O titulo da entrada é unha pregunta, mais en realidade teño máis que me xurdiron escoitando os mitins da parroquia e como non quixen interferir na campaña para evitar que me acusasen de manipulador fágoas agora e máis despois de saber que o candidato de Nebra polo PSOE e a tesoureira da Comunidade escribiron isto:
Pero é igual eh!!! A maioría da xente de Nebra non ten dous dedos de frente, porque senon aquí o BNG tiña que ganar de calle. Con Bárbara Resúa, Raúl, e o matrimonio Varela (que Santi é o presidente da comunidad é o que mira por Nebra) tiñan que ter mais do 90%, porque se eles non miran por Nebra...a ver quen vai mirar... Pero nada eh!!! seguimos igual
Bárbara Resúa: Gracias Vila polas tuas palabras pero xa se veu qe a xente de Nebra non pensa coma ti. Pero bueno, eu vou seguir loitando con uñas e dentes polo ben dos meus veciños e da miña parroquia.
Até o ano 2007, tódolos anos houbo unha cuadrilla na Comunidade, composta por 5 homes ou mulleres que como mínimo traballaban 6 meses no monte, salvo nun ano que coido que houbo dúas. Esas cuadrillas eran subvencionadas nun 80% pola Xunta e o resto pola Comunidade, e nun golpe de graza a Consellería do Medio Rural do bipartito retirou esas axudas, que os gobernos posteriores non restituíron.
Ese mesmo ano, a pesar de ser un goberno «amigo», trala súa nefasta actuación nos lumes que desbastaron o noso monte, quixeron «agasallarnos» coa retirada da subvención, e cando nunha asemblea denunciei esa afronta, como non tiña á man este documento o presidente negouno e fiel ao seu espírito chamoume mentireiro e saíulle ben porque segue ao fronte da comunidade e eu por querer facelas cousas ben, tiven que saír pola porta de atrás. Agora que o recuperei que o siga negando.
Que entenderan algúns por: mirar por Nebra e loitar con uñas e dentes? Darlle tódolos traballos a unha empresa foránea que xoga sobre seguro, xa que pide as subvencións e se non lle chegan os cartos remata reclamándollos á Comunidade?
Quen coñece o actual estado de contas? Responsabilidade da tesoureira!!!
Sen mirar no blog, quen lembra cando celebramos a derradeira Asemblea?
Quen sabe cantos comuneiros compoñemos actualmente o Censo?
Quen sabe canto se ingresou polas últimas cortas e rareas?
Quen sabe das subvencións que en teoría estariamos a recibir polos porcos?
Quen sabe o que se ingresou polas camadas vendidas?
Quen sabe os beneficios ou perdas , que deu a SÚA festa?
Dúas preguntas nunha ben sinxelas: Quen sabe cantos bonos de comida se venderon e cantas racións se repartiron?
Pareceuvos normal que cos nosos fondos engordásemos os porcos e que ao mesmo tempo tivésemos que pagar polo prato o mesmo que calquera alleo á Comunidade?
Sabedes que a comunidade está denunciada porque os porcos entraron nunha propiedade privada, e como o seguro non se fixo cargo, o presidente negouse a pagarlle ao afectado, cando noutro caso parecido si se fixeron cargo?
Que o presidente é un trapalleiro e mal pagador, entre outras cousas, demostroumo ao negarme os gastos que me ocasionou a sentenza coa que recuperei para a Comunidade a leira onde temos o local e que me foran aprobados nunha asemblea.
Despois de comunicarnos na última reunión da Xunta Reitora, onde presentei a miña dimisión, que me ía pagar porque era de xustiza, cando me veu fora negoumos.
Por sorte desa Asemblea recuperei as gravacións onde pódese escoitar perfectamente como me «alaga» e no Universal, como me pon a «parir» dicíndome que non fixera nada e que polo tanto non me ía pagar un can, como así foi.
Esa foi a tónica xeral que empregou contra min, nos dou anos que o aturei e sobre todo cando non tiña a razón, supoño que, porque el é o «estudado» e eu o «analfabeto». Isto facíamo co visto e prace da xente presente nesas reunións.
Cando entramos a formar parte da Xunta Reitora, no libro de actas constaba que había 6 desbrozadoras, mais entregáronos 5 e grazas á miña perseveranza apareceu a que faltaba, despois de dicirme que con 2 fixeran 1. Fai uns anos compraron outras 5 e agora aí están parte de elas mortas de risa, salvo cando algúns levanas de «cloco», cando se no seu día me fixeran caso, podíanse alugar.
Aló menos nesta comunidade e noutras do entorno a súa xente ten algo de traballo.
Escollín o verde, color da esperanza porque agardo que algún día Nebra esperte e poña a esta xente no seu sitio. Hoxe sei que hai moit@s que pensan o mesmo, máis fáltalles a cultura de facerse respectar. Algo que a esa xente non lle interesa.
Faro de Vigo: Os comuneiros de O Hío contratan a dúas persoas como peóns forestais durante un mes
A Comunidade de Montes de O Hío pecha o domingo o prazo para optar a dúas prazas de peón forestal. Os interesados poden enviar as súas solicitudes ao correo electrónico montesdohio@gmail.com ou entregalas a calquera membro da xunta reitora. Terase en conta ser familiar de comuneiros, experiencia laboral no mundo forestal e a formación. O contrato terá unha duración dun mes e para calquera dúbida pódese chamar ao 657 364587.

1 comentario:
Hai algo que non casa: Bárbara Resúa Xa rematada a nosa exaltación do porco celta, dende a directiva da comunidade de montes de Nebra e Asoporcel só queremos darlle as grazas a todos os asistentes que fixechedes desto un gran día, grazas tamen a todos os qe colaborachedes desinteresadamente, Nuria Martinez Calo, Laura Resúa, Susi, Rosa, Rosa Mari, betty, etc......... fomos un gran equipo!!!!!! Nombrar tamen o noso amigo Paco de Leña qe o fixo en grande, e as nosas Falcoeiras de Nebra que son unhas/uns artistazas e tamen como non a Comisón De Festas Nebra. Son moitas as persoas as que agradecerlle pero en especial quero nombrar a miña querida amiga e compañeira Amelia Ageitos Garcia que sufreu un montón para que todo saira ben. Sabemos que nunca chove a gusto de todos e uns van decir que estivo moi ben e outros moi mal, pero decirvos de todo corazón que intentamos facelo o mellor posible para todos vos. Grazas por todo!!!! Para a próxima máis e mellor!!!
https://www.facebook.com/barbara.resuasampedro/posts/638738056144947?pnref=story
Publicar un comentario