viernes, 12 de junio de 2015

Se a Marea de Noia fai publicas a actas a todo o mundo, por que as da Comunidade son tan secretas?


MAREA CIDADÁ DE NOIA: http://www.mareadenoia.com/2015/06/resolucion-asemblea-do-martes-9-de-xuno.html

RESOLUCIÓN DA ASEMBLEA DA MAREA CIDADÁ DE NOIA CELEBRADA O MARTES 9 DE XUÑO CON Á NEGOCIACIÓN CO PsdeG-PSOE PARA A INVESTIDURA COMO ALCALDE DE MIGUEL PAZ

Unha vez discutido o documento froito da reunión mantida pola comisión negociadora co PSdeG-PSOE o pasado sábado día 6 de xuño, a asemblea da Marea Cidadá de Noia resolve que aínda quedan algúns puntos que están pendentes de acordo, ben por falta de concreción ou ben por desacordo coas propostas realizadas polo PSdeG-PSOE en resposta ao decálogo de condicións que plantexou a Marea.

Estes son os asuntos que deben seguir sendo discutidos pola comisión negociadora:

1. O 20% do gasto en investimento anual será destinado á ría, tanto para o marisqueo como para a recuperación do mar de Noia e do seu porto. Crearase a Comisión do Mar como un espazo de interlocución co conxunto das organizacións políticas con representación municipal e coas entidades sociais.

2. As adxudicacións maiores de 15.000€ pasarán, desde o primeiro minuto deste mandato, por unha mesa de contratación, salvo previa xustificación de urxencia nunha comisión. Todas as contratacións municipais serán publicitadas, incluíndo aquelas que polo seu importe se consideran obras menores. Será accesible a información do respectivo expediente de contratación no portal de transparencia do Concello.

Creación dun órgano de control, coa participación de tódalas forzas políticas, de todas as obras públicas, independentemente de cal sexa a administración contratante ou concellería á que a obra pertenza. Por medio do mesmo mecanismo facilitarase, dende a revisión e coñecemento dos proxectos, ata as modificacións do mesmo; o control da execución de obra, etc.

Establécese un claro compromiso para evitar o fraccionamento nas obras municipais, realizándose os procedementos de contratación a través das correspondentes Mesas de Contratación.

Como mínimo, cada tres meses publicáranse os convenios, as subvencións e as contratacións no portal de transparencia municipal.

3. Limitar o gasto a 54.343,4€ anuais en 2 adicacións exclusivas. Desaparecerán totalmente as asesorías e os cargos a dedo.
4. Acordar cos axentes sociais, económicos, culturais e deportivos un programa anual de eventos que aporte beneficios non só económicos, senón tamén de coñecemento e que contemplará a celebración de festexos, feiras, actos lúdicos e culturais.
Debido á ambigüidade do documento redactado polo PSdeG-PSOE, queremos deixar claro que a Feira de abril debe integrarse na Feira das Culturas e non ter unha entidade propia.
Abrir á cidadanía, e non só a comerciantes e profesionais, a elección dos días de Festas Locais mediante unha rede de consultas.


No hay comentarios: