19) e a gozar do medio ambiente (Art. 45), dereitos fundamentais que se violan coa usurpación dos camiños.

Precisamente en Constantina, Sierra Norte de Sevilla, o Concello pechou o acceso a un monte público todo o ano, coa escusa de que é perigoso pasear pola presenza de cazadores. É a estes aos que se "entregou" o goce dese patrimonio.

Abrir o paso dos camiños

"O corazón pídenos usar os alicates", recoñece Flores. Refírese a unha das primeiras accións en Andalucía, onde decenas de persoas atravesaron unha leira onde se pecharon os camiños públicos que a atravesaban, en Lugros, Selecta, grazas ao corte do aramado. De entón, hai pendente unha multa de 3.000 euros e a imputación penal de seis acodes, entre elas o alcalde de Lugros. Nesa loita están tamén o club de montaña Elbruz e a asociación sendeirista do Batolito (Sevilla).

En Córdoba naceu outra organización pioneira que integra a plataforma: "A Desalambrar xorde en 2001 formada por grupos sendeiristas, ciclistas e ecoloxistas preocupados polo masivo peche de camiños. De 67 camiños públicos na Serra de Córdoba capital, 44 están cortados total ou parcialmente.

Noutros pobos do norte, a situación é peor, con municipios cun 80% de camiños pechados", afirma Manuel Trujillo, portavoz de A Desalambrar, que conseguiu mobilizar na última manifestación a máis de 2.000 persoas e que o Concello de Córdoba estea a piques de aprobar un inventario de camiños públicos.

Estremadura, onde se repite a mesma práctica, é a única Comunidade Autónoma que ten unha lexislación de camiños públicos e ha inventariado as súas vías, en todos os seus municipios. Este é o método para rexistralos e impedir que os propietarios das terras os usurpen e impidan a libre circulación.

En Salamanca tamén existe unha asociación contra o peche dos nosos camiños. "Os camiños que non quedan os caciques cómenllos as silveiras", di Vicente García presidente da asociación Trochas Viejas. O peche de camiños no pequeno municipio de Martinamor levou ao secretario deste grupo, Jesús Cabanillas, a crear a asociación en 2009 e facer un estudo dos camiños do seu pobo. Varios estaban pechados. Despois organizaron unhas xornadas para debater sobre este patrimonio público e hoxe seguen na mesma loita dentro da Plataforma Ibérica en Defensa dos Camiños Públicos. "Vivo en Béjar e tampouco alí temos apoio local e por iso noso forza esta en a unión coas organizacións que compoñen a plataforma" afirma García.

Un camiño con historia

A foto cartográfica do voo americano de 1956, unha guía de viaxes a cabalo pola serra de Segovia dos enxeñeiros Breñosa e Castellarnau ou un documento da guerra civil serviu a Ecoloxistas en Acción de Segovia para reivindicar outro camiño cortado nunha gran leira de caza, A Sauca, propiedade dos descendentes do xeneral Martínez Campos. Camiño público que recoñecen percorrer moitos maiores da zona e cuxo testemuño será decisivo ante os tribunais que teñen que decidir sobre a titularidade do mesmo. Antes, os activistas segovianos levaron a cabo varias marchas reivindicativas polo camiño da Pedrona, nas dúas últimas, 2009, con case 300 persoas, e 2010, máis de 200, pasaron arrastrándose por baixo do valo que pecha o camiño ante a presenza da Garda Civil e os propietarios da leira.

martes, 19 de novembro de 2013

O que se «enfronte» ao presidente, está perdido

O primeiro en sufrilas consecuencias do noso ilustre presidente como ben sabedes fun eu. Nunca mencionei este dato, mais como se confesou en La Voz de Galicia, agora é publico: «Coñecín Barbanza por un campamento da Falanxe, pero nunca vestín camisa azul». Vestir non a vestiría, máis algunha reminiscencia quedoulle.

No meu caso podo entendelo «non deixei que me mangoneara e levantaba as actas fehacientemente, como tiña que ser». Porén houbo outros comuneiros que como lle cantaban as corenta, enfrontábase verbalmente con eles.

O primeiro en verlle as orellas ao lobo foi José de Carantoña, soamente por dicirlle que ao facelos peches na Cabana, pola parte de San Martiño e na Devesa, cortaranlle as entradas aos agros.

O segundo enfrontamento tívoo con ocasión dos incendios do ano 2006, porque unha pala deixou bloqueado un camiño con montes de terra.

