miércoles, 15 de agosto de 2018

Inxuriando dende o anonimato con mentiras

Anónimo dijo... 29 de julio de 2018, 22:56
Tamen o coche da comunidad é para servicio da Comunidade de veciños, non para uso personal nin para andar de verbenas, qe os gastos do coche pagamolo os comuneiros.


O motivo desta entrada é para dicirche que se a Comunidade colabora coas festas que se celebran no local (entroidos, festas da catequese, verbenas, chocolatadas,...) o normal é que o secretario (ou quen se preste da directiva) use o coche da Comunidade o necesario para axudar, que ao final vén sendo un servizo aos veciños, como dis ti que é o cometido.

Como xa che responderon noutro comentario, cando ese mesmo coche estaba aparcado nun restaurante (hai uns anos xa respondín a outra anónima algo ao respecto noutro blog), non sei se o viches ou igual para ti estar de bares non era uso persoal. Vouche dar detalles para que tomes nota:

Dese restaurante en cuestión (pero tamén doutros da zona) hai facturas de comidas e bebidas (incluídas alcólicas de etiqueta negra) á conta da Comunidade. Unha desas comidas foi un banquete para invitar á arquitecta que fixo o derradeiro plano do local (ese que nin se poxou nin se aprobou en Asemblea Xeral, detalle que por descoñecemento se lle pasou ao Presidente na Asemblea do 29 de xullo, cando lle dixo ao construtor que o seu presuposto non fora o máis barato). Apuntar que cando se fixo o primeiro proxecto, sendo eu secretario, era aquel que só se ía facer o baixo con placa e pasou os trámites necesarios. Este último non, tal como se pode ler na acta daquela asemblea exposta na entrada que comentaches, acta a cal, incomprensiblemente, non levantei eu. Ben me alegro de non facelo, pois seguro que habería quen pensase que a falsearía, como pasou en directivas precedentes.

Volvendo a ese "banquete", fun invitado pero declinei a invitación pois non me parecía razoable. Alí había outro paisano máis, que supuxen sería parella ou amigo da arquitecta, pois doutro xeito non entendo por que estaba tamén a comer. Cómpre recordar que ela cobrou a súa minuta, nada barata, como para darlle de comer a conta da Comunidade.

Agora paso a expoñerche por que o secretario (meu fillo, aínda que xa o debías saber), esta presente nas verbenas, que non é mesmo que andar a elas. Un dos motivos é o apoio loxístico da Comunidade e outro é por culpa dun dos erros detectados na revisión do local por parte dun arquitecto ao que houbo que chamar para poñer todo en orde, non por capricho da Xunta Reitora como algunha xente pensa, se non para poder legalizalo, cousa que quen tiña que facelo ben de primeiras pasou de todo e incluso ignorou os requirimentos que se lle fixeron do Concello. As présas electorais non son boas.

Entre as irregularidades detectadas (que xa veremos quen corre cos gastos de arranxalas) está que o cadro do diferencial eléctrico está na oficina, pechado entre catro paredes, cando ese cadro por seguridade tiña que estar onda a porta principal ou nun lateral sen ningún tipo de obstrución. Se pola carga das neveiras salta o diferencial, alguén ten que abrir a oficina e repoñer a corrente. O responsable da documentación que se garda na oficina é o secretario e non lle pode deixar a chave a ninguén nin deixar aberta a oficina para a comisión de festas, os cales non poden estar a todo e ter conta do que pasa dentro do local ou na oficina.

Sempre hai xente disposta a facer mal: nunha festa pasada verteron todo o deterxente de fregar na papeleira do aseo feminino, sendo que esa botella estaba no armario da limpeza do aseo masculino. E tamén hai xente dada a lanzar falsas acusacións do que pasa (ti por exemplo) e de aí que estea un pouco a controlar que non falte ou pase nada. Outras veces revisa o campo da festa decotío en busca de vidros rotos, vasos ou botellas para evitar accidentes nos máis pequenos. Víchelo gozar da festa coma todos?

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Para evitar malos entendidos e xa que estamos falando de algo que é da comunidade, e vendo que hai medios para informar. Cada saida co coche debería estar documentada e informada. Folla de ruta, repostajes. Etc.
Evitariamos "difamacións", calarianse bocas, e a xente estaría informada sobre un ben comun, que teñen dereito a sabelo.
Unha boa xestion comeza pola transparencia. Dende aqui invito a comunidade que faga publicacion de todalas contas, gastos e ingresos.Asi podrase ver o "bo" traballo da xestion.

Anónimo dijo...

Ahora, ¿reculas? Once años callado y ahora pides lo que no le has exigido al señor de la Aguieira.
¿Has visto en alguna ocasión en todo ese tiempo, que presentase documentación de todo lo que le exiges a estos rapaces, o en todos esos años no era algo de incumbencia de la comunidad y el coche no era un bien común?
Como anónimo creo que no eres quien para exigir nada, porque puede darse el caso que incluso no seas ni comunero.

Anónimo dijo...

Que bonito seria xa que pides información tan detallada que deses a cara. Aínda que demostra o que eres e o motivo polo que te escondes tras o anonimato.

Anónimo dijo...

Anónimo entre ti e Paco hai unha gran diferencia, el sempre que tivo que criticar a outras directivas o fíxoo dando a cara e ti es un covarde, co que non vale a pena perdelo tempo debatendo, pero si que che recomendo que acudas ás asambleas, onde seguro que calquera directivo sácache das dudas que teñas. Así é como funciona a comunidade.

Anónimo dijo...

En Nebra non solo de hoxe senón que de moito tempo atrás é máis difícil calar bocas, que xente coma ti que arrime o ombreiro a facer cousas pola parroquia primeiro queimamos ás comisións de festas hasta que fartos das faladurias, tiran a toalla como pasou hai 3 anos que non houbo ningunha.

Anónimo dijo...

Veña aproveita para solicitar persoalmente as facturas e a documentación que esixes por aquí, agora que está a oficina aberta para os comuneiros que teñan dúbidas coma ti, cousa que ningunha outra directiva fixo antes. A eso chamáselle transparencia.

Pepe da coxa dijo...

Yo flipo, gente desde el anonimato pidiendo que algunos dean la cara. Predicad con el ejemplo!

Anónimo dijo...

Como ben che di Pepe, pedir contas non dando a cara non é o mellor exemplo que das. Non sendo veciño de Nebra o día 15 vin que na porta do local estaban expostas varias follas co estado de contas, que supoño tamén o deron na asemblea que celebrastedes días antes aí tivestes boa ocasión para que che desen explicacións ás dúbidas que manifestas ter

Anónimo dijo...

Para evitar malos entendidos e xa que estamos falando de algo que é da comunidade, e vendo que hai medios para informar. Ante as probas tan contundentes na última entrada todo. ¿Agora Non tes nada que dicir a pesar de agocharte baixo o anonimato?

Anónimo dijo...

Que aproveite que hoxe sábado é o día no que o secretario abre a oficina do local, para quen teña dúbidas coas contas da comunidade e en concreto os pasos que da co coche. Cando un directivo ten a conciencia tranquila é un libro aberto can se pon en dúbida a súa labor nada mellor que criticalo de forma anónima.

Francisco del martillo dijo...

o que mais gracia me fai e o cartel que fai nesta entrada. Que eu sepa non se nomou a alguen ,nin se lle faltou a o hornor, ou falas doutra cousa?.tenho que recordar, que este administrador chamou mentireiro a certa persona, pero claro, ahi non se falta a honor.
Doble vara de medir?

Anónimo dijo...

¿También andáis por aquí los del BLOQUE? Lo pregunto porque en Nebra y bien que lo sabes no existe nadie con ese nombre y por último lo confirmo por el enlace a la bandera, porque ponerlo a la vuestra seria dar mucho el cante.

Anónimo dijo...

Por lo que se ve eres muy inteligente para lo que te interesa firmando con ese ridículo seudónimo, estando a años luz del agraviado y corto de neuronas al desviar la atención con tu pregunta. Obviamente como podemos ver y comprender el cartel hace referencia a otras entradas y comentarios como el de la captura pegada en la entrada. Está claro que lo que te molestó u os molestó es el enlace a la entrada que publicó el administrador en el año 2009, pero claro si hicieses referencia a ella sabríamos mejor de que pie cojeas. Se esperaba que con el nuevo candidato cambiarais a mejor, aunque como dice el refrán: De molinero cambiarás pero de báscula no pasarás.

Anónimo dijo...

Facchilla nazionalista lo tuyo si que tiene poca gracia por mucho que te consideres gracioso. Aquí puestos a desconfiar, más de uno nos preguntamos ¿si es fruto de la casualidad que un exdirectivo para meter los caballos de otro en su huerta hiciese un cierre con material técnicamente idéntico al usado en los cierres de la comunidad: postes y alambrada? A lo mejor es que las casualidades existen, por eso aquí te lo dejo

Arben dijo...

Polo menos asina co teu nome e non castelanices o meu. No tocante a que chamei mentireiro a "esa persoa" puidestes poñelo nome para que o resto saiba a quen defendes. Déixame aclararche que nos momentos que o citei como mentireiro, asegúroche que tería probas délo (aínda que non as expuxese nese momento).

Non son de acusar sen máis, como fixo unha señora na penúltima asemblea, mencionando a un ex-directivo de quedar cunha motoserra, pero cando o presidente lle dixo se recollía a acusación na acta, recuou. Se non tivese probas igual faría coma ti creando un perfil falso, non obstante sempre que critiquei algunha directiva foi dando a cara, outros prefiren poñerme a parir nas tabernas, quizais porque tiven uns avós moi humildes dos que me sinto moi orgulloso de aí que luza xunto ao meu nome o seu alcume.