Amosando publicacións coa etiqueta BNG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BNG. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de maio de 2017

Ser "cazacorruptos" en España sale caro: la ruina de cuatro valientes que se atrevieron a denunciar

La funcionaria Ana Garrido denunció la trama Gürtel en el Ayuntamiento madrileño de Boadilla y desató la caja de los truenos: las presiones que recibe desde entonces -económicas y sociales- la han puesto contra las cuerdas, subsistiendo a duras penas, sin más respaldo moral que el de un puñado de personas de su máxima confianza. Apenas alcanza a vivir con las pulseras y collares que ella misma vende. Y teme que el tumor que le descubrieron hace dos años -“la angustia se somatiza”, asegura- pueda suponerle un grave problema de salud. Todo ello, afirma, son las consecuencias de denunciar la corrupción. Para leer a noticia entera en El Español, presione aquí.
Aunque mi caso no sea tan mediático, llevo años sufriendo algo parecido, ya que fui el único comunero de la comunidad de montes parroquial que osé denunciar a unos ex-directivos después de descubrir que habían comprado una parcela, en un primer momento para construirnos el ayuntamiento un parque infantil y luego se decidió construir el local de la Comunidad. Lo chocante es que en el documento notarial consta que la propietaria se lo ha donado a todos, cuando en realidad había cobrado mediante un cheque nominativo de la Comunidad 851.000 ptas, firmado por 4 de los responsables de las cuentas, por lo que non podían alegar IGNORANCIA, ¿O SI?
Descubierto el engaño en una asamblea los ex-directivos pese a los intentos de justificar "su" documento al ver que no conseguían convencer a la mayoría y a pesar de no hacer constar en el acta la mayoría de las intervenciones que realizamos, si consta lo siguiente....

En esa reunión estaban presentes comuneros que debido a su afiliación política con 2 de los ex-directivos dieron el silencio por respuesta y cuando en unas elecciones se pusieron al frente de la Comunidad solicité en base a los Estatutos mi gastos, como con anterioridad otros comuneros habían reclamado también los suyos, por una querella contra otros ex-directivos que fue sobreseída. En vez de acatar lo que consta en el acta solicitaron un informe al abogado que había asesorado y defendido a los demandados. Actuaron de esta manera tan torticera, porque al contrario que en mi caso, manejaban el dinero de todos, el mio incluido. Y por si fuese poco, de nuevo gracias a su afiliación política (PP), a pesar de la Sentencia, tocaron en las puertas de La Xunta de Galicia, cobrando dietas y gastos por algo que ya no tenía vuelta atrás.
Como no podía permitirme de nuevo incrementar el valor del bien adquirido, opté por no acudir otra vez a la vía judicial, ya que había logrado anular el citado documento, que ahora es papel mojado, ya que solo un juez es quien puede dictar lo que por Ley me corresponde y no el abogado.

Esta gente cuando estuvo al frente de la Comunidad adquirió 5 terminales para uso de la Comunidad y cuando fueron relevados solo nos entregaron 2, uno de ellos cuando ya casi habían transcurrido 6 meses y los cargos por su uso particular corrieron por cuenta de la Comunidad. El presidente, que se entiende se presentó para defender los intereses de la Comunidad, decidió no pedir explicaciones y una vez recibidas, si no nos convencían tendría que reclamarlos de forma oficial, pero prefirió mirar para otro lado. En mi caso aún siendo el secretario no tenía el poder y la responsabilidad de hacerlo y visto el éxito con la reclamación, tampoco podía ni debía defender de nuevo a la Comunidad con mi dinero.

En una reunión de la directiva el presidente alabó mi defensa por recuperar para todos el solar, comunicando a todos los directivos que a la mayor brevedad, procedería a resarcirme de mis gastos (y consta en acta). Cuando me invitó a abandonar la secretaría para poder manejar a su antojo la Comunidad, en la última reunión que tuve con el y los otros ex-directivos, no solo cambió su versión, diciéndome que no había hecho nada por recuperar la finca, si no que me olvidase de que me iba a pagar los gastos... como así fue

Para que se vea la ética de este elemento, cuando resultamos elegidos conseguimos dos de los cinco terminales y cuando perdió su calidad de presidente pasando a ser un simple comunero, se quedó con uno y el secretario con otro. Por suerte la actual directiva pudo recuperar el número adscrito a la Comunidad, pero hubo que comprar un terminal.

Y termino con esta reflexión, esta persona y los anteriores (salvo el secretario), militan en partidos tan antagónicos como PP y BNG, pero su mala praxis los iguala. Y a mi, militante que contribuía en lo posible al BNG, me dieron de lado en favor de quien aplica el ideario del partido rival. Y por si fuese poco, cuando el BNG, llevó la Consellería do Medio Rural, gracias a su vínculo familiar con el ex-concelleiro (son primos) nos cruzaron una propiedad con esta pista rural.

luns, 24 de abril de 2017

Magoa que a Fiscalía non actúe de oficio na nosa Comunidade, a pesar de obteremos fondos públicos


Tuñas dimite como alcalde de Negreira polo caso dos teléfonos móbiles
A Fiscalía pedía a súa inhabilitación para cargo público por apropiarse de 18 terminais que eran propiedade do Concello (...) Para ler a noticia enteira en La Voz de Galicia, prema aquí.
El Correo Gallego: O fiscal pídelle 1 ano e 9 meses por apropiarse de 18 móbiles
Na nosa Comunidade, segundo teño constancia, mercáranse 5 terminais (falando do conxunto liña e móbil), xa que figuraban as facturas e cargos por uso en Movistar. Cando accedín á secretaria, no ano 2005, nun primeiro momento, só se nos entregou 1 terminal, pero ao banco seguiron chegando facturas de outra liña non entregada, ata que se nos devolveu pasados 6 meses. Dos 5 terminais que figuraban en facturas pasadas, só ficaban 2 terminais. Coa entrada da nova Xunta Reitora en outubro do 2015, como xa comentei anteriormente, non se lle entregaron nin liñas nin móbiles, sendo a propia operadora, Orange, a que entregou a liña unha vez se fixo o cambio de representante (a compañía ben sabía que, de non entregar esa liña domiciliada na Comunidade, podía meterse en problemas). O móbil, mercado a prazos para esa liña, non se puido recuperar, e aínda seguía vixente unha permanencia de 6 meses por coller un móbil na operadora. Coa outra liña non puideron facer o mesmo porque dous días antes, e a sabendas da situación, o anterior representante fixo o cambio de titular da outra liña que quedaba ao seu nome particular, apropiándose dun número propiedade da Comunidade (e o móbil asociado).

Para non quedar incomunicados unha vez recuperada unha das liñas da Comunidade (falamos dun número que consta no Distrito IV para comunicarse con nós, de aí a importancia); cumpría facerse cun móbil, pero en Orange aínda había dúas permanencias activas (o móbil non entregado e o móbil da liña roubada), e a compañía non podía ofrecer ningún móbil. O secretario apresurouse a mercar o mesmo día un móbil, consultando cos membros da directiva. Mercouno de 2ª man nunha tenda de Noia, e pode saberse o que custou e o modelo porque a xestoría inventariouno, cousa que cos móbiles desaparecidos non pasou.

Para poñervos en situación do aproveitamento particular que se fixo desa liña, pasado máis dun ano de entrar esta Xunta Reitora, segue a recibir chamadas privadas dirixidas a quen o tiña anteriormente. Isto só alimenta as sospeitas do mal uso desa liña, pagando a Comunidade todas as chamadas durante os once anos que o tivo no seu poder.

Non é comparable apropiarse de 18 terminais que de 5, mais a catadura moral é a mesma, e máis no caso dunha persoa que concorre en listas electorais, segue a exercer un cargo como presidente da Mancomunidade da "Serra do Barbanza" (función que non debería exercer) e tamén seguiría co seu posto de vice-secretario na ORGACCMM, organización pola que apostei en asociarnos, con toda a vontade do mundo pero agora observo, con incredulidade, o grao de politización da mesma.

Encabeza esta entrada o móbil do que dispón actualmente a Comunidade, para poder seguir funcionando. Segue a aparecer de 2ª man a 125€, en Noia saíu por 70€.

luns, 9 de novembro de 2015

Que importa se pasaron 6 anos se por fin van cobrar

Pago xustiprezo clave AC/07/130.06. Concello de Porto do Son

Esta xente igual descoñece que cando se tramitan pagos por unha expropiación, aos afectados cítanos por carta, ou así pasounos a nós cando se ampliou a estrada AC-550, motivo polo cal expropiarannos parte da horta e o fronte da casa.

Notase que os que estan por riba de eles tamén descoñecían a Lei e o Artigo 49 do Regulamento de Expropiación Forzosa do 26 de abril de 1957, se non, non farían esta chapuza, e aínda que pasaran 6 anos poderiamos gozar dos mesmos dereitos que os veciños de Xuño e poder cobrar o que nos "roubaron" pola cara.

Con nós, e tódolos afectados pasáronse a CONSTITUCIÓN polo forro.

sábado, 17 de outubro de 2015

Máis cedo ou mais tarde, a verdade sempre rexurde


Ao finado de meu pai o prepotente do ex-conselleiro do Medio Rural non lle contestou, pero ben que desde a Consellería mandáronlle ao seu curmán e, por fin, ex-presidente da Comunidade a denuncia que lle remitiu, acompañada de esa noticia de La Voz de Galicia.

Por desgraza isto a el xa non lle serve de nada. Porén cando os novos xestores, que hoxe despois de ser elixidos o pasado 27 de setembro recibiron por fin a acta que os confirma (presuntamente porque o ex-presidente demorouse en asinarlla ao secretario).

Aínda que lles falta moita documentación, entenden que en custodia da xestoría, cando a reciban e a "peneiren", a ver se aparece a acta que lle remitiu ao curmán (que me confirmou o funcionario co que estiven e que nos prometera ía remitir por correo certificado), unha vez que cotexase toda documentación.

En base ao que redactase, igual solicito a compensación que se merece aínda que a funda en flores na súa memoria, e aínda que o tractor de leña que lle prometeu non lle sirva de nada tamén o reclamarei tal é como quedou reflectido en acta. Moita xente o esquecería, pero aquí de xeito irregular con cargo aos fondos comunitarios, moitos recibiron leña gratis.



xoves, 24 de setembro de 2015

Cos casos que están saíndo, aínda hai xente decente

María Xosé Alfonso Torres: O grupo de goberno de Muros (Compromiso por Galicia) non acepta agasallos por cumprir co seu deber e facer o seu labor, polo que todo agasallo feito de boa fe e que sexa difícil de rexeitar será doado a Servizos Sociais e, todo aquel que poida ser empregado como un arma de dobre fío será denunciado.

QUE SE SAIBA PARA EVITAR SORPRESAS POSTERIORES!

Aquí, na Comunidade a sorpresa maiúscula levouna o presidente «aínda que agora na última convocatoria dea a entender que dimitiu hai tempo, deixando caer que desde esa encargouse de todo o secretario» ( Sic), cando se topou coa miña negativa a quedarnos coas caixas de viño que nos agasallou unha empresa, até que o fixen claudicar xunto co resto de excompañeiros, para que se poxasen nunha Asemblea Xeral entre @s comuneir@s asistentes.

Prece mentira que militando tantos anos no BNG, María Xosé Alfonso coincida comigo e o "señor" Santiago, se embebese por unhas botellas, como outros nos Vega Sicilia, e outras en bolsos “Por sus obras los conoceréis”.

sábado, 23 de maio de 2015

Alternativas de autogoverno nas comunidades

O outro día no mitin do BNG, todas e todos puidemos escoitar como nos prometeron convertelo monte nun novo El Dorado, motivo polo que máis dun dos presentes botamos unhas risas e algún mesmo comentou: Estes que veñen!!!. A vacilarnos? Por razón obvias coido que non fai falla que escriba máis, verdade?

Despois a señora Ánxela soltounos a outra promesa amarela que xa había comentado en 5fm, dedicarnos a cultivar trigo ecolóxico. Así como nos dixo que non sabiamos o que custara a parcelaría «sibilinamente estaríanos chamando parvos?».

Puido preguntarlle ao seu Farruco, que o tiña alí, canto mide a parcela máis grande da parroquia porque íalle dar a risa. Non sei se o campo de Rayo Vallecano que é o máis pequeno do fútbol de elite, non será máis grande 6.500 m2 «100X68», e boa culpa disto tívoa o PP e logo o seu partido, que proseguiu coa desfeita.

Voulle a poñer dous exemplos que coñezo e un porque nos tocou a nós. Unha familia tiña un agro de 100 ferrados, coido que cerrado de por si, e dividíronllo. No noso caso tiñamos unha parcela de 6 ferrados, que dividiron entre 3, e non só nos fixeron unha parcela con esa medida, se non que nos deixaron «cagadas», e por se fose pouco, tiñamos a horta cerrada con viña e nun principio querían tirarnos parte do muro, disque para endereitaránolo, e como reclamamos a súa «vinganza», foi achegarnos un triangulo por fora que está alí para ver. E iso xa foi con Suárez Canal.

En fondos públicos máis ou menos todo o mundo sabemos o que custou, mais tamén sabemos o que nos custou a nivel persoal, ou de quen pensa que saíron os terreos para facelas pistas, nalgúns casos inútiles?

Logo defendeuse afirmando que era falso que nos negasen o saneamento, que ía dicir ao estar en marcha? Polo carallo , lle dixo aos veciños e veciñas que non estaban enterad@s que por medio dos seus deputados na Deputación, intentaron paralizala subvención que conseguiu o alcalde. A nosa salvación foi que nesta lexislatura non tiñan o poder nin a bolsa que afirmou nun pleno que tiñan cando foi «vicealcaldesa». Porque entón quedamos sen el, como a galiña sen dentes.

E por último deixou caer, que como non había cartos que o ían pagar co canón dos eólicos. Como non estou metido no «allo», non sei de onde van saír os cartos para pagalo, pero se saen de ese canon, por se no sabe pode agradecerllo á xente do seu partido que foi o que aprobou esa medida, cando antes os cartos, ían parar integramente aos comuneiros e comuneiras dos montes onde están instalados.

Iso aprendese indo a charlas coma a do vídeo, que tratei de fomentar na comunidade pero ao impostor do presidente, non lle interesaba, porque quere comuneiros e comuneiras dóciles e que non saiban defenderse, por iso leva dous anos sen convocar unha asemblea, sen darnos as contas. Agora máis que nunca xa lle escoito a moita xente, incluso coa que non teño un trato habitual, preguntar onde van as ganancias prometidas cos porcos? Porque varias partidas xa se venderon.

E falando dos porcos, non sei se o saberedes, pero no seu día causáronlles estragos e perdas a varios veciños, un deles conseguiu unha contrapartida e ao outro como o seguro parece que non se lles fixo cargo, como teñen dobre vara de medir, non lle pagaron e agora está todo no Xulgado. Iso de non pagar é moi habitual, no presidente, porque a min, unha vez que me deu fora da secretaria, négame os cartos que empreguei por recuperala leira onde temos o local, que daquela no rexistro aínda non estaba a nome da Comunidade.

Mesa redonda e debate "Alternativas de autogoverno nas comunidades" de Terras de Lousame, no local social de Cabanetan, Lousame.

venres, 1 de maio de 2015

Estará enterado o Farruco do que fixo o BNG en Nebra?

Resulta que tal é como se pode ver no seu Nordés sobre a parroquia de San Pedro de Muro, culpa ao concello de non facerlle acceso ás leiras, con motivo das obras de ampliación da estrada de Xuño a Corrubedo, e doulles a razón, aínda que descoñezo se o responsable é o alcalde ou a Deputación.

Ollala palla en ollo alleo e non a viga no propio.

No seu día critiquei á Consellería do Medio Rural en mans do BNG, porque sen abrir un proceso expropiador atravesou con esta pista varios agros sen coñecemento e permiso dos seus propietarios «clasificando pola miña parte como roubo con aleivosía», e por riba, como se pode ollar nas foto, deixáronnos se acceso a ela, tal e como denuncian na busca de réditos electorais, o que acontece en Muro. Porén hai unha diferenza substancial, eses veciños cobraron pola expropiación, mentres aquí actuaron como unha mafia.
E agora, sete anos despois onde antes tiñamos, aínda que fosen eucaliptos para leña, a pesar dos fondos públicos mal empregados en facela, dedícana a criar toxos. Iso sen mencionar e así consta en acta que o impostor do presidente díxolle ao finado de meu pai, que a madeira que lle levou por diante, compensaríalla con un tractor de leña, mais como mal pagador que é, aínda que neste caso pagaría a comunidade, demostrou que xamais tivo intención de cumprila súa palabra de falso, e político barato que amosa ser.
Foto de arriba tomada no noso agro, e as de abaixo no resto de propiedades.
É así como dixo a señora Ánxela na radio, que o BNG quere potencialo monte?

venres, 17 de abril de 2015

Manifesto: A Comunidade é dos comuneiros e comuneiras

Non me gusta a Ditadura que práctica o PP no Parlamento galego, como tampouco me gusta a que practican en Nebra os militantes do BNG, que van camiño dos dous anos coa comunidade secuestrada, e sen darnos as contas.

De aí que me vala do que expoñen nese manifesto coa miña «puntilla». Ao fin e ao cabo denunciamos o mesmo, ou non?



domingo, 28 de decembro de 2014

O nunca visto, un «forasteiro» aldráxanos e rise de nós!!!

Nos anos que levamos constituídos como Comunidade, desde que en maio de 1979 os comuneiros e comuneiras nativos de Nebra recuperamos os NOSOS montes, ninguén ten constancia de que XAMAIS se deixase de celebrala Asemblea Xeral Ordinaria, que inescusablemente o presidente non ten o poder de cancelar, salvo se é un ditador ou como é o caso, militante do BNG.

Se menciono a súa militancia non descoñecida é porque moitos igual non lembran que fai anos desde o Concello, o seu grupo levou a concellería de Montes, e por iso me estraña que os seus compañeiros non lle digan nada.

Terá algo que ver isto con que nunhas eleccións presuntamente manifestoulle a un vogal e apoderado doutro partido, sentirse molesto, porque a pesar de, segundo el fixo pola parroquia, o seu partido non pasou dos 50 votos? (Sic).

Todo isto e dado o día retráeme á película: Los santos Inocentes.
Temas principais da historia:
A incultura xeneralizada nas partes baixas da sociedade da época?
A resignación dos membros das clases baixas ao aceptar a súa condición de inferiores, sendo considerados case como seres non humanos.

Nun casarío de Estremadura, nos anos 60, o sentido da propiedade dos señoritos esténdese tamén ás persoas. Na leira traballan e viven Paco e a súa dona Régula, xunto ao seu tres fillos, e ao irmán diminuído dela, Azarías.
Os propietarios acoden ao casarío de maneira esporádica, a pasar uns días de caza e asueto, e durante ese tempo a servidume é total. É unha orde establecida que parece que nunca cambiará.
Presuntamente á conta dos porcos, a Xunta estaría financiándonos con fondos públicos, mais aquí ninguén dá contas ou explicacións de nada.

Fai unhas semanas parece que a Xunta Reitora celebrou unha reunión á que non se invitou a tódolos vogais, comunicándolle aos invitados que antes de rematalo ano celebraríase a asemblea e presuntamente informóuselles tamén de que a comunidade estaba pouco menos que en números vermellos e que igual non podíamos facer fronte ao derradeiro pago dos porcos, polo que como responsables subsidiarios teríamos que poñer cartos do noso peto.

Algún vogal previsor xa anunciou que se se daba o caso borraríase como comuneiro, como se iso o salvase. Esta é a xente que nos goberna!!!

No seu día publiquei as imaxes desta corta e segundo me comentaron xa se efectuou esta rarea na Belga, polo que algo tería que haber na «buchaca».

A todo isto moitos temos dúbidas cos porcos, polo que nos preguntamos: son un «negocio» para alguén ou un «fiasco» para a comunidade?

E mentres se fai caixa coa madeira descoidase o legado do único presidente con visión de futuro, ao que por menos das que nos leva feito este, algúns quixérono apartar con unha moción de censura, ou xa o esquecemos?
Ao azar, fixen varias tomas do mal mantemento que se lle fixo no seu día a varios castiñeiros que podería dar ao traste con eles, xa que pode ser fonte de enfermidades e afectar ao resto. Mantemento que agora xa non se fai.
A Xunta Reitora desta Comunidade de Marín, leva o mesmo camiño que a nosa, non obstante eles aínda que tarde celebraron a súa asemblea anual ou ordinaria que como aquí coa primeira do Punto Limpo, por culpa do presidente acabou coma o rosario da aurora.
Asemblea frustrada polo boicot dun directivo

luns, 11 de agosto de 2014

Será quen o BNG de chamar á cordura ao seu militante?

Fágolles a pregunta por se eles gozan de información privilexiada, porque NÓS, coma DONOS do MONTE, a día de hoxe non sabemos como negociaron ás nosas costas a cesión a varios gandeiros, entre os cales, a maioría nin son comuneiros, o que significa que nestes intres o monte presuntamente é de eles, xa que incluso botaron fora a un comuneiro-gandeiro.
El Correo Gallego: Terra Galega solicitará a devolución dos montes de Cuns aos seus titulares

Queren que poidan negociar directamente cos promotores do parque eólico

J. M. RAMOS
O portavoz de Terra Galega (TeGa) de Coristanco, Amancio Lavandeira, solicitará en pleno que se proceda, de forma urxente, á devolución dos montes de Cuns aos seus propietarios "para que sexan eles vos beneficiarios dá instalación do parque eólico". Considera "preocupante" a situación que viven devanditos veciños porque "se lles privou de negociar directamente coa empresa promotora vos dereitos que teñen como titulares dous montes, e dous que seguen sen poder facer uso dous mesmos".

Amancio Lavandeira di non entender como "se lles seguen dando longas e escusas", e cren que "ou que fixo ou alcalde foi enganar a todos". Acúsalle ademais de non facer caso no seu momento das denuncias veciñais "polas ocupacións de propiedades privadas, e despois de rematar as obras saíu na prensa facendo ver a paralización duns traballos que estaban sen licenza municipal".
Antes dixen: Nebra, se de esta non espertas, é cousa de pensar en facelas maletas!!!

venres, 9 de maio de 2014

Os Suáres: Os Sánchez Gordillo de Galicia?

Parodiando a presentación dos candidatos e candidatas do BNG ás eleccións europeas. Chámome Francisco Calo, case toda miña laboral transcorreu na emigración e fun votante e logo militante do BNG até que descubrín que o que "predicaban" na oposición, esquecéuselles cando tocaron o poder, por iso desde que deixei o partido, non volvín a votalos..., nin volverei.

O que lle fixeron a meu pai, desde a Consellería do Medio Rural, en mans de Suárez Canal e o seu curmán Suárez Blanco desde a presidencia da Comunidade non ten nome, e non lembro na corta historia desta Democracia que alguén fose vítima de semellante atropelo e roubo, como foi "chantarlle" esa pista nese agro, arrebatándolle a madeira que tiña. Meu pai tamén foi un emigrante coma eses que polo voto, presumen de defendelos.

Na Ditadura os do bando gañador cando lle botaban o ollo a unha propiedade non tiñan máis que denunciar aos seus propietarios como roxos e por arte do "birloque", as autoridades entregábanlles todo o que tiña.

Os comunistas tamén foron moito de quedarse co que non era seu. Seguramente o "noso" presidente que presume de que foi un deles, debeulle quedar algunha remanencia. Non sei se a el ou á súa familia política lle gustaría moito que, neste caso o Concello lles expropiase parte da propiedade que teñen na Aguieira para abrir novas pistas ou facer aparcamentos.

Por si a caso que teña coidado e que non veña por aquí o señor Gordillo.


El SAT, con Sánchez Gordillo y Cañamero, ocupa una finca en la provincia de Sevilla
Sánchez Gordillo roba en un supermercado para "llevar comida al pueblo"

E para rematar, o problema desta xente é que cando quedan sen argumentos, a única saída que teñen e chamarlle fascistas aos demais. Neste caso este trabucouse, os fascistas foron os seus compañeiros, non Samuel Juarez.

xoves, 10 de abril de 2014

Agora que tocaron o poder, todos teñen moito que calar!!


Haiche moitos «crack»

Desde logo nisto do “markenting” os excompañeiros de partido, son todo uns artistas. O malo é que crense o centro do mundo e queren facerlle crer a uns cuantos que os malos da película son os demais. Por sorte fai tempo que agora algúns sabemos apreciala diferenza entre os raposos e as galiñas.

Abaixo e incrustado no seu photoshop o GOL que nos meteron en «fora de xogo» nese AGRO, sen coñecemento e polo tanto sen permiso, cando MALDITA A HORA na que se fixeron coas rendas da Consellería do Medio Rural.

Neste caso a «CANTADA» foi dobre. Primeiro de Touriño que non soubo ou non quixo controlar ao conselleiro e este por dicirlle Amén a todo o que lle ordenaba o seu curmán: O Excelentísimo Señor presidente da Comunidade.

Dóeme dicilo, mais co PP isto non nos acontecería. OLLO non defendendo a súa política, nin os recortes que a nivel xeral aplícannos de aí que militase tantos anos no BNG, até que o poder, para min, trastornounos, se non, non entendo esta cacicada e roubo que nos fixeron, sabendo que xamais me quedaba atrás poñendo cartos para as campañas electorais ou perdendo o tempo nos mitins. E aínda que así non fose, non tiñan dereito a facernos esta SALVAXADA.

Gustaríame saber se a nivel particular alguén foi VÍTIMA de tamaña afronta militando neste ou noutros partidos e que os culpables nin dimitisen, nin se dígnanse a pedir perdón por cometer semellante cacicada?

luns, 31 de marzo de 2014

O recorte de dereitos non é exclusivo do capitalismo

Ollando o derradeiro paragrafo. Se a soberanía nacional, implica que o BNG faga o mesmo que nos fixo no 2006, roubándonos parte dunha propiedade apaga e vámonos.
Terra e Tempo: Comunidades de montes, crise e soberanía nacional

A crise que estamos a padecer é a crise xerada polo capitalismo, na súa fase actual de globalización (imperialismo), para que, como clase social, seguir a manter os seus privilexios. Mais é unha crise en todas as súas facetas. De aí que a súa política de imposición de recortes (eles chámanlle axustes ), vaia, simultaneamente en dúas direccións:

-Recorte dos dereitos sociais e laborais das maiorías sociais das populacións (baixa de salarios, desmantelamento dos servizos públicos, copagos...).

-Recentralización política e administrativa con fin de centralizar os focos de decisión política de cara a impoñelas, de xeito mais eficaz (lei de racionalización e sustentabilidade da administración local, recorte das xa, cativas, competencias das comunidades autónomas...).

Estamos, xa que logo, nunha crise do sistema capitalista. Polo tanto, a alternativa non pasa por propor parches a esta política de recortes e recentralización para que estas políticas sexan menos "agresivas para as maiorías sociais das nacións.... A solución pasa por propor alternativas ao sistema capitalista, na súa globalidade.

Na Galiza, nación a que se lle nega o dereito a decidir, nación colonia do Estado Español, a alternativa a esta crise do sistema pasa por conxugar a loita pola liberación nacional (capacidade plena para decidir como pobo), coa loita pola liberación social (alternativa ao sistema capitalista). Propor o debate de sobor de cal loita debe ser a prioritaria. Manifestar que a dia de hoxe, non toca a loita pola soberanía nacional. Situar o debate nestas dualidades, como o fai a dereita, (que é lóxico xa que defende os seus intereses de clase), por parte de grupos que se denominan de esquerdas e/ou nacionalistas, non ten sentido nunha nación colonizada como é a nosa. E mais, propor estas dualidades, é facerlle o caldo gordo ao sistema capitalista. A unha e a outra loita, son unha mesma loita.

A soberanía nacional é un dereito democrático das nacións. Este dereito debería ser suficiente para loitar por acadala. Mais, dende as organizacións sectoriais debemos ademais, facer pedagoxía política.

Debemos relacionar a solución aos problemas concretos do sector, co logro da soberanía nacional e coas alternativas ao sistema capitalista.

Fagamos pedagoxía política con tres temas referentes aos montes veciñais (poderiamos falar de moitos mais).

O monte veciñal en man común é unha sinal de identidade da nosa nación. E unha titularidade comunitaria (nin pública, nin privada).

Esta forma de posuír que temos os galegos e as galegas, non está recoñecida nin na Constitución do Estado Español, nin no Estatuto de Autonomía. O capitalismo non pode admitir a existencia de este tipo de titularidade xa que, por estar fora do tráfico do comercio, non lles posibilita o facer negocio. De aí as continuas tentativas de proceder a súa privatización. Pola contra, a Constitución da República Portuguesa, derivada da Revoluçao do 25 de Abril, naquel intre, a mais avanzada socialmente de toda Europa (é que logo foi dilapidada sucesivamente pola dereita e polo socialismo portugués), si que ten recoñecida este tipo de titularidade.

Se queremos que a posta en valor dos montes veciñais en man común xere plusvalías na zona de influencia do monte, mellore a calidade de vida das populacións e respecte os dereitos laborais e sociais dos traballadores e traballadores do monte, esta posta en valor cumpre facela dende a óptica da xestión comunitaria dos recursos. (que como demostrou a premio Novel de Economía do ano 2009, a sra. Elionor Onstrom, e tan eficaz como a xestión privada, mais é sustentábel). O capitalismo aposta pola xestión privada de estas terras comunitarias. A xestión comunitaria dos recursos e una alternativa a explotación capitalista.

O futuro dos montes veciñais, ligado ao futuro do medio rural, só será posíbel si se acada un monte veciñal e un medio rural multifuncional e sustentábel, con calidade de vida e con populación adicada a diversas actividades. O capitalismo aposta por un monte veciñal forestado con especies de crecemento rápido e con cultivos enerxéticos. E dicir, aposta por un aproveitamento de tipo colonial. Explotación que van a significar, abandono e desertización cando se esquilmen os recursos e xeración de plusvalías nos centros de decisión política.

Recoñecer a titularidade comunitaria, apostar pola xestión comunitaria dos recursos e lograr un monte veciñal multifuncional e sustentábel, só será posíbel se propomos alternativas ao sistema capitalista e se o pobo galego acada a soberanía nacional. Polo tanto, para as comunidades de montes veciñais en man común, a loita pola soberanía nacional, toca.

martes, 11 de febreiro de 2014

Discrepancias sen sentido ou malintencionadas!!!


Se nesta comunidade de A Guarda, aínda aprobando ben as cousas, hai discrepancias, coido que nas que algúns presidentes co visto e prace do resto de reitores actúan por IMPOSICIÓN ou coma meros DITADORES, como acontece na nosa, penso que as miñas críticas teñen máis que razón de ser.

XAMAIS critiquei algo que se aprobase legalmente. Isto é, que o tema viñese na orde do día e que só votasen os comuneiros inscritos na lista de asistentes.

A magoa é que quen debía dar exemplo fai todo o contrario, aproveitándose nalgúns dos casos da boa vontade dos comuneiros e noutros, do seu analfabetismo asembleario, ou porque os que discrepamos, vimos de familias humildes e pobres, ou sen estudos, porén ante todo somos legais. A educación é un tesouro do que non pode presumir algún por moitos títulos que atesoure.

Faro de Vigo: A corta de eucaliptos na cima do monte Trega executouse debido á súa enfermidade

A comunidade de montes da Guarda acordou a reforestación do espazo - Solicita permiso a Patrimonio para arrombar a chaira de subida ao Facho e crear unha área de aparcadoiro,

A enfermidade que padecían os eucaliptos da ladeira do pico do Facho, no monte de Santa Trega da Guarda, declarado Ben de Interese Cultural, obrigou á súa corta. A comunidade de montes en man común da Guarda así o explica ante os comentarios xurdidos na vila por mor da curta e amaño deste lugar.

Este é o motivo que leva á xunta reitora a dar conta das actuacións realizadas, as súas causas e o futuro que planificou para o espazo.

A actuación ten a súa orixe na caída de nove enormes eucaliptos acontecida o pasado ano 2013. Algúns deles orixinaron importantes desfeitas na vía cruces que está situado na subida ao monte, unha reparación que "esta comunidade tivo que custear dos seus fondos, nun primeiro momento, ante os diferentes problemas expostos polas aseguradoras", precisa.

Os técnicos forestais consultados concluíron que "o escaso enraizamento das árbores, o seu elevado porte e unha incipiente enfermidade, todo iso unido aos fortes ventos do temporal ocorrido naquelas datas, provocara a caída".

Os técnicos indicaron que unha gran parte das árbores existentes empezaban a mostrar signos de enfermidade nas súas copas, concretamente a presenza do "goniteiro ou gurgullo do eucalipto que comeza atacando as follas da árbore e vai debilitándoo aos poucos e acabando coa súa vida".

Nos próximos meses arranxaranse e arrombarán atallos; procederase á roza, limpeza e prevención de incendios na zona comunal, con dous operarios destinados a iso durante todo o ano. Ademais do arranxo da zona do Facho, onde se produciu a corta, solicitouse permiso a Patrimonio para o amaño e arranxo da chaira de subida a ese lugar e para a creación dunha pequena zona de aparcadoiro que se situaría no cara oeste do pico de San Francisco.

A comunidade de montes lamenta o desconcerto e receo que puidese crear esa corta na sociedade guardesa, pero alega que as causas "cremos que avalan de forma clara a actuación" que se realiza co fin de dispor dunha maior seguridade e aproveitar mellor a contorna do que se poderá gozar unha vez realizada a obra e repoboación que están previstas.

A polémica corta aprobouse na xunta xeral ordinaria do ano 2013, ante o risco potencial que supuña a presenza destas árbores, tanto para o patrimonio, como para a seguridade de veciños e visitantes, ao estar algúns próximos á estrada.

Na mesma xunta aprobouse o amaño e reforestación da zona. Informa a comunidade de montes que a actuación incluirá a mellora do espazo e da accesibilidade. Na repoboación utilizaranse árbores de sombra nun terreo moi utilizado polos veciños, elixindo especies que non sexan tan sensibles ás pragas, especialmente nas zonas altas.

O BNG pide control

Por outra banda, o grupo do BNG no Concello guardés, solicitou por escrito ao Concello información sobre esta corta. Considera que as autoridades pertinentes deben ter coñecemento destas actuacións. No seu escrito pregunta se se contou con permiso de Patrimonio e se o Padroado do Monte Trega tiña coñecemento diso. Lembra que o Trega foi declarado Monumento Histórico Artístico e Ben de Interese Cultural.
Oxalá teñan máis sorte que nós no seu día cando lle mandamos un escrito a Suárez Canal, por abrirnos a dende a súa Consellería a pista polo noso agro. No noso caso non contaron co permiso de meu pai, nin foi aprobado pola asemblea, como aconteceu aí e que supoño que tiveron que contar co visto e prace do Distrito da zona.

Que doado é para xente deste partido pedir responsabilidades aos comuneiros, mentres eles dende a Xunta fixeron as súas falcatruadas que, no noso caso non me cansarei de denunciar e criticar, porque asísteme ese dereito.

domingo, 9 de febreiro de 2014

Basta xa de tanta manipulación, falsidade e mentiras!!!

Por se tiña algunha dúbida que o tema da Variante de Portosín, estase politizando, veumo a confirmar esta noticia: A plataforma contra a variante busca o apoio dos grupos políticos sonenses
A plataforma veciñal contra a variante de Portosín segue buscando apoios á súa causa, e para iso iniciou unha rolda de contactos cos distintos grupos políticos con representación no municipio. Hai uns días tocoulle a quenda ao PSOE, e antonte o local da comunidade de montes de Nebra recibiu á deputada nacionalista Ana Pontón, que volveu mostrar o rexeitamento da súa formación ao proxecto da estrada.

Aínda que no seu día o Bloque xa levou o asunto ao parlamento autonómico a través dunha serie de preguntas, Pontón comprometeuse a incluír a construción da infraestrutura no debate no Hórreo. Ademais, os nacionalistas sonenses volverán solicitar un pleno extraordinario para que se trate esta cuestión. Fixérono xa unha vez e a sesión non se convocou porque non reunían o mínimo de edís esixido, pero agora o PSOE podería apoiar a proposta. Desde a plataforma indicaron que os socialistas tamén lles manifestaron o seu apoio, así que esperan que axuden a forzar a convocatoria do pleno.

Fontes dos comuneiros de Nebra, integrados no colectivo contra a variante porque lles afecta, sinalaron que as reunións sobre a estrada están a celebrarse no seu local «porque non nos deixan usar espazos municipais» e que aínda esperan a resposta á solicitude para reunirse co PP local.
En primeiro lugar quero manifestar a miña total repulsa porque alguén, aínda que podo intuír quen é, estea utilizado o nome da Comunidade de Montes para sustentar esta manipulación e trapallada con mentiras, xa que os comuneiros aínda non nos pronunciásemos ao non ser convocados a ningunha asemblea ao efecto, e o peor de todo é, que nen sequera contaron cos vogais.

Porén o que máis me choca de todo isto é que o 30 de xaneiro, cando os Técnicos da Xunta explicaron o proxecto da variante en Portosín, de Nebra só estivemos presentes o meu fillo e máis eu. Alí non acudiu nin o presidente, que neste intre ocupa ilegalmente o cargo, nin ningún dos reitores, que todo hai que dicilo, están na mesma situación. Dado que o último tramo da Variante ocupa parte do noso monte a súa obriga era acudir á reunión.
Outro tema, e isto si que é rechamante é que tendo un local como temos en Nebra, digan que o Concello non lles deixa usar espazos municipais «Sic». A parte de ser presuntamente mentira, ou polo menos confirmouma o alcalde, que senso ten que teñamos a nosa sede e quixesen usar unha do Concello, que por certo, en Nebra non ten? Cal pediron? A Casa de Cultura do Son, Noal, Portosín, Miñortos, Baroña, Ribasieira, Caamaño, Queiruga, Xuño ou Muro?

Sóalles raro, verdade?. Pois a min máis. E non só por iso, se non porque ningún comuneiro ou comuneira entendería que para falar de algo que nos atane teñamos que desprazarnos fóra da parroquia. Se valeu para que a señora ana Pontón, o usase grazas a quen ten de man, para nós tamén é o mellor espazo para debatelos nosos problemas.

A todo isto, pregúntome se esa reunión foi a «porta pechada»?, porque ningún veciño cos que falei soubo nada, nin tampouco o vogal co que contactei. Eu tampouco tiven oportunidade de ollalo panfleto, se é que expuxeron algún. Tanto é que agora visitei a súa web e non mencionan nada.

A Verdade foi unha magoa, porque coma copropietario do local tiña dereito a preguntarlle, por que agora defende tanto a uns veciños e o seu partido dende o bipartito, «rouboulle» parte dun agro a meu pai. Acolléndose ao silencio administrativo para evitar problemas legais: Medio Rural non contesta.

Fíxense o carente que esta a xente de información, que moitos aínda pensan que a Variante remata nas proximidades de Loreto, atravesando a aldea de Quintáns, cando segundo a opción escollida, nun principio remata en Cans.

Din que rectificar é de sabios, máis gustaríame saber por que agora o BNG, oponse a esta infraestrutura, cando segundo se nos explicou en Portosín, presuntamente o bipartito na Xunta elaborou un proxecto valorado en máis de 80.000 €, e aquí a Asemblea local, levábaa no seu programa electoral.

El Correo Gallego: La variante de Noia preocupa al BNG de O Son La edil del BNG aseguró que lo que más preocupa a Porto do Son es "que unha vez as máquinas comencen a traballar xa non paren e continúen en Portosín"
E xa para rematar non entendo como o trigobeno de Noia, no cal esta integrado o BNG, dou o seu visto e prace. Existen diferenzas entre a asemblea local de Noia e a do Son? Cal será a postura do seu Consello Comarcal?

Por certo para que ninguén me malinterprete, persoalmente non gusto da obra, pola súa afectación e porque coido que cando rematen coa ponte, acabarase co embude de Noia. Esta opinión compartina con unha amiga, que ten outra ben distinta, que por suposto respecto como ela respecta a miña.

venres, 1 de novembro de 2013

Matices e observacións

Se facendo aparentemente ben as cousas estes veciños de Bagüín sinalan "incidencias leves" no proceso expropiatorio que sofren por parte da Xunta de Galicia e polo que van cobrar un xustiprezo. En contra do que opinan algúns que me critican, mais non dan a cara, por estar dando sempre a vara co roubo cometido polo presidente da comunidade en convivencia con Medio Rural, no agro de meu pai, coido que coma eles, asísteme o dereito a non calar ante semellante cacicada cometida por un Concelleiro que presumía de defender aos galegos. Porén nunca dixo que para el e o seu partido había cidadáns de primeira e segunda.
Faro de Vigo: Os afectados expoñen ´incidencias leves´ no proceso expropiatorio de Bagüín

Os 33 propietarios particulares asinan as actas de ocupación e só presentan "matices e observacións" ao documento - O BNG levará ao pleno unha modificación no proxecto

O trámite inicial do proceso expropiatorio da estrada de Bagüín -para construír un carreiro peonil por unha marxe da vía-, resolveuse onte coa firma das actas previas á ocupación, por parte dos 33 particulares afectados por esta obra. Os titulares das parcelas asumiron o proceso e só expuxeron "incidencias leves" ao documento presentado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, segundo explicou a alcaldesa de Marín, María Ramallo, que seguiu o acto desenvolvido onte no salón de plenos do concello.

Os afectados achegaron unicamente "observacións e matices" ás certificacións presentadas polos técnicos, sobre cuestións como peches, valados, ou outros elementos patrimoniais, que en ningún caso interromperán o proceso. A Xunta debe resolver agora estas "incidencias", que non son alegacións, para a continuación pechar o proceso e poder iniciar a actuación. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é a responsable desta obra, que se licita cun orzamento de 280.464,39 euros.

O material empregado na construción deste carreiro peonil será formigón puído. Discorrerá polas marxes da estrada PO-551, cruzando Mogor pola recta de Bagüín até a parroquia de Seixo, na baixada até Aguete.

O proxecto aprobouse o 21 de febreiro de 2013, por parte da Axencia Galega de Infraestruturas. O 25 de abril a Xunta de Galicia procedeu a declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos da expropiación.

Moción do BNG

Por outra banda, o pleno da corporación municipal, que se reunirá o vindeiro venres día 8, tratará unha moción presentada polo BNG, na que se solicita da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que se substitúa a "barreira de formigón" contemplada no proxecto de seguridade viaria na zona de Bagüín, de modo que se continúe o deseño de beirarrúa xa existente no resto da PO-551 "e non se constrúa ningún tipo de barreira entre as propiedades afectadas e a estrada".

"Despois da reunión mantida coa asociación de veciños Labirinto de Mogor e cos propietarios afectados polo proxecto, decidimos presentar unha moción para que o pleno referende a solicitude que os propios veciños tamén presentaron no Concello", explica a portavoz do BNG, Pilar Branco. "O BNG vén reclamando cos veciños, desde hai xa moitos anos, que a Xunta acometa este proxecto de seguridade viaria na parroquia de Mogor, e agora que por fin vaise a acometer queremos que quede o mellor posible", apunta a concelleira nacionalista.

Pilar Branco argumenta que o proxecto contempla unha barreira de formigón para separar o tráfico rodado do peonil, de modo que o acceso ás propiedades non vai se é posible desde a estrada. Os veciños solicitan que se continúe o deseño das actuais beirarrúas ou similar, "tal e como vén facendo en todos os tramos da PO-551", indica Branco.

A iniciativa da portavoz do BNG, a comisión informativa de Medio Rural tratou esta moción de modo urxente e acordouse levala ao pleno municipal. "O PP presentará unha emenda relativa ás entradas das leiras, no sentido que só se acondicionarán as que teñan acceso desde a PO-551, de modo que contamos co voto favorable do grupo de goberno e con que a Xunta se aveña a suprimir esta barreira e a continuar as beirarrúas existentes", finaliza Pilar Branco.

mércores, 30 de outubro de 2013

Magoa que algúns só ollen as presuntas actitudes antidemocráticas no inimigo e pechen os ollos cos seus

«A necesidade de trocar tanto a estrutura como a cimentación motivan a variación. A obra volvera sacarse a concurso»
Como teño denunciado e criticado, no seu día adxudicouse en poxa pública o primeiro proxecto do Local Comunitario. Porén á hora de querer poñerse mans á obra, presuntamente o Concello non deu a licenza porque o volume edificable superaba as normas subsidiarias.

Foi entón cando o presidente facendo caso ao aparellador municipal «autor do proxecto», decidiron encargarlle un novo a unha arquitecta amiga do segundo, reducíndoo varios M2 e suprimindo o segundo edificio.

Até aquí todo ben. O malo foi cando o presidente obviando a legalidade, porque botábanselle enriba as eleccións municipais decidiu adxudicar directamente ese novo proxecto ao mesmo empresario, sabendo que había unha variación substancial no valor da obra e que, por si solo, non podía facer tal cousa.

Non fun quen de facelo recapacitar e moito menos despois de que na Asemblea Local do BNG, estivesen máis de acordo coa súa postura que coa miña. De feito nunca lles gustou que comentase as "súas fazañas". Algo que non acontecía cando si se criticaban actuacións de directivos doutras comunidades, coma por exemplo a de Caamaño. Aquí a vara de medir era distinta.

Agora ollando como actuou e actúa o Concello de Ribeira coa nova praza de abastos, ven a amosarme que non ía mal encamiñado nas miñas críticas. Como digo sempre, aínda que os meus estudos sexan primarios, tiven a inmensa fortuna de que o MESTRE a pesar de non ter título, tiña moita educación e uns valores por principio, ao que agradezo sinceramente que fose quen de transmitirmos.

Lamento sinceramente pola amizade que no unía que o comuneiro que interpelou ao presidente nesta asemblea, falecese antes de saber canto nos custou realmente o local- Conmigo iso non pasaría, porque os fondos comunitarios non son meus, nin do presidente..., son de tódolos comuneiros e comuneiras.


El Correo Gallego: O atraso do mercado de Ribeira "preocupa" aos case 30 praceiros

La Voz de Galicia: Manuel Ruiz:«Estou farto de ter que demostrar que son democrático»
A historia repítese. Esta primavera, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, aseguraba estar farto de ter que facer ver á sociedade que era un político honrado. As declaracións fixéronse no pleno de marzo ao ter presentado o BNG unha moción sobre transparencia e nunha época na que a corrupción parece ser unha epidemia...
Persoalmente non coñezo a Manuel Ruíz e considéroo máis que suficiente para defenderse asi mesmo. A miña única intención e que xulguen vostedes mesmos, á vista dos exemplos que expoño. Quen é o democrático e quen é o ...?

martes, 29 de outubro de 2013

O que estea libre de pecado que tire a primeira pedra

Profundando un pouco na entrada de onte, este artigo venme que nin pintado. Aínda estando de acordo coa crítica, non é bo demonizar só aos demais e santificar aos seus.

Terra e Tempo: Brutal expropiación dos nosos recursos naturais, do noso patrimonio económico

Vivimos tempos en que se agudiza dunha maneira brutal a expropiación dos nosos recursos económicos, financeiros e industriais. Ponse cruamente de manifesto o papel subordinado de Galiza, a nosa dura colonizacións –man de obra barata, materias primas e recursos financeiros- ao servizo das elites españolistas. Que ninguén se engane, estamos ante un problema estrutural e político histórico –este é o miolo da cuestión- agravado iso si, pola crise. Abruma o abrutado esquilmar das nosas riquezas nacionais. A entrega desforada que se fai das mesmas aos intereses foráneos, non ten precedente, na nosa historia mais recente. As consecuencias de tales accións sufrímolas todos, agás esa elite minoritaria galega e española, que en concordancia cos gobernantes, son tamén responsábeis de tal estado de cousas. Tamén o son da ruína do pais, que conta con recursos suficientes para que os galegos e galegas vivamos coa dignidade, coa que debe vivir unha persoa. Non contentos de mofarse con escarnio de todos nós queren converternos nun pobo mísero, minuírnos e sen futuro.

Novagalicia Banco é entregada apresuradamente a poderes foráneos, sen mais. Industrias importantes asentadas no pais, que teñen acaparado materias primas e suculentas subvención das institucións galegas - diñeiro de todos nós- son entregadas ou fechadas, cando non deslocalizadas. Ollemos. Alimentos Lácteos, proxecto estrela do goberno do PP (engule máis de 20 millóns de euros), T-Solar Global (mais de 60 millóns de euros), Pescanova recibe suculentas subvencións, amais de ter parte do poder financeiro do seu lado, para darlle créditos brandos. Os inventos de ultima hora, como as rechamantes fabricas de coches eléctricos (que tragan mais 20 millóns en subvencións). Fenosa retoma o seu pulo de someternos aos seus caprichos, así que acapara mais de 700 millóns, si 700 millóns de euros no período 2012-2015, ademais de saltarse a legalidade ao quedar libre de realizar obras de reforzo e adecuación das liñas,como establece o decreto 222/2008. Esta inversión que deberían ser pagadas pola empresa resulta que segundo o asinado polo goberno autonómico e a empresa, esta queda libre de tal actuacións. !Que latrocinio. Mentres minorías de empresarios corruptos acaparan recursos materias e financeiros de toda a sociedade galega co beneplácito dos actuais gobernantes, centos de miles de galegos, e pequenas e medianas empresas, sofren drásticos recortes e ben minorizados e arruinados os seus recurso de supervivencia.

Rexenerar, dar pasos, é tamén obrigar a eses empresarios que teñen recibidos subvencións ao tempo que liquidan as súas empresas, a que devolvan os cartos que se lles teñan entregado. Aos empresarios que se deslocalizan, é imperativo esixirlles a devolución das subvención. E que decir de esas de mais de 4.000 empresas que obteñen as nosas materias primas e que pagan impostos no estranxeiro, por un valor superior aos 1.000 Millón de euros. Desafoganse bancos e grandes empresas con cartos de todo nós, ao tempo que se afogan os servizo básicos para as persoas, ou a financiación para esas pequenas e medianas empresas que se estenden pola nosa xeografía. Afogase o noso sector produtivo. Néganse sistematicamente recursos aos sectores agrarios e pesqueiros. Mentres o sector financeiro apalancan mais de 55.000 millóns dos galegos e galega, resulta que os prestamos que ofrece son inferiores aos atrancados, perto de 53.000 millóns. Acaparan diñeiro pero non fan fluír os créditos. Que pretenden? Engordar o sector para drenar os nosos cartos cara o estranxeiro ou cara poderes financeiros claramente especulativos.

As decisións políticas son as que deciden poñer os cartos públicos en bancos que logo entregan a interese privados. Son as que mandan entregan os nosos depósitos financeiros a intereses alleos. Tamén, son as que se negan a devolver os cartos a eses empresarios galegos que inverteron en Novagalicia Banco. Falando deste tema, este días coñeciamos que tivo lugar un xuízo entre este sector de empresarios e o FROM, para dilucidar se o suízo se celebraba en Galiza, A Coruña, ou nesa metrópole avarenta e imperial como é Madrid. Curioso, non? Ao fin, semella que hai mais galegos que empeza a darse conta de que non é o mesmo resolver as cousas na Galiza ou noutro pais. Que non é o mesmo, onde estean localizados os poderes decisorios tanto da economía como da política. Que non da o mesmo que se decidan aquí as cousas ou non. Son as decisión políticas as que levan a ruína aos galegos e galegas. Son, en definitiva as primeiras que hai que mudar. Mais en Galiza mudar decisións políticas significa mudar partidos españolistas por partidos nacionalistas. A mundanza de poder entre partidos españois, non solucionara o verdadeiro problema de Galiza, a nosa falta de Soberanía. Ser soberanos é darlle solución aos nosos problemas. A solución é a soberanía nacional. Neste sentido dará o mesmo a gobernanza de PP, PSOE ou EU... «Tomeime a licenza de escribir un comentario, para engadirlle: ou BNG, non entendelo deste xeito é seguir arruinando aos galegos e galegas.

O noso pais é unha autentica mina en recursos naturais, así no lo mostra a nosa historia económica que esta chea de espolios constante, onde os foráneos, sempre en convivencias cos poderes políticos de turno
, obteñen suculentos benifícios da nosa patria, pondo as nosas economía, os nosos sectores produtivos, sempre a disposición dos seus intereses económicos, que para nada son os da sociedade galega. Falando de minas é bom lembremos, que temos os mellores depósito de seixo –patrimonio de Galiza- de Europa, material de grande valor pola súa utilizacións nos macroprocesadores ou paneis solares, nas mans do grupo Villar Mir. Racionalmente, alguén pode permitir que estas actividade empresarias, non tellan fortes cargas impositivas que redunden no beneficios dos galegos? Non nos dámos conta, de que esta é a mellor panca que que temos para o desenvolvemento de todos os galegos?. Combatamos con forza e decisión para que os nosos recursos naturais, que amais de ser patrimonio de Galiza, sirvan aos intereses desta patria.

Asumamos, dunha vez por todas, que Galiza é un negocio que produce grandes lucros para o imperio español. Como entender senón o trato que se no dá por parte da españolidade?. Así que, con absoluta certeza podemos a firmar que os balances fiscais, ao longo da nosa historia, en relación co estado español, son a todas luces favorábeis a Galiza. É decir que entregamos mais do que recibimos. Motivo da tiranización a que se sometes este pobo. Premisa demostrada, verificada, nunha contundente e precisa análise feita polo economista Xosé Diaz, Os fluxos fiscais entre Galiza e o Estado. Os nacionalistas debemos ter presente esta análise para a mellor comprensión do papel que cumpre Galiza neste estado español, e os economistas interesados no pais, amais de valorizalo deberían telo como premisas para futuros estudos sobre a nosa realidade económica. Pesquisar nesta liña é aportar sólidos e duradoiros, firmes, argumentos a necesidade de ter un poder político galego Soberano.

Mirando a historia deste pais, é fácil ver o asedio que se fixo e fai a nosa economía nas súas diferentes etapas históricas. E ver como se tronzan e frustran os nosos sectores produtivos, a nosa economía, cando adequiren certo desenvolvemento, xa que isto, ao parecer, faina perigosa para os intereses da españolidade. Na nosa proximidade temporal, temos a demolición do sistema lácteo galego (cargándose mais de 90.000 explotacións); a do naval (no ano 1976 empregaba a mais de 20.000 traballadores e representaba o 35% do conxunto do estado); o pesqueiro onde Pescanova a máis de marcar as pautas do sector cara os seus intereses e ser unha grande empresa, sucumbe. O forestal, onde Finsa orienta toda a política forestal en base os seus intereses. O peches nestes últimos anos de mais de 6.000 empresas.Todos arruinados hoxe, ou en proceso de extinción. Fronte a tal estado de cousas, só unha política nacionalista de choque frontal pode transformar a situación.

No pasado, os nosos florecentes sectores económicos relacionados coa produción vitivinícola e cárnica, ambas con amplos comercios na Inglaterra e Portugal, foron frustrado, impedidos de ter un desenvolvemento normal. A nosa florecente industria dos tecido con mercados en latinoamerica e con empresas que xa creaban importante cantidade de postos de traballo, ademais de un interesante progreso, frustanse, sucumben, estráganse, por decisión político- comercias do momento. Son decisións políticas, as que tamén impeden vender os nosos produtos ou as que deciden os impostos arancelarias intolerábeis que afectaban directamente ao noso comercio. O ataque a esta incipiente industria, a dos tecidos, por parte dunha competencia foránea apoiada por fortes institucións política, e sen institucións valedoras propias no pais, fixérona morrer. Con cadeas comerciais que se poñen na mans foráneas, por intereses de favorecer outros territorios, de negociante pouco escrupulosos e dependente ou comisionados polos comerciantes alleos. Unha das característica da nosa economía a longo da nosa historia, é de que os nosos sectores produtivos obedecen a deseños que teñen como finalidade enriquecer aos de fora a nosa costa, deste modo, a nosa economía estaría sempre baixo o caprichos dos intereses alleos. Arripozada e entupida. Produto de decisións políticas, favorecedoras de intereses económicos non galegos. A industria galegas non se apoia pensando no benestar dos galegos, senón pensando no papel de subordinación a industria española. As políticas que se fagan, son determinantes para a nosa economía. As institucións políticas, queirase ou non, son sempre fundamentais no proceso de desenvolvemento económico dun pais, hoxe quizais máis, por esa macroeconomia europeizada. Este avanzar globalizador da economía, fai que cada vez teñan mais importancia as decisións políticas tomadas en Galiza. O sector produtivo galego, así como o financeiro, ou teñen un claro resorte e apoio político do goberno galego, ou sucumbira, cousa que xa esta a pasar. A actuación dos poderes políticos galegos, esta obriga a estar próxima ao sector produtivo galego, ao sector empresaria galego, ou non estará cumprindo o seu papel de gobernanza, orientador e impulsor de políticas que redunden no beneficio dos galegos e galegas. Hai que crear un clima galego propicio para as empresas galegas e para a capacitación tecnolóxica dos galegos e galegas. Hai que tronzar esa política económica corto pracista, feita por intereses electorais e favorecedora das elites económicas, sustentada en subvencións, sen ter en conta a realidade das nosa economía ou dos nosos sectores produtivos. Esta é unha política herdeira da nosa colonización, do franquismo, e que como podemos ver, fracasa ano tras ano, e só nos leva a un destino final, a ruína. Bradar por un sistema financeiro galego, bradar pola nosa industria produtiva, é bradar polos galegos e galegas.

martes, 21 de maio de 2013

Aquí hai outro tipo de maltrato animal máis rádical!!!

Duns anos para acá é raro atopar cabalos con pexas no monte do Barbanza, ou polo menos a min non me coincide óllalos, e iso que practicamente téñoo pateado todo en diferentes épocas do ano. Porén si teño criticado as matanzas de lobos "oficiais" e "ilegais" e cabalos, que se cometeron na Serra contra estes animais. A miseria humana é tan degradante que incluso non ten inconveniente en matar por matar, vacas ou xatos que viven en liberdade, nuns casos para enchelo conxelador, xa pillaron a algúns, e noutros, porque presuntamente entráronlles ás propiedades.

Por San Xoán, atopeime con esta impresionante parella de bois mortos, que eran propiedade dun curmán. A causa da súa morte dubido moito que fose natural.


Tiña pensado ir a comprobalo, mais ao ollar ese canido que pola distancia non puiden identificar, non me decidín. El tampouco se moveu, a pesares de que seguramente a súa intención era enchelo bandullo. Como di o refrán o que ten cu, ten medo. No seu caso seguramente andaba «queimado polos escopeteiros».



Cabalo brutalmente asasinado en O Castrallón «Nebra».

Tampouco quero esquecerme do maltrato psicolóxico que sofren as aves rapaces do Barbanza ás que espolian o seu niño, por culpa do tráfico ilegal de ovos e crías.

Faro de Vigo: Os malos tratos de cabalos en Galicia obriga á UE a revisar a forma de identificalos
A Unión Europea solicita entre os seus Estados membros información sobre os métodos para identificar cabalos por mor das denuncias por malos tratos de equinos en Galicia interpostas por dúas organizacións e recollidas pola eurodeputada do BNG Ana Miranda nunha pregunta realizada á Comisión.

A UE, responde o comisario europeo de Saúde, Tonio Borg, analizará devanditos métodos para poder adoptar "medidas administrativas e, no seu caso, lexislativas", para "garantir unha mellor identificación" destes animais. Porque, engade, á Comisión non lle consta "que se produciu algún progreso coa mellora da situación dos cabalos que viven semisalvaxes en Galicia e coa súa identificación".

Na súa pregunta, Miranda lembra que, segundo a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber, o 80% da cabana equina segue sen identificar, o que dificulta o localizar aos culpables no caso dos malos tratos, o que xa denunciaron á Xunta, e no de accidentes de circulación. Miranda cre que "as liñas de axudas económicas para identificar aos cabalos" de Medio Rural "non parecen servir".