Amosando publicacións coa etiqueta Cortas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cortas. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de marzo de 2016

Facendo amigos co monte das comuneiras e comuneiros

Na reunión da Mancomunidade de Montes Serra do Barbanza do pasado 5 de marzo, veuse claramente que o noso ex-presidente non accedeu ao cargo para defendelos nosos intereses, á vista de como lle molestou que a nova xunta reitora validase a súa nefasta xestión cando no seu día a cambio de nada cedeu 300 Has. do NOSO MONTE a unha nova asociación de gandeiros sen pasalo pola Asemblea Xeral, botándolle a culpa á xente do Distrito IV que non estaban presentes para poder desmentilo.

Como era a primeira vez que acudía a unha asemblea despois de que deixase o cargo de secretario por non aceptar as súas cacicadas, apetecíame comprobar por min mesmo se dirixía a reunión como as facía aquí. É á vista de como se desenrolou todo a partir dun punto, poucas diferencias lle vin, só que algúns representantes das outras comunidades teñen máis táboas que algunha xente da parroquia. Con todo iso non comprendo como aínda non lle pediron a dimisión, xa que agora non deixa de ser máis que un comuneiro raso.

Non era a miña intención tomala palabra xa que Nebra estaba representada polo presidente e o secretario e tamén descoñecía que acordaran só intervir un representante pola comunidade. Con todo iso, segundo ía escoitando as intervencións funme quedando con pequenos cousas, como que noutras comunidades a Xunta non autoriza cortas sen estar aprobadas antes nas súas asembleas, mentres aquí cortouse sen aprobalas e comunicadas, e, como me lembrou un comuneiro, de unha non deron as contas.

O colmen chegou cando o actual presidente da Comunidade de Nebra lles esixiu unha desculpa aos que o acusaron de, segundo el sen fundamento (créollo), nunha reunión na Consellería estar en contra dos peches e entre ese tirapuxa, estoupei dicindo: «como ía estar en contra se na primeira asemblea que convocou o que fixo foi legalizalo que ás nosas costas aprobara o ex-presidente?»

Iso foi algo que lle molestou e a outra foi que os gandeiros, sabedores que tiñan o peche ilegal, levaban a falar con el 2 anos para que o presentara á asemblea e non estar nun "limbo". Aí foi cando soltou que non lle gustaban as compartidas que se lle propuxeron (e aceptaron) pola cesión, aducindo que el era partidario de cederllo "gratis", e que se non se aprobara foi porque non o levara á asemblea. Magoa que cando acudiu na que se se debateron e se aprobou a cesión non tomase a palabra para que tódolos presentes escoitasen e soubesen como pensaba, a ver se por unha vez algúns caian da burra.

Despois de todo isto e moito máis que alí non viña a conto (entendo porque o tesoureiro renunciou ir, e iso que só foi a unha e xa lle chegou), pola miña parte tampouco penso repetir, mentres non haxa unha remoción seria e saber cantas comunidades estamos adscritas. Ese día fixo un baile de cifras que non coincide coas que dixo na Pobra, argumentando que representaba a 10 ou 12 comunidades. Iso non é serio. En marzo do 2015 actualizaron o censo e debería saber cantas Comunidades están ao abeiro da Mancomunidade de MVMC Serra do Barbanza.

Catro comunidades de montes abandonaron Serra do Barbanza: (04/2013) «O presidente de Serra do Barbanza, Santiago Suárez, sinalou que esta especie de decepción existente coa mancomunidade ten bastante que ver co feito de que a Xunta non apoie este tipo de entidades nin os proxectos que abandeiran».
A culpa ninguén a quere, e sempre será dos demais.


O 6 de xullo de 2014, o citado peche xa estaba levantado e con animais dentro.
O 5 de outubro de 2014, inmortalicei con varias fotos esta corta nos lindes con Noal.
O 6 de xaneiro de 2015, descubrín que Fenosa á vista da madeira cortada presuntamente ampliou a franxa de ocupación do paso de esta liña, sen que houbese explicacións.  
Estas foron tomadas o 10 de xaneiro de 2015, na zona de A Belga, onde se efectuou a última corta e rarea.

luns, 6 de abril de 2015

Nin respectan o monte, nin loitan porque se nos respecte!!!

A parte de que levamos máis de 22 meses sen asembleas, algo incompresible na historia da Comunidade temos un reitores que pasan totalmente do monte excepto cando queren ter cash tal e como publiquei aquí.

Fai uns anos o BNG mobilizábase contra os alcaldes de quenda, salvo cando estaban no goberno polos vertedoiros incontrolados que proliferaban no Concello, e agora que temos como mínimo dous militantes ao fronte da comunidade aínda que sexa de xeito irregular, non se preocupan dos que proliferan polo monte que en teoría administran, nin se decatan das talas ilegais que se acometen. Boa proba disto foi ese eucalipto ao que algún, sabendo o que hai, botoulle peito.

E sen case darlle tempo ao Concello a limpar isto, un ou varios desaprehensivos xa volveron a ocupar algunhas desas zonas coa súa MERDA.

Ese é o pago que lle dan despois meter fai anos na "buchaca" 230.000 Ptas., porque un exdirectivos trataron de ocultar un presunto desfalco de varios millóns de Ptas., no cemiterio. A xogada saíulles ben porque grazas a esa "esmola envelenada" calaron moitas bocas... porque sobrou sitio, algo que non pasaría de non repartirse ese diñeiro e a comunidade facelos panteóns tal e como se aprobou e como, xa cando non había remedio, ditaminou a Xustiza.

sábado, 14 de marzo de 2015

Presidentes que cumpren cos comuneiros e comuneiras

Á vista da convocatorias que achego, Baroña xa celebrou a súa Asemblea Ordinaria, Miñortos e Xuño celebraran as súas o domingo día 22, mentres nós levamos 22 MESES, sen celebrar ningunha. Igual é que somos cidadáns de segunda e non temos pedigree para este IMPOSTOR, que nos toca sufrir.

Outro dato importante é que sen excepción ao contrario que aquí as convocatorias fanse tal e como ditamina a Lei, con 10 días de antelación.

Recupero esta entrevista a Ánxela Franco portavoz municipal do BNG en Porto do Son, no Xornal Dixital ​Muros e Noia, no que colaboro esporadicamente.

«A maioría absoluta deste goberno eliminou os plenos municipais polo que a actividade política municipal practicamente non existe: a veciñanza non ten posibilidade de participar nin pode coñecer a postura dos distintos grupos políticos e impiden o labor da oposición, en resumo, secuestraron a política municipal. O alcalde non ten experiencia ningunha e fai o que lle mandan».

O alcalde non eliminou os plenos municipais, porque se non xa estaría inhabilitado. Seguramente a Ánxela fóiselle a "olla" e en realidade estaba falando do seu colega en Nebra, que SI eliminou as Asembleas Xerais e as reunións da Xunta Reitora, por iso a veciñanza non temos a posibilidade de participar no futuro da NOSA COMUNIDADE nin poder coñecer os presuntos "amaños" que fai ás nosas costas... El si que ten secuestrada a comunidade.

Desde logo eu non me atrevo a facer o tipo de grave acusación que fixo na 3ª pregunta, xa que non son xuíz. Son un simple retranqueiro ao que lle gustan os refráns e por iso pregunto: Pensa o ladrón que todos son da súa condición?

Centrándome nas Ordes do Día destas comunidades:
1º.- Van presentalas contas do 2014. Nós nin coñecemos as do 2013.
2º.- Presentan plans de orzamento para o ano. Aquí non se sabe o que é iso.
3º.- Baroña e Xuño solicitan autorización para cortas. O 20 de xaneiro subín as fotos desta corta que non foi aprobada en asemblea, porén xa antes fixeron esta outra no linde con Noal, ao pé da pista que sobe a Sendia.

domingo, 18 de xaneiro de 2015

Vinte meses sen asembleas e con unha directiva ilegal

Non obstante polo que acabo de descubrir o pasado domingo xunto con outros comuneiros, isto non é impedimento para que arrasen coa escasa madeira que aínda nos quedaba, sen que lles treme a man e ninguén lles poña couto.

O caso é que cando o excelentísimo señor presidente era un simple comuneiro máis, asinábanos contra estas prácticas que levaba a cabo a xente do PP.

Porén cando alcanzou o poder «no seu día legalmente», xa comezou a amosala súa verdadeira faciana, motivo polo que optei por botarme fora, e agora ollando que non ten quen lle tusa, instaurouse nunha Ditadura continúa máis propia de tempos pasados e países comunistas ou bananeiros.

E mentres tanto na asemblea local do BNG miran para outro lado «como mínimo dous reitores son militantes», os seus xefes elaboran panfletos coma estes, oportunamente modificados para amosala súa demagoxia barata.