Amosando publicacións coa etiqueta Mancomunidade de Montes Serra do Barbanza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mancomunidade de Montes Serra do Barbanza. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de abril de 2017

Magoa que a Fiscalía non actúe de oficio na nosa Comunidade, a pesar de obteremos fondos públicos


Tuñas dimite como alcalde de Negreira polo caso dos teléfonos móbiles
A Fiscalía pedía a súa inhabilitación para cargo público por apropiarse de 18 terminais que eran propiedade do Concello (...) Para ler a noticia enteira en La Voz de Galicia, prema aquí.
El Correo Gallego: O fiscal pídelle 1 ano e 9 meses por apropiarse de 18 móbiles
Na nosa Comunidade, segundo teño constancia, mercáranse 5 terminais (falando do conxunto liña e móbil), xa que figuraban as facturas e cargos por uso en Movistar. Cando accedín á secretaria, no ano 2005, nun primeiro momento, só se nos entregou 1 terminal, pero ao banco seguiron chegando facturas de outra liña non entregada, ata que se nos devolveu pasados 6 meses. Dos 5 terminais que figuraban en facturas pasadas, só ficaban 2 terminais. Coa entrada da nova Xunta Reitora en outubro do 2015, como xa comentei anteriormente, non se lle entregaron nin liñas nin móbiles, sendo a propia operadora, Orange, a que entregou a liña unha vez se fixo o cambio de representante (a compañía ben sabía que, de non entregar esa liña domiciliada na Comunidade, podía meterse en problemas). O móbil, mercado a prazos para esa liña, non se puido recuperar, e aínda seguía vixente unha permanencia de 6 meses por coller un móbil na operadora. Coa outra liña non puideron facer o mesmo porque dous días antes, e a sabendas da situación, o anterior representante fixo o cambio de titular da outra liña que quedaba ao seu nome particular, apropiándose dun número propiedade da Comunidade (e o móbil asociado).

Para non quedar incomunicados unha vez recuperada unha das liñas da Comunidade (falamos dun número que consta no Distrito IV para comunicarse con nós, de aí a importancia); cumpría facerse cun móbil, pero en Orange aínda había dúas permanencias activas (o móbil non entregado e o móbil da liña roubada), e a compañía non podía ofrecer ningún móbil. O secretario apresurouse a mercar o mesmo día un móbil, consultando cos membros da directiva. Mercouno de 2ª man nunha tenda de Noia, e pode saberse o que custou e o modelo porque a xestoría inventariouno, cousa que cos móbiles desaparecidos non pasou.

Para poñervos en situación do aproveitamento particular que se fixo desa liña, pasado máis dun ano de entrar esta Xunta Reitora, segue a recibir chamadas privadas dirixidas a quen o tiña anteriormente. Isto só alimenta as sospeitas do mal uso desa liña, pagando a Comunidade todas as chamadas durante os once anos que o tivo no seu poder.

Non é comparable apropiarse de 18 terminais que de 5, mais a catadura moral é a mesma, e máis no caso dunha persoa que concorre en listas electorais, segue a exercer un cargo como presidente da Mancomunidade da "Serra do Barbanza" (función que non debería exercer) e tamén seguiría co seu posto de vice-secretario na ORGACCMM, organización pola que apostei en asociarnos, con toda a vontade do mundo pero agora observo, con incredulidade, o grao de politización da mesma.

Encabeza esta entrada o móbil do que dispón actualmente a Comunidade, para poder seguir funcionando. Segue a aparecer de 2ª man a 125€, en Noia saíu por 70€.

mércores, 8 de marzo de 2017

Que dez anos perdidos na nosa Comunidade!!!

Imagen:
Os montes queimados reforéstanse con carballo e castiñeiro
Comuneiros de Xuño, Caamaño, Lesón, Posmarcos, Montaña, Nebra e Asados, entre outras, reuníronse o xoves pola noite baixo o paraugas da Mancomunidade de Montes Serra do Barbanza para tratar a situación que atravesan as zonas queimadas o verán pasado. No caso de Xuño e Caamaño, as parroquias máis afectadas polo lume, xa se está repoboando con castiñeiro e carballo americano, e estase á espera de que comprobar de que maneira recupérase o piñeiro que ardeu o pasado mes de agosto para saber se resulta necesario retiralo para seguir a mesma política de repoboación.

