Mostrando entradas con la etiqueta Porco Celta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Porco Celta. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de septiembre de 2015

Aínda que non se cumpra a Lei, para papar hai xente

Señora Rosa Quintana, Conselleira do Medio Rural, levamos máis de DOUS ANOS E MEDIO, sen celebrar unha Asemblea Xeral e a vostede o único que lle interesa e vir comer uns anacos de porco que presuntamente se criaron no noso monte, antepoño o de presunto porque se os pobres animais son nosos e non celebramos ningunha asemblea onde aprobásemos esa exaltación, á vista dos Estatutos do que se garda orixinal na súa Consellería, non estaría vostede apoiando unha presunta ilegalidade?

Na súa Consellería teñen que estar de volta e media que a comunidade leva todo este tempo paralizada, porque cada ano no mes de maio ou así se facía nos dous anos que fun o secretario, témolles que remitir copia do censo actualizado e nese tempo non se actualizou, polo que baixo o meu punto de vista a Consellería non está cumprindo o seu cometido.
Art. 8º.- Corresponde a la Asamblea General:
- La ratificación o revisión de las admisiones y bajas practicada anualmente, con carácter provisional, por la Junta Rectora.
- Aprobar los presupuestos y el balance o cuenta anual.
- Aprobar el otorgamiento de cesiones, arrendamientos, planes de aprovechamiento y toda clase de contratos con terceros...
Este ano dado o fracaso estrepitoso de hai 2, alguén encargoulle organizalo evento a unha empresa foránea polo que estariamos ante un contrato con terceiros, que como ben indica o citado artigo, esta exaltación debería ser aprobada con anterioridade pola Asemblea Xeral. Unha Comunidade Montes en contra do que pensan algúns dirixentes, o presidente de quenda non pode aprobar todo o que lle apeteza a el solo ou co resto de directivos e vogais, que disque non foi o caso, como pode facer un alcalde se ten maioría co seu equipo. En Nebra algún pensa que é o alcalde, e non un simple presidente dunha comunidade.

Noutras cuestións sei ben que a Consellería non pode actuar de oficio, mais se como neste caso, vostede asiste a un evento NON organizado pola Comunidade, coido que debería tomar medidas dado a paralice que sufrimos por deixades de funcións de quenes superaron con creces o seu mandato, dado que as últimas eleccións celebramolas no ano 2009. Algo que tamén ten que constar na Consellería que vostede dirixe.


martes, 19 de noviembre de 2013

O que se «enfronte» ao presidente, está perdido

O primeiro en sufrilas consecuencias do noso ilustre presidente como ben sabedes fun eu. Nunca mencionei este dato, mais como se confesou en La Voz de Galicia, agora é publico: «Coñecín Barbanza por un campamento da Falanxe, pero nunca vestín camisa azul». Vestir non a vestiría, máis algunha reminiscencia quedoulle.

No meu caso podo entendelo «non deixei que me mangoneara e levantaba as actas fehacientemente, como tiña que ser». Porén houbo outros comuneiros que como lle cantaban as corenta, enfrontábase verbalmente con eles.

O primeiro en verlle as orellas ao lobo foi José de Carantoña, soamente por dicirlle que ao facelos peches na Cabana, pola parte de San Martiño e na Devesa, cortaranlle as entradas aos agros.

O segundo enfrontamento tívoo con ocasión dos incendios do ano 2006, porque unha pala deixou bloqueado un camiño con montes de terra.

E das escaramuzas e rifas pasamos ás cacicadas, porque o que lle está facendo a este comuneiro non ten nome. Na zona onde a comunidade meteu os porcos, José ten un agro e puxáronllo patas arriba. Falou con el, e desentendéuselle de todo.

O curioso é que nese medio tempo entráronlle a outro comuneiro, coméndolle unha pouca herba. Porén neste caso polo visto correron a indemnizalo presuntamente con 300 quilos de penso.

Ante semellante afronta e despois de esixirlle unha resposta que nunca lle deu, non lle quedou máis remedio que contratalos servizos dun notario e un avogado.

A estas alturas supoño que as responsabilidades teranse que dirimir no Xulgado. Polo que moitos comuneiros xa están tremendo que o presidente se defenda cos nosos cartos e todo por non dalo brazo a torcer.

Obsérvese a gran diferenza entre a súa actuación coa do presidente da comunidade de Baroña. Aquí tampouco podo deixar de escapar a canallada que xunto con Medio Rural lle fixo a meu pai.

Gustaríame saber porque neste caso o Distrito ante unha causa de forza maior está disposto a pagar e no noso caso, nin indemnización, nin desculpas. A xente é a mesma que permitiu aquela cacicada. A única variación está no troco que houbo no goberno da Xunta e na Consellería.



martes, 15 de octubre de 2013

O porco celta como instrumento nos montes veciñais?

O exemplo da explotación de porco celta da CMVMC de Nebra: Este proxecto precisa da implicación dos veciños, que teñen que criar os leitóns nas súas casas ata que están en condicións de botalos ao monte. Precisan vexetación autóctona, alimentándose de landras e castañas na súa época. A carga gandeira óptima é de 5 porcos por ha. Empezarían a dar beneficios económicos no cuarto ano de cría.

Exemplo de explotación? Implicación dos veciños? Vexetación autóctona en Nebra?

Para un que non é de Nebra mesmo pode pensar que a foto do Tríptico é do noso monte... craso error.

Pregúntenlle aos comuneiros que pensan de todo isto e non se queden só coa versión do presidente en funcións.


Conclusións: trátase dun aproveitamento interesante para as comunidades de montes que teñan grandes superficies e poidan criar máis de 100 porcos. Unha das súas vantaxes é o control do mato que fan no monte. Ademais de xerar emprego na propia explotación, pode reactivar o cultivo de terras agrarias en desuso para fornecer de alimento aos porcos. Tamén abre un amplo abano de posibilidades de emprego na zona, mediante o cultivo das terras, a industria de transformación da carne, festas de degustación, reclamo turístico…etcétera. Unha boa maneira de fixar poboación no rural, cousa tan necesaria nestes tempos.

Xornada sobre o monte veciñal o sábado día 26 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra

Aínda que sexan porcos, merecen unha consideración.

lunes, 12 de agosto de 2013

Negocio para quen?

La Voz de Galicia: Os mil quilos de porco celta esfumáronse en Nebra

As expectativas da organización superáronse e parte das viandas esgotáronse antes de servir todas as racións

Decenas de comensais acudiron onte a Nebra para deleitarse cos sabores do porco celta servido na festa gastronómica organizada polos comuneiros. Os preto de mil quilos de carne convertidos en embutidos, xamóns, touciño entrefebrado e costela, así como o tres porcos ao espeto, de 75 quilogramos cada un, quedaron en nada para saciar o apetito dos asistentes. Membros da organización aseguraron que as súas expectativas se viron claramente superadas e xa pensan nos cambios que poden facer para a segunda edición.

As 330 prazas para degustar a vianda baixo a carpa tamén foron insuficientes e a moitos asistentes non lles importou en absoluto comer de pé.

Vinte persoas, con axuda de voluntarios, encargáronse de preparar a carne. Ao catro da mañá comezaron a cociñarse os porcos celtas ao espeto, que estiveron ao lume un oito horas.

Quen vai pagala desfeita que causaron os porcos nesta propiedade polo cal, ante asunción de responsabilidade do presidente está denunciada a comunidade?



jueves, 8 de agosto de 2013

Co aval da Xunta de Galicia?

La Voz de Galicia: Nebra promociona o seu porco celta cunha festa gastronómica

Os comuneiros porán á venda un mil quilos de carne

Desde o pasado mes de decembro, medio centenar de porcos celtas pastan ás súas anchas nos montes de Nebra, en territorio sonense. Os animais desembarcaron nesta zona en virtude a un convenio trianual que os comuneiros locais asinaron coa asociación de criadores da devandita especie, Asoporcel, co aval da Xunta de Galicia. Sete meses despois de que os exemplares porcinos tomasen os bosques de Porto do Son chegou a hora de comprobar a calidade da súa carne. A primeira partida porase á venda este sábado, no marco dunha festa gastronómica.

De feito, segundo explicou o presidente da comunidade de montes de Nebra, Santiago Suárez, seis exemplares pasaron xa polo matadoiro e foron convertidos nos embutidos, costelas, xamóns e demais produtos que dentro de catro días poderán adquirirse no local da asociación sonense. Son, en total, uns 840 quilos: «Os veterinarios que trataron estes animais xa cualificaron a carne de ibérico de montaner, é dicir, dunha calidade suprema».

Non me atrevo a levarlle a contra aos veterinarios, mais se este porcos que, dado as características do noso monte onde apenas temos carballos esobreiras, dificilmente puideron comer moitas landras como si comen os ibéricos polas devesas de Estremadura ou por zonas de Lugo e Ourense.

A pesar de que desde Asoporcel non sería complicado comercializar esta carne, posto que, segundo explicou Santiago Suárez, o colectivo ten pedidos de distintos lugares do mundo e é incapaz de atendelos todos; os comuneiros de Nebra quixeron que os veciños da parroquia e todos aqueles que o sábado se acheguen á localidade fosen os primeiros en ter ocasión de comprobar os resultados dun proxecto posto en marcha de forma experimental.

De feito, ademais deste seis exemplares, que se porán á venda diseccionados e, nalgúns casos, adobados ou convertidos en embutidos; os comuneiros tamén ofrecerán racións de porco ao espeto, para o que empregarán dous ou tres animais dun tamaño menor. Está previsto que a repartición de tapas comece cara ás dúas da tarde.

domingo, 7 de julio de 2013

Débolle algo señor presidente?


Máis ben é todo contrario, verdade? Porén non se preocupe, cos anos que pasaron xa fai tempo que dei por perdida esa débeda.

Ao que vamos. Dille algo esta mesa? Seguramente como nos ten acostumados cando se fai o desentendido, por non usar outra verba máis ferinte, dirá que non. Por se acaso e para refrescarlle a memoria, lémbrolle que é miña, e que ante a falta de mobiliario para poder celebralas reunións de Xunta Reitora e as asembleas, unha vez alugado o local de Cornido, tomeime a molestia de prestala. Escribir no chan non nos ía ser nada doado, verdade?

Cando celebramos nel a última asemblea, dado que tamén remataba o contrato do alugueiro, pedinlles que ma levasen á casa, e no canto diso, leváronma para o local de Orseño. Como tampouco había mesa, non me pareceu mal a idea. Con todo iso, cando fun "invitado" na última reunión a deixala secretaría da Comunidade, como no tiña lóxica seguir coa cesión, pedinlles que ma devolvesen, e no canto diso, tal vez tomándoa xa como propiedade da Comunidade, leváronma para o local comunitario, facendo uso dela a Xunta Reitora e todo o mundo, mais a culpa non foi de todos, se non súa, como representante da Comunidade.

Ben, ollando como ao seu carón pódese comprobar que tamén decidiron tirar material da Comunidade, non sei de que me estraño ollando como me deixaron a "miña" mesa. Supoño que coma o tractor de leña que lle quedou a deber a meu pai cando lle cruzou o agro coa pista, pódolle botar auga bendita? Alá coa súa conciencia se é que a ten... cousa que dubido. A miña dende logo está ben tranquila.

jueves, 27 de junio de 2013

Vídeos promoción do Porco Celta


Por se alguén albisca dúbidas pola miña crítica na entrada anterior, sobre a formula de levala cría e ceba dos porcos, achego este vídeos para que teñan unha mellor visión do que penso. Porén se os escoitan e se fixan, non digo nada do outro mundo.

O que terían que facer os responsables da comunidade e con isto refírome a toda xunta reitora, non un ou dous, é preguntarse porque ao contrario do que acontece noutros pobos aquí, a xente non só non se implica se non que, non lle ven futuro. Poida que na asembleas non sexan quen de falar e poder explicarse, porque como todos sabemos á mínima sáltanos calquera comuneiro, aínda que teña menos idea que quen tenta tomala palabra. E se por riba o presidente, non sabe dirixila asemblea, ou non quere, apaga.

O seu deber cando un comuneiro toma a palabra, é lembrarlle a quen o intenta interromper, que todo o mundo ten dereito a expresarse libremente nas asemblea aínda estando trabucado, e se así fose, el, como máximo responsable da comunidade, non un comuneiro, darnos a réplica. E todo iso, por suposto que conste en acta, porque as verbas lévaas o vento.

Volvendo ós porcos, dos preto de 300 comuneiros que somos, só un rapaz indagoume o ano pasado pola Balbanera sobre a súa viabilidade xa que estaba interesado no tema, tanto para dedicarse á cebalos ou a ter porcas de cría.

martes, 25 de junio de 2013

Aínda que sexan porcos, merecen unha consideración


Non tiña nin remota idea disto, polo que advertido por varios comuneiros decidín achegarme de novo á zona onde están os porcos, e nada máis traspasala entrada un cheiro nauseabundo entroume polas fosas nasais.

É sabido que os porcos comen case de todo, de feito son omnívoros, porén na nosa casa e supoño que na de todos, cando nos podrecen as patacas, non temos por costume botarllas, se non que adoitamos enterralas xa que, cando entran en descomposición soltan un líquido noxento parecido a mocos que atufa á legua.

Como me dicía un dos comuneiros con non pouca retranca: «Menos mal que estes están controlados por un veterinario».
>



A Carón do local pódense ollar todos estes acos maiores e salvo unha morea, o resto ten a mesma mala pinta. Por sorte, grazas ao vento do nordés o cheiro disimulase un pouco máis que onde están os porcos.




miércoles, 16 de mayo de 2012

Resumo asemblea 13 de maio (1)

Esta é a miña visión particular de como transcorreu a asemblea do domingo. Así como foi longa e tensa contra o final, véxome na obriga de resumila en varias entradas.

Dáse lectura a acta anterior e como ninguén intervén, a directiva dáa aprobada por consentimento... cando as actas para ser aprobadas teñen que ser asinadas polos comuneiros e comuneiras presentes.

De seguido a vice-presidenta vai nomeando por aldea aos comuneiros e comuneiras que compoñen o censo do ano en curso. Só se produce a intervención dunha comuneira da Igrexa, por haber mal-interpretado o nome doutra comuneira, estando ben recollido no borrador. Sen outra incidencia, aprobase por asentimento... non houbo votación.

A tesoureira foi a encargada de ler literalmente o informe económico (foto arriba), do que se entregaron copias a varios comuneiros e comuneiras. Tampouco nesta ocasión houbo votación, de feito na Orde do Día até eludiron esa mención. Poño un exemplo sinxelo, no Concello hai que votar tódolos puntos, a pesares que de antemán presuponse o voto de cada edil: Os do PP e AVS votan as súas propostas de goberno en conxunto ou tiran as da oposición. PSOE e BNG tamén votan as súas, que nalgunhas ocasións poden coincidir, como tamén pode haber unanimidade do Pleno.

Aclarado isto, salvo os pagos de administración que xa se xustifican, o resto si que cumpría dar máis información, tal e como se facía noutros tempos.

Así encontrámonos con pagos de traballos, que pola súa contía, tiñan que ser aprobados nuns casos pola xunta reitora e noutros pola asemblea xeral. Dado o escurantismo que hai das súas reunións, que segundo vogais nin eles mesmo reciben información do que fan os directivos, lémbrolles que na primeira asemblea xeral que se celebra teñen que dar conta deses acordos. A xente, sobre todo os que presumen de ser máis listos que ninguén, desculpo aos que non teñen esa preparación, creen que cando expuxen as actas publicamente era algo que me sacaba da chistera e non era así, estaba cumprindo estritamente a lei.
Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Artigo 46.- Xunta reitora.
3.- A xunta reitora dará conta á asemblea xeral, na primeira sesión que se celebre, dos acordos adoptados.
Se os traballos que non superaron os 1.200 € foron aprobados pola xunta reitora, ben, nada que obxectar, salvo que algúns, aínda que de menor contía, excepto como digo antes os de administración, fosen aprobados só polos directivos. Os que superaron esa cantidade por OBRIGACIÓN tiñan que ser aprobados previamente pola asemblea xeral, se non, estas convertesen nunha burla aos comuneiros e comuneiras ao non ter poder de decisión, como nos esta pasando, converténdonos nunhas meras comparsa da directiva.

Relación de gastos da que directivos doutras comunidades, con más sentido común, poderían ter problemas, aínda que, e non digo o contrario, estean todos debidamente xustificados, pero a lei é a lei, aínda que o xenro do Rei se poida zafar. Como no banco temos cartos dabondo e non é preciso recorrer a cretos que tivésemos que avalar os comuneiros, desentendese todo o mundo, se non, xa veriades como outro galo cantaría.


Moi interesante a charla do representante da Asociación do Porco Celta, que poden ollar integramente aquí: Planificación dos sistemas produtivos con Porco Celta ó aire libre. Lugo 17 de outubro de 2009.

Non sei o que lle pareceu a directivos, comuneiros e comuneiras pero a min deixoume claro que os porcos, como a xente, precisan comer tódolos días e que ao contrario que a herba ou a verdura, o penso hai que compralo e pagalo no intre. Tamén hai que saber que se son para consumo, teñen o seu ciclo biolóxico. Máis diso é un custe innecesario, salvo que os manteña outro.

Outra páxina sobre criadores de porco celta, por se alguén gusta: Asociación Amigos do Porco Celta: Costa da Morte