E das escaramuzas e rifas pasamos ás cacicadas, porque o que lle está facendo a este comuneiro non ten nome. Na zona onde a comunidade meteu os porcos, José ten un agro e puxáronllo patas arriba. Falou con el, e desentendéuselle de todo.

O curioso é que nese medio tempo entráronlle a outro comuneiro, coméndolle unha pouca herba. Porén neste caso polo visto correron a indemnizalo presuntamente con 300 quilos de penso.

Ante semellante afronta e despois de esixirlle unha resposta que nunca lle deu, non lle quedou máis remedio que contratalos servizos dun notario e un avogado.

A estas alturas supoño que as responsabilidades teranse que dirimir no Xulgado. Polo que moitos comuneiros xa están tremendo que o presidente se defenda cos nosos cartos e todo por non dalo brazo a torcer.

Obsérvese a gran diferenza entre a súa actuación coa do presidente da comunidade de Baroña. Aquí tampouco podo deixar de escapar a canallada que xunto con Medio Rural lle fixo a meu pai.

Gustaríame saber porque neste caso o Distrito ante unha causa de forza maior está disposto a pagar e no noso caso, nin indemnización, nin desculpas. A xente é a mesma que permitiu aquela cacicada. A única variación está no troco que houbo no goberno da Xunta e na Consellería.



venres, 1 de novembro de 2013

Matices e observacións

Se facendo aparentemente ben as cousas estes veciños de Bagüín sinalan "incidencias leves" no proceso expropiatorio que sofren por parte da Xunta de Galicia e polo que van cobrar un xustiprezo. En contra do que opinan algúns que me critican, mais non dan a cara, por estar dando sempre a vara co roubo cometido polo presidente da comunidade en convivencia con Medio Rural, no agro de meu pai, coido que coma eles, asísteme o dereito a non calar ante semellante cacicada cometida por un Concelleiro que presumía de defender aos galegos. Porén nunca dixo que para el e o seu partido había cidadáns de primeira e segunda.
Faro de Vigo: Os afectados expoñen ´incidencias leves´ no proceso expropiatorio de Bagüín

Os 33 propietarios particulares asinan as actas de ocupación e só presentan "matices e observacións" ao documento - O BNG levará ao pleno unha modificación no proxecto

O trámite inicial do proceso expropiatorio da estrada de Bagüín -para construír un carreiro peonil por unha marxe da vía-, resolveuse onte coa firma das actas previas á ocupación, por parte dos 33 particulares afectados por esta obra. Os titulares das parcelas asumiron o proceso e só expuxeron "incidencias leves" ao documento presentado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, segundo explicou a alcaldesa de Marín, María Ramallo, que seguiu o acto desenvolvido onte no salón de plenos do concello.

Os afectados achegaron unicamente "observacións e matices" ás certificacións presentadas polos técnicos, sobre cuestións como peches, valados, ou outros elementos patrimoniais, que en ningún caso interromperán o proceso. A Xunta debe resolver agora estas "incidencias", que non son alegacións, para a continuación pechar o proceso e poder iniciar a actuación. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é a responsable desta obra, que se licita cun orzamento de 280.464,39 euros.

O material empregado na construción deste carreiro peonil será formigón puído. Discorrerá polas marxes da estrada PO-551, cruzando Mogor pola recta de Bagüín até a parroquia de Seixo, na baixada até Aguete.

O proxecto aprobouse o 21 de febreiro de 2013, por parte da Axencia Galega de Infraestruturas. O 25 de abril a Xunta de Galicia procedeu a declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos da expropiación.

Moción do BNG

Por outra banda, o pleno da corporación municipal, que se reunirá o vindeiro venres día 8, tratará unha moción presentada polo BNG, na que se solicita da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que se substitúa a "barreira de formigón" contemplada no proxecto de seguridade viaria na zona de Bagüín, de modo que se continúe o deseño de beirarrúa xa existente no resto da PO-551 "e non se constrúa ningún tipo de barreira entre as propiedades afectadas e a estrada".

"Despois da reunión mantida coa asociación de veciños Labirinto de Mogor e cos propietarios afectados polo proxecto, decidimos presentar unha moción para que o pleno referende a solicitude que os propios veciños tamén presentaron no Concello", explica a portavoz do BNG, Pilar Branco. "O BNG vén reclamando cos veciños, desde hai xa moitos anos, que a Xunta acometa este proxecto de seguridade viaria na parroquia de Mogor, e agora que por fin vaise a acometer queremos que quede o mellor posible", apunta a concelleira nacionalista.

Pilar Branco argumenta que o proxecto contempla unha barreira de formigón para separar o tráfico rodado do peonil, de modo que o acceso ás propiedades non vai se é posible desde a estrada. Os veciños solicitan que se continúe o deseño das actuais beirarrúas ou similar, "tal e como vén facendo en todos os tramos da PO-551", indica Branco.

A iniciativa da portavoz do BNG, a comisión informativa de Medio Rural tratou esta moción de modo urxente e acordouse levala ao pleno municipal. "O PP presentará unha emenda relativa ás entradas das leiras, no sentido que só se acondicionarán as que teñan acceso desde a PO-551, de modo que contamos co voto favorable do grupo de goberno e con que a Xunta se aveña a suprimir esta barreira e a continuar as beirarrúas existentes", finaliza Pilar Branco.

luns, 28 de outubro de 2013

Cando as cousas se fan con sentido común


Novas de Noia: Expropiación en Labarta
  1. O Concello de Noia tomou o venres 28 de Xuño posesión dos terreos da finca expropiada na rúa Pintor Xenaro Carrero, procedendo á demolición dos peches da parcela expropiada.
  2. No Consello da Xunta celebrado o xoves 28 de Febreiro, e publicado no DOG de 12 de Marzo, aprobouse a petición realizada polo Concello de Noia de ocupación urxente solicitada polo Concello de Noia de 470 metros cadrados de finca na Rúa Pintor Xenaro Carrero no seu encontro coa Rúa Francisco Creo
  3. O Concello de Noia iniciara o procedemento de expropiación de 470 metros cadrados de finca na rúa Pintor Xenaro Carrero ante a imposibilidade de chegar a acordos cos propietarios, a pesar de telo tentado en reiteradas ocasións nos últimos anos. A apertura desta rúa de doce metros de largo estaba prevista xa nas normas subsidiarias do Concello de 1991.
  4. O Concello de Noia consignou para o pago da expropiación unha partida con fondos municipais de 76.918,79 € que inclúe o pago do terreo, as árbores e os muros a demoler. Ademais o Concello xa ten realizado o proxecto de execución da obra cun orzamento de 111.231,86 €, e que conta cos permisos de patrimonio tanto para a obra como para o proxecto arqueolóxico.
  5. Tralo levantamento das actas previas de ocupación, e mandar inscribir a parcela ao rexistro nesta mesma semana ocupouse a finca; desde o Concello tentárase axilizar ao máximo posible os trámites administrativos para poder acometer canto antes as obras. Que hoxe mesmo van ao pleno da Deputación provincial dentro do convenio entre o Concello de Noia e a Deputación de A Coruña:
  6. O convenio para a apertura da Rúa Pintor Xenaro Carrero con Francisco Creo, e de Pintor Xenaro coa estrada de Barro ten un orzamento total de 371.005,48 euros. O que se complementa co outro convenio asinado para a zona en Rúa Pedra Sartaña cun orzamento de 50.000 euros dos que a Deputación aporta 40 mil e o Concello de Noia 10 mil.
  7. Desde o Concello amósase a satisfacción por estes pasos xa que permitirán levar a cabo unha vella reclamación dos veciños da zona, e unha enorme mellora nas comunicacións viarias da vila ao unir a estrada de Barro con Pedra Sartaña, coexionando o importante Barrio de Labarta coa Zona vella.
Facendo caso ao punto número 5: Tralo levantamento das actas previas de ocupación, e mandar inscribir a parcela ao rexistro nesta mesma semana ocupouse a finca... Debo supor tal e como manifestei no seu día que, mentres a Comunidade, e por defecto o culpable, o presidente, non legalice este roubo nesta propiedade nosa, en teoría, ou máis ben na practica, seguimos sendo os donos do terreo ocupado ilegalmente pola pista.


Agora que ando a voltas cos trámites da liquidación do imposto sobre sucesións, o que teño ben claro é que non vou pagar por ela e se o teño que facer, póñolle catro postes e unha cadea e que me veñan reclamar, iso si, cos papeis tan clariños como nestes casos de Noia e Bagüín.

Así actuou o bigoberno nacionalista e progresista?, tal e como teño denunciado aquí


A Xunta expropia os terreos para facelo sendeiro de Bagüín


Nota: Esta entrada tíñaa en borradores dende o 17 de xullo, a espera de poder sacarlle unhas fotos á nova rúa. Por ter teño máis cousa pendentes de denunciar. Porén tamén é verdade que todo este tempo no que apenas publiquei nada, foi por tomarme un relax.