viernes, 10 de julio de 2015

O noso Patrimonio Arqueolóxico está máis que vendido

Trocou a nosa forma de vivir e agora xa non se aproveita o toxo, para a "cama" dos animais e as xestas e codesos, como leña para o forno ou a lareira, polo que é impensable que o monte volva a ser o que foi, porque e falo de Nebra, cada vez somos menos nas casas. Tanto é que agora nin se apañan os agros propios.

A finais dos 60 e mediados dos 70, cando ía á Graña a visitar aos avós e á familia, era raro non atoparme con veciños apañando batume por Canlebó e Xamiñón. Outros acudían Os Balados e incluso levaban alí a pacer as vacas. Os maiores que min, e que xa nos deixaron dicíanme que incluso chegaban ao alto do Garamelo, no límite coa Graña e desde onde se ve unha panorámica da ría e o val de Nebra.

Que os políticos pasan do noso Patrimonio puidémolo ver recentemente co castro de Taramancos ou o de Punta de Muros, e no caso dos petróglifos pasa outro tanto. A pesar de coñecerse a existencia de moitos que xeralmente atópanse no medio do monte, de cara ao verán non se fai unha roza de seguridade no seu entorno, para que no caso de que haxa un incendio este poida afectarlles o menos posible, como aconteceu no que se pode ollar na foto e por aquí, cando houbo lumes por Caamaño, Baroña, Queiruga e o Son, onde se concentran a maioría deles no noso Concello.


La Voz de Galicia: O incendio forestal de Teo afectou a xacementos arqueolóxicos de Calo

O lume calcinou un castro, dúas mámoas, dous petróglifos e un cruceiro...

No hay comentarios: