miércoles, 24 de junio de 2015

Exemplo de transparencia, sen nada que ver co monte

Máis de «vinte e cinco meses» con unha Xunta Reitora «ilegal» que leva o mesmo tempo sen convocar e celebrar as asembleas regulamentarias que estipula a Lei e os Estatutos da Comunidade, aquí non só non se move ninguén se non que algúns aínda aplauden coas orellas a «chota» que sufrimos, e algunha por riba vacílanos.

Non hai nada máis que ver o comentario que pegaron aquí, porque se a exaltación do porco foi TAL ÉXITO SEN PRECEDENTES, como afirma por que non repetiron como prometeu? Publicamente fun dos que afirmei que iso foi un desastre, porén houbo moitos máis, e parece que non erramos porque nin esas contas ousan dar.

Tema aparte é o escurantismo que agochan non publicando as actas, xa non digo das Asembleas Xerais, se non da Xunta Reitora. Lembrades aquela transparencia coa que comezamos hai 10 anos, indo por primeira vez polas aldeas para que fósedes os propios veciños os que propuxerades aos vogais, e que prometeramos volver? Algúns atribuíronlle esa novidade ao «señor Santi?», cando en realidade saíu de min. Se non me creedes aí tendes a proba de porque XAMAIS se repetiu.

Este escurantismo ten moito que ver con poder seguir caciqueando a comunidade, porque se no seu día publicasen a acta da asemblea onde presuntamente se aprobou a colaboración ou o que fose con Asoporcel, poderíase impugnar por falta de quórum. Aquí entre todos metéronlle un GOL á Consellería do Medio Rural e Mar.


ACTA DA REUNIÓN EXTRAORDINARIA DA XD EN FUNCIÓNS, DA ACRV FLM DE AGUIÑO SOBRE O PROCESO ELECTORAL A MEMBROS DA XD PARA O PERÍODO 2015-2019.

Reunidos os once membros da XD da ACRV FLM, no local social, o xoves 18 de xuño de 2015,

ACORDAN:

1º Admitir a candidatura, que resultou ser a única presentada no período establecido, composta de once membros e encabezada por D. Unai González Suárez para a XD desta entidade na lexislatura 2015-2019.

2º Publicarse nos lugares habituais de información e aviso do pobo de Aguiño, na porta do local social da nosa entidade e nos perfís e páxinas de redes sociais que ten esta asociación, tanto desta resolución como da candidatura presentada, aos efectos de publicidade e exercicio no seu caso dos dereitos que puideran corresponder a calquera socio ou socia.

3º Establecer un período de dez días naturais, tal e como se establece na lexislación da materia e o regulamento electoral de entidades sen fin de lucro para que calquera socio/a interesado/a poida interpoñer recurso ou alegación á candidatura presentada, por escrito ante esta XD ou Presidencia en funcións (ao enderezo postal ou correo electrónico). Unha vez transcorrido o prazo, que contará a partir do día seguinte a esta publicación (do 21 ao 30 de xuño), entenderase que a candidatura queda aceptada e os seus integrantes pasarán a ser a nova Xunta Directiva desta asociación, cesando os cargos en funcións.

E para que conste, asina a presente en Aguiño, sendo as 21:45 h.

Vº e Prace. Unai González Suárez. Presidente en funcións.
Mª Pilar Millet Dios. Secretaria en funcións.

No hay comentarios: