domingo, 14 de junio de 2015

Cando algunha vai, eu xa veño de volta e media!!!

Endesa cede 40 hectáreas de chan para un proxecto de biomasa. Unha firma pontesa extraerá mil toneladas de residuos forestais para pilas. Segue o resto da información: aquí.

Margarita Romero Martinez: Vaia oh !!! Polo visto o monte vaise mais que o batumeee !!! que llo expliquen os do PP que se riron moito de eso e algun de Nebra tamen.

A señora Margarita debe esquecer que desde maio do ano 2007, non teño ningunha responsabilidade ao fronte da Comunidade de Montes, xa que pasei a ser un simple comuneiro, coa excepción que son o único que publicamente denuncio o caos no que está sumida a comunidade, todo o contrario da súa nora e o responsable da Asemblea Local do BNG de O Son, que levan «dous» anos sen convocar unha Asemblea Xeral, sen darnos as contas, co censo caducado e sen celebrar eleccións.

Si, fun dos que me rin cando nos soltaron o chiste «que ben no lo puideron contar o Farruco e o Manuel» sobre o monte, pola simple cuestión de ver a paralice que sofre a Comunidade, desde que está en mans dos do seu partido. Confeso que non me riría se a promesa a fixera outro partido na que os seus dirixentes non estivesen ao fronte dalgunha comunidade, porque eu si creo que o monte ben xestionado e sen intereses partidistas como pasou e pasa en Nebra, ten futuro.

Tal e como recoñece as risas foron ben sonoras, porque hasta os que estaban fora do local entraron para dentro para facer comentarios tipo: «se tivesen vergoña, estaban calados!!!» Postos a divagar como fai ela, estou ben seguro que algún que votou BNG tamén se riu... e non foi para menos.

Antes de botala lingua a pacer por que non se pregunta que fose precisamente en Caamaño onde Ánxela preside a comunidade de Montes, o BNG sufriu o máis serio revés coa perda de 90 votos, contra 36 en Nebra. Vese que alí foron máis comedidos e agardaron ao 24 para rirse de verdade, e iso tivo que doer.

Tamén os seus incondicionais ríronse cando o seu fillo criticou as cagallas dos cans no parque, porén pasóuselles un detalle por alto, ese parque non é municipal coma o do colexio e o doutras parroquias, se non que é da Comunidade. Isto pasou porque algúns que presumen de ir de listos pola vida, esquecen o que aprobaron e pediron.

Sobre isto neste enlace está o incrible petitorio que lle fixeron ao Concello para cedela canteira para o Punto Limpo:
Politizando a comunidade... de novo

E sobre o negocio do toxo que lles pregunte polo que escribín e critiquei no seu día:
Aquí non interesou
Isto é eficiencia, mais logo de aprobarse, un desbotouno!!


1 comentario:

Anónimo dijo...

Aclararle a esa señora que yo fui uno de los que me reí y voté al PSOE. También es verdad que si supiese con anterioridad las alabanzas que hizo su candidato por la parroquia de la actual directiva me quedaría en casa. Porque o no vive aquí o espera que le hagan un hueco en la directiva para promocionarse de cara a unas próximas elecciones.
Por suerte en Nebra a quien tenemos que halagar es a la comisión de fiestas que si se lo curra para que otros disfrutemos esos días, mientras ellos tienen que estar trabajando el bar. Hacer caja pelando el monte lo puede hacer cualquiera.