martes, 28 de julio de 2015

Santiaguiño que troque de partido que parece do PP

A ver se toma exemplo de Rafael Cuíña, que toda súa vida militou no PP, e agora que milita en Compromiso por Galicia e saíu elixido alcalde de Lalín está «revolucionando o pobo» e paralizando as cacicadas que o seu antecesor do PP cometeu alí pensando que o Concello era seu, ao igual que este «ELEMENTO» tamén debe pensar a Comunidade é SÚA, porque non só non dimite «leva 6 anos no cargo», se non que nos nega o dereito de reunión algo que con anterioridade XAMAIS aconteceu en Nebra. Se o fixesen outros estaríaos acusando de fascistas.

Non está de máis lembrarlle que xunto co seu grupo acusa ao actual equipo de goberno do Son, de negarlles o dereito de celebralo plenos cada mes, cando sabe que non cometen ningunha ilegalidade, todo o contrario do que predica el aquí.

Ese tipo de cacicadas danse moito máis no PP que nos nacionalistas de ben, e non dos de «pico», por iso recoméndolle que se quite a careta, porque como teño escrito, apoiado polo seu curmán ao fronte da Consellería do Medio Rural, cruzáronnos aquel agro coa famosa pista na que agora críamos toxos, porque aos dous saíulles dos... melindres, e por se fose pouco usando fondos públicos da Xunta ou incluso da UE, porque estou seguro que dos seus petos non saíron os cartos.

A Magoa é que nestes casos a fiscalía non é implacable coa corrupción, por iso pasa o que pasa cos fondos públicos, que se lles colan entre as mans a uns e a outros.


El Correo Gallego: O goberno de Lalín denuncia a ilegalidade do muro de Boade

Paraliza a obra iniciada polo PP// Non ten permiso de Patrimonio nin hai acordo de cesión

O Concello de Lalín paralizou a construción dun muro na contorna da igrexa da parroquia de San Pedro de Doade por consideralo ilegal, xa que a obra carece do preceptivo permiso da Dirección Xeral de Patrimonio. Nun comunicado o concelleiro do Rural, Miguel Medela, cualifica de "gravísimo" o feito de que o anterior goberno do PP permitise a execución deste muro, sen que se asinase un acordo de cesión dos terreos (que son privados) ao Concello nin se cumpra a normativa vixente.

Os responsables municipais dan conta dun informe emitido polo arquitecto municipal no que se indica que a actuación atopase na contorna da igrexa parroquial, catalogada polo vixente plan de Urbanismo co número 2.23 e que figura con nivel de protección integral. Así, e de acordo co Catálogo de bens protexidos do PXOM, obras como a do muro de Doade requiren do informe previo vinculante de Patrimonio.


No hay comentarios: