sábado, 27 de junio de 2015

Se os cartos son de tod@s, por que tanto segredo?

Que menos que cando alguén accede a un cargo representativo «sexa un libro aberto» cara a quen o votou como representante. María Xosé Alfonso, 2 semanas despois de ser proclamada alcaldesa de Muros, xa lle presentou aos seus veciños e veciñas as contas que lle traspasou Caridade González, a anterior alcaldesa.

Politicamente aínda que María Xosé, o impostor que sufrimos de presidente e eu, «criámonos» no mesmo partido, temos unha diferenza substancial con el, os dous seguimos co mesmo ideario de respectar aos veciños/as, mentres ese «elemento» fai o que lle peta na Comunidade, negándonos nestes dous últimos anos o dereito a celebralas asembleas correspondentes a presentarnos as contas e a convocalas eleccións, por iso é porque o chamo impostor. Cando as convoque, se Nebra quere tropezar 2 veces coa mesma pedra, chamareille presidente, porque o de señor, por temas persoais que sabe el, un excompañeiro de Miñortos e eu, diso non ten nada.


INFORMACIÓN DA SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE MUROS

Onte pasámoslle a todos os grupos da corporación a información da situación económica na que atopamos o concello, e aquí vos irei deixando tamén información.

Este é o ARQUEO, que reflexa os cartos que tiña o concello a día 12 de xuño. Iso si, pensade que isto é como na economía familiar, con isto e cos ingresos que vaia habendo hai que facer fronte aos gastos diarios e ás débedas.

En canto poida póñovos o estado da débeda.

Pouco a pouco iremos dándovos conta de todo, entrementres amañamos o da páxina web para poder poñer alí toda a info faremos uso doutros medios como este mesmo.

No hay comentarios: