domingo, 28 de diciembre de 2014

O nunca visto, un «forasteiro» aldráxanos e rise de nós!!!

Nos anos que levamos constituídos como Comunidade, desde que en maio de 1979 os comuneiros e comuneiras nativos de Nebra recuperamos os NOSOS montes, ninguén ten constancia de que XAMAIS se deixase de celebrala Asemblea Xeral Ordinaria, que inescusablemente o presidente non ten o poder de cancelar, salvo se é un ditador ou como é o caso, militante do BNG.

Se menciono a súa militancia non descoñecida é porque moitos igual non lembran que fai anos desde o Concello, o seu grupo levou a concellería de Montes, e por iso me estraña que os seus compañeiros non lle digan nada.

Terá algo que ver isto con que nunhas eleccións presuntamente manifestoulle a un vogal e apoderado doutro partido, sentirse molesto, porque a pesar de, segundo el fixo pola parroquia, o seu partido non pasou dos 50 votos? (Sic).

Todo isto e dado o día retráeme á película: Los santos Inocentes.
Temas principais da historia:
A incultura xeneralizada nas partes baixas da sociedade da época?
A resignación dos membros das clases baixas ao aceptar a súa condición de inferiores, sendo considerados case como seres non humanos.

Nun casarío de Estremadura, nos anos 60, o sentido da propiedade dos señoritos esténdese tamén ás persoas. Na leira traballan e viven Paco e a súa dona Régula, xunto ao seu tres fillos, e ao irmán diminuído dela, Azarías.
Os propietarios acoden ao casarío de maneira esporádica, a pasar uns días de caza e asueto, e durante ese tempo a servidume é total. É unha orde establecida que parece que nunca cambiará.
Presuntamente á conta dos porcos, a Xunta estaría financiándonos con fondos públicos, mais aquí ninguén dá contas ou explicacións de nada.

Fai unhas semanas parece que a Xunta Reitora celebrou unha reunión á que non se invitou a tódolos vogais, comunicándolle aos invitados que antes de rematalo ano celebraríase a asemblea e presuntamente informóuselles tamén de que a comunidade estaba pouco menos que en números vermellos e que igual non podíamos facer fronte ao derradeiro pago dos porcos, polo que como responsables subsidiarios teríamos que poñer cartos do noso peto.

Algún vogal previsor xa anunciou que se se daba o caso borraríase como comuneiro, como se iso o salvase. Esta é a xente que nos goberna!!!

No seu día publiquei as imaxes desta corta e segundo me comentaron xa se efectuou esta rarea na Belga, polo que algo tería que haber na «buchaca».

A todo isto moitos temos dúbidas cos porcos, polo que nos preguntamos: son un «negocio» para alguén ou un «fiasco» para a comunidade?

E mentres se fai caixa coa madeira descoidase o legado do único presidente con visión de futuro, ao que por menos das que nos leva feito este, algúns quixérono apartar con unha moción de censura, ou xa o esquecemos?
Ao azar, fixen varias tomas do mal mantemento que se lle fixo no seu día a varios castiñeiros que podería dar ao traste con eles, xa que pode ser fonte de enfermidades e afectar ao resto. Mantemento que agora xa non se fai.
A Xunta Reitora desta Comunidade de Marín, leva o mesmo camiño que a nosa, non obstante eles aínda que tarde celebraron a súa asemblea anual ou ordinaria que como aquí coa primeira do Punto Limpo, por culpa do presidente acabou coma o rosario da aurora.
Asemblea frustrada polo boicot dun directivo

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Bos días Paco, non puidestes escoller mellor día e argumento, para describir a afronta deste individuo. Esta é a casta que gasta este impresentable, que logo vai de guai polos bares. Agardemos que en maio os veciños sexamos conscientes é hora de ir a votar, aínda que moitos agardamos botalo da comunidade moito antes.

Anónimo dijo...

Lo de ese tío y su partido no es casta, es pura caspa.
Criticaron al alcalde por celebrar los plenos cada dos meses, cuando saben que es legal y que incluso los podía celebrar cada tres y ahora se callan esto porque afecta a uno de los suyos. Para mi son tan culpables como el de que los vecinos de Nebra, no puedan reunirse por lo menos una vez al año.
Que lastima que al igual que en el bigobierno, no haya gente con un par de, como Torres y lo deje solo. Mientras no lo hagan son igual de cómplices y unas marionetas en sus manos.

Anónimo dijo...

Como comuneiro de unha comunidade de montes de Pontevedra e militante do BNG, alucino con todo o que denuncias, xa que este tipo de practicas é máis propia de xente da dereita, que antepón os seus intereses aos do pobo que din representar. Con esa actitude está dando pé a que todo o mundo diga que todos somos iguais, ao igual que pasa coa corrupción.
Síntome na obriga de dicir que non comparto o que vos pasa e que non tódolos militantes do BNG con responsabilidade en multitude de directivas de comunidades da Galiza son así.
Nembargantes é verdade que pode haber garavanzos negros que poden eclipsar, o traballo ben feito de outros.

Anónimo dijo...

Compañeiro Santi, si aprecias ao partido, acaba con esa farsa porque nos deixas quedar mal.