Mostrando entradas con la etiqueta Asemblea. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Asemblea. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de agosto de 2017

Tíñaas todas: manipulador trapalleiro e mentireiro!

O pasado mes de maios saíron á luz pública unhas denuncias da Unidad Central Operativa (U.C.O.) que vinculan a políticos do PP con amaños de contratos, estando en voga o efectuado contra a presidenta da Comunidade de Madrid: A UCO pide investigar a Cristina Cifuentes por prevaricación e suborno

O Instituto Armado e o xuíz Eloy Velasco investigan á actual presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, por suposta incompatibilidade na adxudicación do contrato da cafetería da Asemblea de Madrid.

Hai uns meses coincidín na carpa do posto de polbo á feira sita en San Lázaro co veciño Humberto, un dos comuneiros que o expresidente cita sibilinamente na acta que adxunto, como construtor e non como comuneiro que era (co fin de restarlle valor ás súas intervencións). Acta redactada incomprensiblemente por el, demos en falar do acontecido aquel 13 de maio de 2007, argumentándome que se ese día os comuneiros "apertasen" un pouco ao expresidente, exvicepresidente e extesoureiro veríanse obrigados a dimitir, polo que podería seguir eu de secretario. O que non sabía nin el nin eu, nin tódolos presentes era que xa tiñan amañado o contrato do local a pesar de que tal é como consta en actas anteriores expuxen publicamente as miñas dúbidas de non efectuarse unha nova poxa ao varialo proxecto na súa integridade.

As miña sospeitas fóronme confirmadas a través dun correo electrónico dirixido á ORGACCMM, mais o expresidente, primeiro ante os vogais e logo ante os comuneiros restoulle validez (curiosamente agora ocupa un "carguiño" na citada organización), conseguindo que algunhas comuneiras me acusasen de paralizar xa no ano 1994 a construción do local por estar en contra daquela Xunta Reitora (PP)e que agora tamén estaba en contra dos meus a pesar de militar no mesmo partido (BNG). Esa é clase de xente que non sabe distinguir a política dun dereito e da que tanto se aproveitan os políticos, sobre todo cando tocan o poder.

Este tipo de barullos foron aproveitados por esa xente para poñer aos comuneiros na miña contra valéndose da incomprensión dos dereitos que como comuneiros asísteos a reclamar información e documentos, que, no meu caso e no de outros por unha simple acta cobróusenos 5.000 Ptas.

Até onde chegan os meus coñecementos para ter dereito a unha subvención hai que solicitala antes de pórse mans á obra, neste caso á vista da foto que achego na cabeceira parece que se fixo todo do revés. Sería porque había presa de cara ás eleccións municipais que se botaban enriba ese ano?

Copia engadida ás 18:29
No ano 1994, a Xunta Reitora que "manexaba" por aquel entón a Comunidade, si que solicitara unha á Deputación, mais nunca fixeron o intento de comezar porque antes preferiron repartir os máis e 50 millóns e ao quedar sen cartos non puideron facer nada esa é a verdade e non que eu paralizara nada, porque non son xuíz nin político e aínda que o expresidente non o reflectise na acta, ese día volvéuseme a botar a culpa de todo. ¿Como se pode acusarme de paralizar algo que nin aquela xente, nin os que nos precederon comezaran?


domingo, 12 de junio de 2016

E SE ESA REUNIÓN (CLANDESTINA) FOI VERDADE? (3)

Debate que polas graves acusacións que se verteron na Asemblea Xeral do 31 de maio de 1992 que se menciona nesta triloxía non constan na acta, supoño que foi para que as persoas nomeadas non tivesen probas para defenderse, porque testemuñas seguro que non atopaban ningunha como me pasou a mín.

Tal é como teño manifestado isto foi gravado por un comuneiro, copia que me pasou xa que eu ao estar emigrado non puiden acudir.

5º Punto - Outras novas que poidan xurdir. Para ser unha nova que lles puidera xurdir a longa explicación do presidente di todo o contrario.

Presidente: Algún ten algunha idea, que non se falase aquí dela? Ten algunha idea algún? Se non tedes, vou dar eu unha información, que lle fai falta ao pobo.

Vogal F M: Quero contar eu unha, con respecto a ese millón e pico de ptas.

Presidente: Agora vouche a ensinar os documentos que achegou, o BBV a esta directiva, onde di: Solicitamos o estado de movementos, desde o primeiro momento, que se abriu a conta parroquial da Comunidade, até a hora presente. E entón levou por escrito esta solicitude, esixíuselle no seu día, de que "selasen" a entrada daquela solicitude. Así o fixeron, e dixeron. Eu estaba alí presente, con quen me encarguei de levar este tema, dixéronme: «Ben, pero vostede non crea, que llo imos a dar en 8 días, isto é cousa de 5 ó 6 meses, que antes non podemos. Porque non está soamente nos nosos arquivos, está no... de Madrid. Está no arquivo central de Madrid, e hai que "rebuscar" no arquivo central, e aquí nestoutro, para facer todas as operacións».

Díxenlle: Ben de acordo. Aquí aprobouse nunha Asemblea, porque o escrito mesmo o falamos á asemblea, do que se trataba, mostrouse a solicitude. E hai que obedecer á Asemblea, non é soamente hoxe. Eu aquí representante da parroquia de Nebra. Se non que a parroquia de Nebra é constituínte. Dixéronme: Pois non se preocupe, que non lle faltan.

Ben fun varias veces ao Son. Dicíanme: Aínda non..., aínda non..., aínda non..., aínda non». E dispuxemos o día 8 ó 9 deste mes que estamos, que se termina hoxe. En ir unha comisión de homes aquí, que foi dous vogais e máis eu, ao BBV, a ver que nos propoñían a estes fins. E entón chegamos alí. Está por aí Maneiro.

Chegamos alí, e díxonos: «Aquí está a documentación, o que non está é "xestionada" para que vostedes a entendan, tal cal a mandou Madrid, e se lla remitimos así non a entenden. Temos que clarificala aquí no BBV, responsabilizarnos nós do que facemos para dárvola a vós».

Díxenlle: Ben de acordo. E entón, o que entregou o BBV, foi isto, estes papeis que hai aquí, e máis, estoutros "pouquiños" que hai aquí.

Estes "pouquiños" que hai aquí, é unha conta da que eu, quero dar facilidades ao pobo, que colla acompañado a mín, xa que estes papeis, non llos podo dar a ninguén, son o responsable deles. Agora eu quero convidar, ás persoas que manexen un pouco os números, acompañados de min, un día que sexa, que pode un domingo, ou un sábado, ou un venres. Vide tamén aquí, todos os que queiran, e facemos números, e sacamos os resultados.

Eu teño aquí uns resultados, particularmente meus sacados, que son exactos! O resultado que ai nestes papeis, que eu saquei, son números exactos, totalmente exactos do que hai aquí. Pero non é miña a obrigación, de eu á parroquia, enfrontarme como contable, esa non é a miña obrigación.

Eu, o Presidente da Mancomunidade de Montes é para expor á parroquia temas, recoller da parroquia temas etc. Pero levar estado de contabilidade, non. Porque unha, non son especialista no tema, e outra porque non é o cargo, que compete á miña obrigación. E entón, eu como curioso, e como veciño, eu fixen uns resultados, que me deron uns puntos positivos, pero positivos. Agora, vós estades dispostos? Domingo a persoa que queira, para pór mesmo en público.

Eu estou disposto, a vir aquí o domingo cuns cuantos homes, medio día, menos de medio día, entre uns cantos homes facémolo, e sacamos uns cantos resultados positivos e pómolos en público, para que todo o mundo saiba, por onde vai o "tiro". Eu agora, podería abrirme a darvos un resultado meu particular sacado, pero xamais!

Eu son unha persoa que digo, responsables destes feitos para que informedes, non? Non comparto responsabilidade de feitos para informar, ese é o meu dereito.

F M: Pero iso pódese facer facilmente?

Presidente: Totalmente, facilmente, ademais se saísen mal as operacións, entón eu, había de ir a vós..., á totalidade, a vós, e diríavos non. Nós estamos a sacar números erróneos, números positivos, están aquí. E entón estou disposto, se queredes domingo. Domingo, aquí mirar, mirar unha cousa, vouvos a ser un pouquiño máis amplo, sen abrirvos a totalidade, do meu documento.

A min gústame basearme en lóxicas, este é un documento, dun Censor Xurado de Contas..., dun Censor Xurado de Contas, que non é un papel corrente. Un papel de banco, un papel timbrado, un papel responsable, un papel selado polos censores e máis polo Xuíz.É un papel con garantía, un papel para presentar no Tribunal Supremo, e en todos os puntos xudiciais que estea autorizado, para decatarse do que sexa. Entón aquí, vouvos a dar un apartado, deste Censor Xurado, onde é este apartado, falou disto.

Non vos vou a ler todo, que non fai falta, váisevos a ler todo, no día que faga falta, pero non fai falta. Os conceptos, que se detallan no devandito estado, sendo os pagos realizados durante o mesmo período de 10,884.538 pts, detallando... Entender! ...gastos presentados na Directiva anterior! Nós podemos presentar os nosos gastos da Directiva actual, pero non na anterior. Son 10,884.538 ptas., se queredes un bolígrafo, para levar notas, podedes collelo, non hai problema.

F M: De gastos?

Presidente: De gastos, investimento, que se fixo, agora tomar ben nota, hei! 10.884.538 ptas., Este é un escrito que fixo, dous censores xurados de contas. E abaixo di, como consecuencia do expresado movemento de fondo, resulta un superávit. Porqué claro, cando quedan máis millóns dos que se gastaron, hai un superávit..., ou sexa que hai un superávit. E o superávit en período de 21,137.385 ptas., son dos gastos dos 10,000.000.

E entón, que é un superávit, que figuraban a favor da Comunidade, no BBV, en senllas contas. Porque esta é unha conta e esta é a outra conta. Que figuraban a favor da Comunidade no BBV, en senllas contas cos números 137.2 e 52.436, na sucursal do devandito banco, en Porto do Son, cuxo saldo final, é o que detalla, o anexo número 1.

Agora esperar un pouco! Aquí subliña o señor, os señores xurados de contas. O que non nos parece de recibo son as partidas seguintes, 1,800.000 ptas., 225.000 ptas., e 235.000 ptas., que só teñen como soporte os orzamentos económicos formulados, polos realizadores das obras. Nin tampouco as partidas de, 200.000 e 556.000, cuxos pagos se pretenden xustificar, cunhas simples notas sen firma.

F M: Pero houbo partidas de 200.000 ptas.?

Presidente: Todo isto..., todo isto..., todo isto son notas, dun señor Censor Xurado de Contas, para eles certificar isto. Non certifican, se non tiñan idea. O recibiu todo isto, sen xustificación algunha.

F M: Pero duascentas e pico de mil ptas., aparece sen firma...?

Presidente: Non, non, pero mira... Mira, sen xustificar, diñeiro se xustificar. Paco e máis todos, diñeiro sen xustificar, sen xustificación ningunha son, 1,800.000. Sen xustificar hai 1,800.000, que non se sabe delas, 225.000, que non se sabe delas, 235.000, que non se sabe delas, 200.000, que non se sabe delas, e 556.000 que non se sabe nada. Así certifícano os censores xurados de contas.

- Nota: Eses datos están extraídos da documentación que achego, que foi entregada polos anteriores xestores cando resultou elixido este presidente, e que colleu quen quixo. Dado que ningún dos presentes dixo nada, está claro que non lle interesou ter "papeliños".

Agora vouvos a dicir un pouco en claro. Ter un pouco de orde! Despois hai, en canto houbo esta conta. Houbo un gasto desta conta "un debe". Porque os bancos teñen o "debe" e o "haber. O "debe" é o que se paga, e o "haber é o que queda. No tempo desta conta houbo de gastos, 5,324.764 ptas.

E agora estes son traballos feitos por min para que se xustifiquen, hei, coidado! Agora de momento, non vos vou a dicir as diferenzas, vouvos a dicir datas e iso di desde o 7-4-80 ao 17-9-91, desde o 17 de Abril de ano 1980 ao 17 de Setembro do ano pasado, que nós saímos. Esta directiva, saíu elixida o día 10 de Agosto.

F M: Dez anos, máis ou menos.

Presidente: Dez anos máis ou menos. Non vos digo a totalidade do capital, por que non volo debo dicir, para que vós non digades, responsabilízase do capital que se xuntou, nesa directiva? Eu informo por exemplo sobre uns números e entón din: Veliña dixo que houbo isto. Eu quero facer ver..., eu quero facer ver, que así son as cousas. E entón houbo, desde 17-4-80 ao 17-9-91. Porqué desde o 88, non houbo ningún "debe" porque non houbo movementos de execución de obras, nin doutras cousas. E entón desde o 7-4-80 ao 14-9-91, porque recibimos as contas até o día... hai un gasto de 33 MILLÓNS!!!

F M: Gastos?

Presidente: Si, non te asustes. Un gasto. Un "debe" do banco. Hai un "debe" do banco, unha responsabilidade do banco que di o cliente sacou do banco. "O CLIENTE SACOU TRINTA E TRES MILLÓNS OITOCENTAS NOVENTA MIL TRESCENTAS TRECE PTAS."!!!

Así que mirar, aquí hai persoas, que ao meu me consta, no medio deste grupo, que manexan bastante ben os números. Eu quero con eles facer compañía e quero sacar uns resumos, uns extractos reais do que o banco, responsabilízasenos ante a parroquia. Segundo a solicitude que nós fixemos. Eles remitiron todo o que pedimos, hai constancia disto. Agora en parte díxenvos, o que o banco xustifica que foi renovado, agora sobre números á parroquia.

Eu fixen varios números, e nalgúns xa vin erros, e repetinos, ata que saíron. Pero agora os números exactos, de ingresos totais foron. Eu en primeiro lugar, crin que eran 60,000.000, os meus números ían dando e até repetín. Non é verdade, porque eu repetín varias veces porque eu tiña equivocacións nisto, con isto. E entón eu sumaba o gasto total de aquí co gasto total de alí, pero esta conta pechada "cona" e pechouse xustamente no mesmo ingreso que se fixo cando se abriu. E entón, aquí non había nada "cona" e sumaba. Eu sumaba isto. Eu sumaba mal, eu antes de falar convosco, eu sumaba "cona". Pero volvín outra vez a facer, e non sumei. E entón os gastos, os ingresos totais..., os ingresos totais, imos ver...

Os ingresos totais desde o 7-4-80 até o 17-9-91. Os ingresos totais que houbo, en movementos de bancos, se houbo máis ou menos, eu non o se, pero en movementos de bancos, xustifica o BBV que houbo, 65.491.695.

Así que mirar, eu agora non retrocedo a estas explicacións que vos quero ter ao día delas porque sodes comuneiros como eu. A estas explicacións que vos dei, que vos acompañen a todas estas persoas que manexan os números. Eu tampouco os manexo moi ben, pero como aquí non hai máis que sumas e restas, e están bastante fáciles que se coñecen, e como o banco pronúnciase coas claves.

Porque o banco ten claves cos movementos e entón polas claves saen. Os bancos ou as contas veñen por tal sitio ou por tal sitio. Pero se os outros saben a clave agora a suma e réstaa, pois nas columnas, atópanse o "debe" ou o "haber", e iso é máis fácil. Pero as claves, é máis difícil! Eu coñezo as claves por exemplo, deste movemento do BBV, e ao coñecelas, explico como ou onde foi parar o tema. Pero esta é unha operación que a xente da parroquia de Nebra, que sexa humilde, obrigatoriamente sexa curiosa, non avariciosa.

Aquí estou á beira de todos vós, para acompañarvos, para que todo o mundo, quede totalmente desenganado. E se se quere, que en público se poña, despois de ser, "rexistrado por nós". Se é que se pon en público ponse. Se non se quere, que se poña en público, os interesados sábeno.

Dirixíndose a F M: Quedamos para o Domingo?

F M: E todas esas persoas?

Presidente: Que veñan por aí, aquí as portas, Deus quixérao mellor que se lle pechasen á parroquia. Non se lle pechan a ninguén.

F M: Non se pode falar, nin gritar, nin nada. Hai que estar atento a isto.

Presidente: Atento a isto. Se neses momentos se queremos vir teñamos o "pico" pechado e cos "miolos" abertos. Porque se vimos, co "miolo" pechado e coa lingua aberta, non imos facer nada. Así que mirar, aínda non terminamos temos cousas de que informar. Aquí hai outro tema, que o debemos de escoitar todos, porque todo isto é dependencia da parroquia.

Presidente á secretaria: A que hora, vimos, os que queiran vir? Queremos xuntarnos á xente. A que hora vos parece ben xuntarnos á xente? Ás 6 da tarde, ás 5?

Pois ás 5 da tarde. O que queira vir, e o que non. Chegamos aquí e facemos números.

Esa reunión informativa era para celebrala o 7 de xuño. A pregunta do millón é por que XAMAIS a convocou e todo quedou nesa verborrea barata?

Se o cliente (lease ex-directivos denunciados) sacaron eses 33.890.313 de ptas., sen control, por que na Audiencia ou os Censores Xurados non detectaron esa anomalía e si ese demandante, porque os outros parece que non sabían nada porque nin a boca abriron?

Se comencei coa ameaza que lles transmitiu sobre a reunión co xuíz, todo isto cheirarme a can, porque despois de esta reunión, non se soubo máis da querela!!!

domingo, 5 de junio de 2016

E SE ESA REUNIÓN (CLANDESTINA) FOI VERDADE? (2)

Está ben claro que nesa reunión tanto a tódolos reunidos como ao vogal que exclamou: Aquí o problema más grande que hai, son os gastos do Xulgado. Eses cartos do Xulgado son cartos extraviados e tirados!!!, esquecéuselles que con anterioridade varios comuneiros presentaran unha querela contra outros directivos, entre os que se encontraba este presidente e varios vogais e a aquela xente XAMAIS lles escoitei que tivesen reunións co xuíz que levaba aquela querela que non sabemos como acabou

A dicir a verdade beneficiáronse da ignorancia da xente e a secretaria o único que tivo que facer foi manipular esta acta e poñer aos comuneiros como xuíces, algo inaudito.
Feita a trampa, tiveron a escusa perfecta para cobralos gastos que quixeron, nalgúns casos inchados e falsificando facturas. Terá algo que ver que por iso non deixaron na comunidade a documentación que segundo indican nalgunhas actas procuraron e polo que cobraron RELIXIOSAMENTE dietas, xa como directivos e estes xustificantes, sen haber unha condena expresa no xulgado como seria o normal?

Salvo nun caso que un querelante se retirou antes, os restantes foron a medias, porén alguén fíxose as "botas", porque non puxo ren e aínda gañou cartos. Algo inaudito!!!
Como se pode ler nesta acta da reunión celebrada o 31 de maio de 1992, á que non acudín por estar emigrado, dáse lectura á miña renuncia por non atuaralas falsidades e insidias que vertía esa xente na miña contra xa que nas actas escribían todo o que fose con tal de prexudicarme coa convivencia da xente que acudía ás reunións.

A pregunta é por que a pesar do que reflicte nos recadros sinalados, non se tomaron as medidas oportunas para recuperar ese presunto diñeiro que faltaba á comunidade, que segundo a acusación feita ese día non eran reais precisamente?

Mais iso é cousa a desvelar no 3º capitulo, porque aínda non estando presente na reunión, pasáronme a gravación. A verdade é para alucinar sen fumar nada.

martes, 31 de mayo de 2016

E SE ESA REUNIÓN (CLANDESTINA) FOI VERDADE? (1)

El juez Castro dice que un abogado de la Infanta le propuso una reunión «clandestina» antes de imputarla
La Fiscalía ve "inútil" la reunión clandestina entre el abogado de la Infanta y el juez del caso Nóos
Por suposto que co titular non me estou a referir a estas que ligo, se non á que saíu a relucir nesta «verborrea» que se montaron o 8 de maio de 1994 os que nesa época «mangonearon» a Comunidade como se fose o seu "CORTIGO".

Ese día menos un debate foi unha exaltación de poder e un ataque acía miña persoa, poñendo o presidente verbas que XAMAIS saíron da miña boca e que logo non foi como lles dixo aos vogais. Porén convenceunos porque non se escoita a ninguén que saíse na miña defensa. Eu non podía intervir porque terían unha boa desculpa para expulsarme.
44:54.- Intervención dun vogal: Bueno, aquí o problema más grande que hai, son os gastos do Xulgado. Eses cartos do Xulgado son cartos extraviados e tirados.

Presidente: Mira Humberto, falamos... xa falamos co sr. xuez e co sr. letrado e as contestacións que houbo ao respecto foron as seguintes... porque nós apuramos... Se nós defraudamos ou fixemos algunha mala xestión, a nós castigarnos para nós dar a quen lle gastamos os seus cartos.

E el díxonos: -Tienen ustedes a Francisco Calo García, nós podémolo facer, pero primeiramente ustedes teñen uns estatutos reguladores e aplíquenlle ustedes Ley. Si ese señor a ustedes non vos obedece, tráiganmelo aquí, que entonces al amparo de que no obedezca, tomaré medidas yo. (sic).


Que nada de esa velada ameaza conste en acta é significativo, é como se pode ver no marxe foi aprobada coa sinatura dos vogais.
Moita xente seguro que aínda lembra cando se convocaban manifestacións diante do negocio dun ex-presidente ao que este presidente na compaña de outros comuneiros plantaran unha demanda acusándoo de desfalco, algo non probado no Xulgado, ou polo menos non existe unha sentenza probatoria a pesar de estes estraños xustificantes.

viernes, 13 de mayo de 2016

Nove anos despois a verdade de porque estorbaba!!!


En primeiro termo a única acta existente dunha poxa de obras efectuada na comunidade. A primeira que houbo en teoría foi a do cemiterio e non só non se levantou nada, se non que non aparecen os presupostos presentados, en teoría dous.

Sen embargo aí recollese o que aconteceu xunto cos presupostos presentados ese día. Unha semana despois os contratistas requiridos presentaron o resto da documentación e se non hai acta, foi porque ese día xunto co vicepresidente tivemos que ir a Santiago recollelo coche e demorarannos máis do agardado.

Cando un é transparente usa tódalas formas, e iso foi o que fixen eu, mais outros tiveron máis éxito enganando á xente. Documentación da única poxa legal que houbo do local.

O titular da entrada é moi clarificador, porque en abril de 2007 sendo aínda o secretario non tiven constancia de eses dou documentos, de aí que non apareza a miña sinatura, e si a do "representante", cando segundo os Estatutos as certificacións deben ser asinadas polo secretario co visto e prace do presidente. Na acta de non inicio é significativo que alguén escribise a bolígrafo: está iniciado o desmonte para inicio da obra.

Coas presas que tiña o expresidente por verse libre de min, sabendo que non encontrou ninguén con suficiente bemois «verbas súas», para ocupalo meu cargo non lle importou incorrer noutra ilegalidade máis como foi autoproclamarse secretario, de aí que fose el o que levantase a acta, e tan seguro estaba que os comuneiros e comuneiras comían da súa man e que o malo da película era o "Martelo" que até non só nos mentiu a todos na Asemblea, se non que o plasmou nela. E aquel día resultoulle.

Agora botarlle unha ollada ao recollido na acta, disimulando as queixas argumentadas de 2 comuneiros aducindo que eran construtores e polo tanto interesados, cando sabía que solo unse presentara á primeira poxa, día da Asemblea e que día os 3 directivos e o construtor asinaron o contrato do local. Documento do que teño constancia NOVE anos despois. Ei carballeira, cada pobo ten o goberno que se merece!!!








martes, 3 de mayo de 2016

Outros tipos de acoso

As actitudes do acoso son: palabras, miradas, insinuacións, mentiras, difamacións, ameazas, etc.

O acosador tenta impor a súa vontade, de forma continuada, progresiva e tamén desde unha situación de autoridade.

Onte foi o día do acoso escolar mais hai eses outros tipos de acoso, e no seo da Comunidade de Montes xente que xa non está entre nós, un veciño e máis eu sufrímolos non só por xente que no seu día estivo ao fronte da comunidade, se non por moitos comuneiros e comuneiras que lles dicían a todo Amén.

A min uns e outros atacáronme, primeiro en 2 lexislaturas por militar no BNG, por xente que militaba ou era afín ao PP, sen que pola miña parte tivese o apoio de ningún dos ex-compañeiros. «Houbo unha terceira na que esa mesma xente co visto e prace de quen non se quixo mollar» sabotaron unhas eleccións ás que me presentaba para ocupar unha dimisión cando o presidente era o finado de tio José do Patrón.

Nesa ocasión non puido ser, mais para a miña desgraza en maio de 2005, máis pola perda de confianza dos ex-directivos que perderon as eleccións, si que obtiven o beneplácito da asemblea, para ser o secretario.

Ratifico o da desgraza, porque non esperaba os desplantes do ex-compañeiro de partido e ex-presidente que valéndose do apoio dos restantes ex-directivos e ex-vogais «púxose a facer cousas polas bravas» coa miña oposición, sempre baseadas na Lei de Montes e nos Estatutos da Comunidade e non por capricho meu, como me acusaban.

O primeiro acoso sufrino nos anos 90, xunto cun grupo crítico que formamos 3 comuneiros, onde se nos culpou da redución da ampliación do cemiterio, cando o primeiro que dixo que alí non collían os panteóns que se pretendían facer fora o aparellador municipal. Afirmo isto con rotundidade en base ao resumo desta acta que ninguén tivo interese en comprobar. Mellor era culpar a 3 cabezas de turco.

Extracto da acta do 7 de marzo de 1993: En éste mismo punto entra también el tema del cementerio. Donde el Sr. presidente presenta un plano y proyecto del cementerio de como quedarían tales obras una vez hechas en caso de que los comuneros presentes las aprobaran. Después de tener los esquemas de las obras puestas en el encerado, el Sr. presidente pide al aparejador del Ayuntamiento de Porto do Son, si hacía el favor de explicarle a los comuneros presentes de como quedarían tales obras una vez terminadas y al mismo tiempo pide que le explique qué capacidad tendrían.

En estos momentos interviene el Sr. aparejador explicando cómo quedarían las obras y que capacidad tendrían las mismas. Los comuneros dicen que quieren un panteón para cada comunero, pero el aparejador dice que la capacidad que tiene el terreno que solo se pueden hacer ciento cinco y con reforma que lo máximo que se podían hacer que eran veinte más, que sumarían un total de ciento veinticinco.

Después de que los comuneros escucharan todas estas palabras del aparejador dicen: que no lo aprueban por no tener capacidad suficiente para toda la parroquia ya que, como mínimo de capacidad necesaria tenía que ser de trescientos panteones. En estos momentos queda desaprobado por todos los presentes.

Coido que queda ben claro que fomos tódolos presentes (65 moitos dos cales aínda están entre nós).

Extracto da acta do 19 de abril de 1994: sen quórum tratouse o mesmo tema: Segundo punto del orden del día. Donde se trata de presentar unos terrenos para cementerio y votación de los mismos.

Los terrenos que se presentan son los siguientes: Monte de Criñón, Monte do Costado, y en estos momentos Humberto Piñeiro Romero vocal y comunero y al mismo tiempo contratista de profesión, presenta un plano donde dice que en el mismo cementerio que tenemos con panteones que se pueden construir 239, que sumados a los que actualmente se encuentran construidos, sumarian un total de 303 y con posibilidades de construir 35 más. Después de todos cuantos estaban presentes escuchar todo esto que se acaba de explicar dice el presidente: ahora deben ser los comuneros quien deben de decidir y dice: se somete a votación para que quede bien claro donde se debe hacer el cementerio. Los votos de los presentes todos fueron para hacer a continuación de los que hay hechos. El Sr. presidente vuelve a preguntar si están de acuerdo todos y dicen todos que si y al mismo tiempo queda aprobado por todos los presentes de hacer todas cuantas obras pertenezcan a la urbanización del cementerio.

Quen queira saber quen presentou ese plano rectificado, que pida copia da citada acta. Engadir que nesta asemblea non houbo quórum xa que só estabamos presentes 55 asistentes. Agora botade contas.

Nesta mesma acta pódese ler: Quinto ruegos y preguntas: En este punto se dirigen al Sr. presidente dos de los vocales de esta comunidad José Pouso Saavedra y Humberto Piñeiro Romero, pidiéndole al Sr. presidente que en la próxima asamblea general, que conste en el orden del día la propuesta de terrenos para la construcción de un local parroquial.

Se sinalo este tema é porque as acusacións non pararon aí, se non que proseguiron coa construción do local. Aquí a acusación foi máis embocada contra  min acusándome de paralizala súa construción cando ningunha xunta reitora tentou poñela primeira pedra, e o máximo que fixeron algún foi gastalos cartos no cartel no que agora apenas se visualiza o plano.

Cando fun «invitado o 13 de maio de 2007 a abandonala secretaría polo ex-presidente e ex-compañeiro no BNG foi por culpa de querer pararlle os pes» por negarse a acatalos estatutos e adxudicar directamente o segundo proxecto do local que nada tiña que ver co aprobado con anterioridade «con tódalas da lei». Debo engadir que para facer iso contou coa maioría da ex-xunta reitora. Polo tanto cada un é recen das súas accións as miñas foron ben claras.

A miña posición ese día non foi ben entendida por moitos e especialmente por unha comuneira «dona dun deses  vogais» que me acusou directamente dicindo: «Este non só lle paralizou a outros a construción do local se non que quérello paralizar a estes».

Pois ben «ese día o ex-presidente non só se librou de min, se non que lle faltou ao respecto a tódolos presentes e incluso lles mentiu a sabendas, algo que salvo @s vogais, sabían o resto de ex-directivos e ningún dos dous ousou desmentilo. Hai un documento que corrobora todo isto, así como unha certificación que aínda sendo eu o secretario asinou alguén por min, sen que eu até hoxe tivese coñecemento.


martes, 19 de abril de 2016

A importancia das reunións previas ás asembleas!!!

É unha magoa que os comuneiros e comuneiras non aproveiten estas reunións que non son un mero capricho do secretario de quen que non teñen nada que agochar e que está recollido no Decreto da Lei de Montes.

Artigo 41.- ... A dita convocatoria sinalará o lugar onde cada veciño comuneiro poderá examinala documentación dos asuntos que figuran na orde do día.

Que significa isto? Que os comuneiros poidan ver sen presas nin aglomeracións toda a información que se vai expor na asemblea e aproveitando que hai impresora pedilas copias que consideren oportuna.

Ningún secretario actuou con esta CLARIDADE e TRANSPARENCIA, até o ano 2005 no que ocupei dito cargo, cousa que fixen durante os 2 anos que "aguantei" os desplantes dos ex-reitores e moi especialmente do ex-presidente. Tal vez debido a esa novidade acudiu menos xente da agardada.

Unha vez libre de min aboliron dito imperativo e a información brillou pola súa ausencia. De non producirse esa "parada" agora a xente estaría máis concienciada e acudiría por conciencia, porque non é normal que de máis de 250 comuneiros, que compoñemos a comunidade ningún queira perder 1/2 hora para poñerse ao día.

lunes, 14 de marzo de 2016

Facendo amigos co monte das comuneiras e comuneiros

Na reunión da Mancomunidade de Montes Serra do Barbanza do pasado 5 de marzo, veuse claramente que o noso ex-presidente non accedeu ao cargo para defendelos nosos intereses, á vista de como lle molestou que a nova xunta reitora validase a súa nefasta xestión cando no seu día a cambio de nada cedeu 300 Has. do NOSO MONTE a unha nova asociación de gandeiros sen pasalo pola Asemblea Xeral, botándolle a culpa á xente do Distrito IV que non estaban presentes para poder desmentilo.

Como era a primeira vez que acudía a unha asemblea despois de que deixase o cargo de secretario por non aceptar as súas cacicadas, apetecíame comprobar por min mesmo se dirixía a reunión como as facía aquí. É á vista de como se desenrolou todo a partir dun punto, poucas diferencias lle vin, só que algúns representantes das outras comunidades teñen máis táboas que algunha xente da parroquia. Con todo iso non comprendo como aínda non lle pediron a dimisión, xa que agora non deixa de ser máis que un comuneiro raso.

Non era a miña intención tomala palabra xa que Nebra estaba representada polo presidente e o secretario e tamén descoñecía que acordaran só intervir un representante pola comunidade. Con todo iso, segundo ía escoitando as intervencións funme quedando con pequenos cousas, como que noutras comunidades a Xunta non autoriza cortas sen estar aprobadas antes nas súas asembleas, mentres aquí cortouse sen aprobalas e comunicadas, e, como me lembrou un comuneiro, de unha non deron as contas.

O colmen chegou cando o actual presidente da Comunidade de Nebra lles esixiu unha desculpa aos que o acusaron de, segundo el sen fundamento (créollo), nunha reunión na Consellería estar en contra dos peches e entre ese tirapuxa, estoupei dicindo: «como ía estar en contra se na primeira asemblea que convocou o que fixo foi legalizalo que ás nosas costas aprobara o ex-presidente?»

Iso foi algo que lle molestou e a outra foi que os gandeiros, sabedores que tiñan o peche ilegal, levaban a falar con el 2 anos para que o presentara á asemblea e non estar nun "limbo". Aí foi cando soltou que non lle gustaban as compartidas que se lle propuxeron (e aceptaron) pola cesión, aducindo que el era partidario de cederllo "gratis", e que se non se aprobara foi porque non o levara á asemblea. Magoa que cando acudiu na que se se debateron e se aprobou a cesión non tomase a palabra para que tódolos presentes escoitasen e soubesen como pensaba, a ver se por unha vez algúns caian da burra.

Despois de todo isto e moito máis que alí non viña a conto (entendo porque o tesoureiro renunciou ir, e iso que só foi a unha e xa lle chegou), pola miña parte tampouco penso repetir, mentres non haxa unha remoción seria e saber cantas comunidades estamos adscritas. Ese día fixo un baile de cifras que non coincide coas que dixo na Pobra, argumentando que representaba a 10 ou 12 comunidades. Iso non é serio. En marzo do 2015 actualizaron o censo e debería saber cantas Comunidades están ao abeiro da Mancomunidade de MVMC Serra do Barbanza.

Catro comunidades de montes abandonaron Serra do Barbanza: (04/2013) «O presidente de Serra do Barbanza, Santiago Suárez, sinalou que esta especie de decepción existente coa mancomunidade ten bastante que ver co feito de que a Xunta non apoie este tipo de entidades nin os proxectos que abandeiran».
A culpa ninguén a quere, e sempre será dos demais.


O 6 de xullo de 2014, o citado peche xa estaba levantado e con animais dentro.
O 5 de outubro de 2014, inmortalicei con varias fotos esta corta nos lindes con Noal.
O 6 de xaneiro de 2015, descubrín que Fenosa á vista da madeira cortada presuntamente ampliou a franxa de ocupación do paso de esta liña, sen que houbese explicacións.  
Estas foron tomadas o 10 de xaneiro de 2015, na zona de A Belga, onde se efectuou a última corta e rarea.