En virtude das restricións legais para poder seguir lendo a nova deben pulsar: Aquí

Se o ex-presidente da Comunidade tras a desfeita do 2006, practicase na nosa comunidade o que presuntamente apoia agora nas que o ano pasado perderon a súa maior parte da masa verde que tiñan, iríamos 10 anos por diante de eles porque aquí sen consultalo coa a Asemblea dedicouse a facer o que lle petou contratando a plantación de piñeiros. Algo que nas reunións que tiñamos dicía que rexeitaba, máis aquí aporto as fotos que o deixan en evidencia.

Plantándoos a carón dos que nacían solos. Ampliando as fotos é como mellor se ve a incompetencia.


Nestas de arriba moi preto da mesma zona vese perfectamente o manto verde que de forma ventureira naceron.

Nesta zona rozada foi onde se repoboou e logo cando lle pasaron o tractor, levaron por diante pinos que se pagaron dúas veces unha por plantalos e outra pola planta. Obviamente Maquiavelo foi un profeta
Cumpre apostar seriamente por outro tipo de monte

Se en cada lexislatura fixeramos un souto, hoxe teriamos 9... 34 anos despois seguimos cultivando eucaliptos e pinos

venres, 24 de xuño de 2016

Pois si, nótase que estamos en campaña

La Voz de Galicia: «O normal é que se pregunte á xente do monte que quere facer co seu chan, pero nunca se fixo»
Poucos comuneiros atrévense a falar con tanta claridade como este madrileño afincado en Nebra. Santiago Suárez ocupa actualmente a presidencia da Mancomunidade de Montes Serra do Barbanza, que aglutina a un bo número de entidades que suman miles de hectáreas de chan. Suárez, onte, ao ser preguntado pola modificación do plan forestal galego aprobada inicialmente opinaba que a casa non pode empezarse polo tellado: «O normal é que se pregunte á xente do monte que quere facer co seu chan, pero nunca se fixo e agora tampouco estase dando esa situación.
Está claro que os redactores de La Voz do Barbanza só se dan unha volta por este blog cando interesa, como foi dunha vez recoller como "queixas de varios comuneiros" un artigo no que, casualmente, cuestionaba a mala xestión que facía o entrevistado no monte de Nebra, que durante máis de dous anos non convocou asembleas para preguntar que facer aos comuneiros, algo totalmente contrario ao que predicou e predica nesta "nota de prensa" (entendo que o periodista Javier Romero, peca de incauto e limítase a transcribir o que lle pasan). Con todo, vese ben que a nota ten fins electorais, claramente influenciada por unha cor política.

Obvian interesadamente recoller na nota, que agora mesmo e recollido nos estatutos da Mancomunidade que el tamén asinou, non pode seguir no cargo de presidente, dende o mesmo momento no que se establece e se presenta a nova directiva de Nebra á Mancomunidade, pasará a ser un simple comuneiro e o seu cargo será substituído polo vicepresidente da entidade.

Sacando outro extracto da nota, di que «a xente do monte ten que ser escoitada», como dixen, pasamos moito tempo sen convocársenos, pero xa nas últimas asembleas as cousas facíanse como el quería e se alguén lle facía unha réplica, acertada ou equivocada, era o mesmo, ao momento saltaba co seu manido "porque o digas ti" e pechábase en banda sen atender a ninguén ou comezaba a súa actuación de xestos de menosprezo (acenos de estar tolo, e outras tantas faltas de respecto).

Moitos preguntáronlle polo tema dos porcos, pero caían en oídos xordos. Tamén, por culpa de non escoitar a un veciño afectado ten agora a Comunidade que afrontar un pago, mínimo, de 1.400€. Iso se nos achandamos á demanda e non facemos coma el.

E aínda falta restituír o terreo onde estiveron os últimos porcos, os cales tampouco nos preguntou aos veciños se podía facer tal explotación, pero ao final tócanos pagar para repoñer o lugar, pois, non semella que as empresas que se aproveitaron da explotación se fagan cargo de nada levando os cartos "quentiños".

luns, 14 de marzo de 2016

Facendo amigos co monte das comuneiras e comuneiros

Na reunión da Mancomunidade de Montes Serra do Barbanza do pasado 5 de marzo, veuse claramente que o noso ex-presidente non accedeu ao cargo para defendelos nosos intereses, á vista de como lle molestou que a nova xunta reitora validase a súa nefasta xestión cando no seu día a cambio de nada cedeu 300 Has. do NOSO MONTE a unha nova asociación de gandeiros sen pasalo pola Asemblea Xeral, botándolle a culpa á xente do Distrito IV que non estaban presentes para poder desmentilo.

Como era a primeira vez que acudía a unha asemblea despois de que deixase o cargo de secretario por non aceptar as súas cacicadas, apetecíame comprobar por min mesmo se dirixía a reunión como as facía aquí. É á vista de como se desenrolou todo a partir dun punto, poucas diferencias lle vin, só que algúns representantes das outras comunidades teñen máis táboas que algunha xente da parroquia. Con todo iso non comprendo como aínda non lle pediron a dimisión, xa que agora non deixa de ser máis que un comuneiro raso.

Non era a miña intención tomala palabra xa que Nebra estaba representada polo presidente e o secretario e tamén descoñecía que acordaran só intervir un representante pola comunidade. Con todo iso, segundo ía escoitando as intervencións funme quedando con pequenos cousas, como que noutras comunidades a Xunta non autoriza cortas sen estar aprobadas antes nas súas asembleas, mentres aquí cortouse sen aprobalas e comunicadas, e, como me lembrou un comuneiro, de unha non deron as contas.

O colmen chegou cando o actual presidente da Comunidade de Nebra lles esixiu unha desculpa aos que o acusaron de, segundo el sen fundamento (créollo), nunha reunión na Consellería estar en contra dos peches e entre ese tirapuxa, estoupei dicindo: «como ía estar en contra se na primeira asemblea que convocou o que fixo foi legalizalo que ás nosas costas aprobara o ex-presidente?»

Iso foi algo que lle molestou e a outra foi que os gandeiros, sabedores que tiñan o peche ilegal, levaban a falar con el 2 anos para que o presentara á asemblea e non estar nun "limbo". Aí foi cando soltou que non lle gustaban as compartidas que se lle propuxeron (e aceptaron) pola cesión, aducindo que el era partidario de cederllo "gratis", e que se non se aprobara foi porque non o levara á asemblea. Magoa que cando acudiu na que se se debateron e se aprobou a cesión non tomase a palabra para que tódolos presentes escoitasen e soubesen como pensaba, a ver se por unha vez algúns caian da burra.

Despois de todo isto e moito máis que alí non viña a conto (entendo porque o tesoureiro renunciou ir, e iso que só foi a unha e xa lle chegou), pola miña parte tampouco penso repetir, mentres non haxa unha remoción seria e saber cantas comunidades estamos adscritas. Ese día fixo un baile de cifras que non coincide coas que dixo na Pobra, argumentando que representaba a 10 ou 12 comunidades. Iso non é serio. En marzo do 2015 actualizaron o censo e debería saber cantas Comunidades están ao abeiro da Mancomunidade de MVMC Serra do Barbanza.

Catro comunidades de montes abandonaron Serra do Barbanza: (04/2013) «O presidente de Serra do Barbanza, Santiago Suárez, sinalou que esta especie de decepción existente coa mancomunidade ten bastante que ver co feito de que a Xunta non apoie este tipo de entidades nin os proxectos que abandeiran».
A culpa ninguén a quere, e sempre será dos demais.


O 6 de xullo de 2014, o citado peche xa estaba levantado e con animais dentro.
O 5 de outubro de 2014, inmortalicei con varias fotos esta corta nos lindes con Noal.
O 6 de xaneiro de 2015, descubrín que Fenosa á vista da madeira cortada presuntamente ampliou a franxa de ocupación do paso de esta liña, sen que houbese explicacións.  
Estas foron tomadas o 10 de xaneiro de 2015, na zona de A Belga, onde se efectuou a última corta e rarea.

domingo, 15 de novembro de 2015

Reflexións do día

1ª.- Como pode o aínda presidente da Mancomunidade de Montes do Barbanza, pedir unha entrevista con un cargo de Medio Rural e presentarse alí sen levarlle unha proposta de cal é o motivo de porque lle solicitou dita reunión?

2ª.- Ao perder a súa condición de directivo na nosa Comunidade, automaticamente tería que renunciar a ese cargo, para iso hai o posto de vicepresidente ou convocar novas eleccións. Do mesmo xeito tamén tería que dimitir do cargo que ostenta na ORGACCMM.

3ª.- Se en teoría ían falar de facer novos peches gandeiros, por que non falou e invitou a tódalas asociacións de gandeiros do Barbanza en vez de solo a unha?

4ª.- Con que comunidades adscritas á Mancomunidade tratou onde facer eses supostos peches, ou como fixo aquí, vai por libre?

5ª.- Por que insiste en chamar "cuatreiros" (palabra non admitida na RAG), a algúns gandeiros, especialmente se non son os da "súa" corda?

6ª.- Esa apalabra acusatoria non só a usa en reunións de ese tipo se non que a plasmou na revista que publica a ORGACCMM, da que somos membros e costeamos coa nosa achega.

7ª.- Modestamente isto só pasa cando non se ten remota idea do que é o monte e usase por parte de algún única e exclusivamente para querer sacarlle réditos políticos.

8ª.- Na miña opinión antes de solicitar esa reunión, o normal era que chamar a TÓDOLOS gandeiros para poñelos de acordo baixo unhas directrices e non fomentar a desunión como fixo no noso monte CHANTANDO un novo peche dentro do que xa había e que o Distrito IV, consentiu ao non reclamarlle a acta ou certificación onde os comuneiros o aprobamos.

9ª.- Neste caso, non me vale a política de feitos consumados, que quixo por como escusa, apoiado por un directivo doutra comunidade allea á nosa e que parece que o defende.

10ª.- Ese tipo de xente que se aplique esta Cantiga Popular: Unha vella díxolle a outra polo burato da porta ti goberna a túa vida que a miña nada che importa.

venres, 28 de agosto de 2015

Na Comunidade de Nebra tampouco temos actividade

La Voz de Galicia: A gala dos Dolmen celebrarase no pavillón de Rianxo o 16 de outubro

«Non se sabe cantas entidades empresariais presentarán propostas, dado que varias delas, como é o caso de Carnota, Muros e Porto do Son, non teñen actividade desde hai meses e tampouco acoden ás reunións da FEB».

Por que para unhas cousas La Voz de Galicia, resalta unha noticia, como é o caso, apuntando que esas entidades non teñen actividades e agocha ou censura que a Comunidade de Montes de Nebra, leva dous anos sen celebrar asembleas a pesar de que dous comuneiros que lles levamos queixas á redacción de Ribeira, co visto e prace doutros comuneiros e con material fotográfico, no mes de xullo do ano pasado, aínda non tivo a sacarnos unha nota ou chamarnos.

Nós tampouco temos actividade, todo o contrario na Mancomunidade de Montes do Barbanza que preside o «innombrable» que está ao fronte da nosa.

Será que non nos «vendemos ben» ou non temos «padriños» coma el?

luns, 17 de marzo de 2014

Xesforesta, tentando poñer en valor o monte

La Voz de Galicia: A profesionalización do sector forestal ábrese paso en Barbanza

Aproveitar a serra para algo máis que vender madeira é unha das súas cruzadas

Outro tipo de xestión dos montes é posible. Eles creno firmemente. E non só pola formación especializada que recibiron durante anos, senón pola súa experiencia, que xa lles ha permitida subir os primeiros banzos da súa carreira a base de éxitos. O principal chámase Xesforesta. É a cooperativa que formaron fai case un ano e que están a sacar adiante a base de moitas horas de traballo. Este proxecto apóiase no talento das tres persoas que o idearon: Anxos Riveiro, Carolina García e David Chapela.

A serra de Barbanza é a súa oficina. Aquí traballan, principalmente, para comunidades de montes. «O problema é que investimos máis tempo en resolver problemas do pasado que en afrontar os actuais. O monte deixouse demasiado tempo sen atender da forma que lle corresponde. Hai que pensar que este espazo natural ten que servir para algo máis que plantar piñeiros. É un terreo de todos e a todos ten que darnos beneficios, pero con outros modelos de xestión», explican os tres fundadores desta firma fincada no municipio sonense.

A decisión de por en marcha este proxecto está precedida por traballos en precario e de curta duración. Empresas privadas ou distritos forestais eran os contratantes. «Se algún duraba máis de seis meses podía considerarse un choio», espeta un dos tres socios antes de explicar que a nova aventura na que se meteron ten un patrón estacional: «En Galicia, o coidado dos montes responde principalmente á convocatoria de subvencións e iso condiciona a programación do traballo anual».

Tres áreas de actuación

Realizar deslindes ou cubicar a madeira que hai nun terreo, con tecnoloxía que permite gran precisión, son as súas principais tarefas por agora. Trátase de traballos de tipo forestal, que non están rifados co ambiental e formativo, os dous outros alicerces desta firma que emana motivación. Por agora, a poucos días de cumprirse un ano de vida, xesforesta, camiña con paso firme para lograr unha serra mellor coidada.

La Voz de Galicia: «Hai que conseguir que o monte teña xa unha función ecolóxica, social e produtiva»

Entenden os montes que os viron nacer como unha mina capaz de producir ouro en forma de produtos, por exemplo, alimenticios. Ademais de achegar unha fonte de riqueza laboral nunha época na que presentas da súa xeración deixan a comarca para buscarse a vida.

-Tanto na súa páxina web como noutros formatos publicitarios da súa empresa fálase ofertar servizos de calidade, a que se refiren exactamente?

-Hai que conseguir que o monte teña xa unha función ecolóxica, social e produtiva. Ese debe ser o camiño e nós sabemos como facelo.

-Despois do visto desde que puxeron en marcha a empresa, hai case un ano, haberá que esperar unha substitución xeracional para aplicar as súas ideas ou son válidas para os actuais responsables das comunidades de montes?

-Depende da entidade. Nós xa traballamos, por exemplo, con todas as comunidades de Ribeira (Artes, Carreira, Oleiros e Olveira) e en Lousame, que tamén hai varias, estamos a intentar unificalas para facer unha mancomunidade.

-Na comarca xa existe unha, funciona ben?

-Hai tempo que baixou a súa actividade.

-Custa moito que lles abran as portas e escoiten as súas propostas?

-Ninguén é profeta na súa terra. En ocasións atopámonos que si, pero co tempo, e ao ver que contratando a unha empresa que se encarga da xestión completa dunha mancomunidade deciden dar o paso e contratarnos. Así, por exemplo, se despreocupan da administración fiscal, contable ou forestal.

-É un bo negocio para as comunidades de montes a madeira?

-Hai que pensar que durante moito tempo era difícil cuantificar canta madeira había nun terreo antes de vendelo. Agora, coa tecnoloxía que existe, é posible. Nós podemos dicirlle a un particular ou a unha comunidade o valor exacto para que as empresas madeireiras que a compran páguenlle o seu valor real por ese recurso natural

sábado, 9 de novembro de 2013

Por iso as comunidades de Pontevedra están anos luz

Mentres no noso entorno varias Comunidades de Montes «fuxiron escopeteadas» da Mancomunidade de Montes Serra da Barbanza, para nalgúns casos crear novas Mancomunidades en Boiro, Ribeira e Lousame, unha das varias existentes na provincia de Pontevedra senta as bases dun ambicioso proxecto para ordenar e por en valor o monte das 12 comunidades que a integran.

Aquí, ao igual que na Comunidade aprecio unha falta de ideas e certo «secretismo» tamén na Mancomunidade que non tiña porque haber, polo que descoñecemos cantas reunións levan celebrado e o que é máis importante, que é o que aproban, porque se non me traizoa a memoria, nós non ratificamos nada.

En Democracia os comuneiros e comuneiras temos o dereito inescusable de ser algo máis que meros espectadores, ademais de ter que pagala cota correspondente.

A diferenza entre o que acontece agora e cando exercín de secretario da comunidade é que daquela adoitaba publicalas acordos tomados, xa que, ao contrario que nos Consellos de Ministros, non estamos obrigados a gardalo segredo das deliberacións e acordos tomados. No noso caso, tanto é que nin sabemos o que «cociñan» na Xunta Reitora, a pesares de que o presidente, neste caso falando coma máximo representante da Mancomunidade dixese nunha entrevista en La Voz de Galicia: -Boto de menos unha cultura asemblearia con achegamentos comúns-.

Díxolle o pote á tixola achégate acolá e non me manches...!!! O seu deber coma presidente dun e outro colectivo é dar exemplo e culturizarse un pouco máis.

Faro de Vigo: Os comuneiros do concello de Pontevedra aproban un ambicioso plan para a posta en valor dos seus montes

A Mancomunidade de Montes Veciñais de Pontevedra celebrou na noite do mércores a súa asemblea xeral na que, como un dos puntos máis destacados, resultou aprobado o plan de ordenación dos montes veciñais do concello de Pontevedra.

O documento, que agora deberá ratificar cada comunidade no seo da súa propia asemblea (algúns xa o fixeron), senta as bases dun ambicioso proxecto para ordenar e pór en valor o monte das 12 comunidades que integran esta mancomunidade. Juan José González, presidente do organismo, explica que o plan de ordenación recolle medidas como a eliminación de especies invasoras e a recuperación do monte con outras autóctonas, e establece os diferentes usos que deben ter as distintas parcelas de monte existente. Un plan que, ao seu xuízo, permitirá compatibilizar a recuperación ambiental dos montes, coa recuperación do seu patrimonio cultural e etnográfico e o aproveitamento forestal dos mesmos dunha forma sustentable, o que suporía tamén a creación de actividade económica e postos de traballo. Outro dos proxectos nos que están inmersos é nunha negociación cos gandeiros do Monte Acibal para compatibilizar a cría de gando (vacas e cabalos) en réxime se semiliberdade co aproveitamento do monte. Desta forma poríase fin a un conflito que se arrastra desde hai tempo debido aos danos que causan estas reses nas plantacións.

Así mesmo, explorarán a posibilidade de que as xestións que teña que realizar cada comunidade para obter as axudas e permisos para levar a cabo estes proxectos de recuperación do monte pódanse tramitar de forma conxunta a través da Mancomunidade o que podería levar un importante aforro económico. En total, as comunidades de montes de Pontevedra suman ao redor de 2.400 hectáreas de terren e o proxecto prevé completarse en dez anos.

A asemblea tamén deu o visto e prace a un convenio de colaboración entre a Mancomunidade de Montes e o IES Vale Inclán que permitirá a realización de prácticas e visitas educativas dos alumnos deste centro aos montes veciñais. Unhas actividades que contribuirán a un mellor coñecemento do medio natural por parte dos alumnos do instituto.

Renovación da xunta

O terceiro dos puntos de interese da asemblea celebrada onte foi a elección da xunta directiva que quedou configurada igual que estaba actualmente debido a que non se presentou ningunha outra candidatura alternativa. Juan José González continuará como presidente, José Bravo como vicepresidente e Carlos Morgade como secretario, entre os cargos de máis relevancia.