jueves, 13 de septiembre de 2012

As matemáticas non enganan

O meu mestre, e o de moit@s veciñ@s, algúns na Xunta Reitora, aínda que non tiña título para exercer ensinounos que do 6 ao 15, ían 9. Non fai tantos anos, cando saquei o Graduado Escolar, puiden comprobar que así seguía sendo, mais acho con sorpresa que as matemáticas do presidente difiren, ou é que nos quere facer parvos aos demais.

El sabe ben que está obrigado a convocalas asembleas como mínimo con 10 días de antelación, pero nesta ocasión, ao contrario doutras convocatorias nas que tamén incumpriu a Lei e os Estatutos, pasouse dous pobos, xa que ademais de asinala fora de prazo, facendo caso ao cruño do Concello, alí era o primeiro sitio onde lla tiñan que rexeitar, xa que dito prazo implica ademais a súa exposición pública no taboleiro do Concello.

Grazas a ese cruño tamén descubrimos que tampouco se comezou a entregar antes do día 7. A min concretamente apareceume na caixa de correos o domingo 9, día do Loreto. Polo tanto ao non se cumprilo prazo estatutario a convocatoria é totalmente ilegal.

O de convocatoria é un dicir, porque máis que iso o documento paréceme un toque de atención aos preto de 200 comuneir@s que polos motivos que fosen, non acudimos á última asemblea. É moi doado "manipular" á xente dicíndolles que a suspenderon só porque faltaron 4 persoas. Si, catro... para o quórum, porque faltar, faltamos todos eses.

Foi a primeira asemblea que suspendeu porque nesta ocasión non valeu a escusa, coma noutras ocasións, de incumprilo horario. Desta vez parece que tamén agardaron pola chegada da xente, pero o "milagre" non se cumpriu como naquela primeira celebrada despois da miña expulsión, na que faltaba un comuneiro e salvouna a chegada dun vogal.

Agora que 200 comuneir@s nos puxésemos de acordo en non presentarnos a asemblea, debería facer recapacitar á Xunta Reitora e preguntarse se están facendo algo mal, porque non é normal celebralas asembleas co quórum raspado. Iso por unha parte. Pola outra, non debemos esquecer que esa asemblea tiña o "gancho" do agasallo dun libro e como non houbo asemblea, tampouco houbo libro, cando a súa entrega nada tiña que ver co quórum.

Xa centrándome no Epitafio, non sei o tempo que levan traballando con ASOPORCEL, pero como xa manifestei aquí, na primeira semana de agosto xa sabía que o tema dos porcos estaba case pechado, e desa, nin habíamos sido convocados, nin aprobado nada.

Non vou a entrar neses detalles técnicos que se especifican porque non teño datos e supéranme, pero que me perdoe a asociación que se menciona, pero cito literalmente: a finalidade de ASOPORCEL non é gañaren cartos (sic). Home, que unha empresa ou asociación non aspire a gañar cartos con un proxecto parece moito dicir, pero aí queda.

Non obstante neste apunte si que teño moito que dicir: Dito doutra maneira: aos que vixían os cartos europeos... Ben, chégame con isto. Se esa vixilancia é igual á que houbo nos millóns de euros investidos en plantar pinos, que os animais, tamén subvencionados, nos comían, apaga e vamos. O raro, raro, é que alguén que ande metido en política, fale ben dun goberno contrario aos seus ideais, ou esa é a sensación que me da o escrito.

A magoa foi que aquel outro goberno, nefasto a nivel particular e comunitario, non vixiase con igual pulcritude os cartos europeos antes de acometer esta expropiación ilegal.

Unha dúbida que teño é disto xa fai uns anos, outra comunidade veciña tiña previsto tamén meter porcos no monte, máis ou menos cando ese goberno que nomeo gobernaba. Gustaríame saber porque non foi avante, aínda que seguramente o presidente algo saberá.

O que nos escama a algúns comuneiros, son as prezas desta nova convocatoria, todo contrario doutras ocasións, como cando dende o Concello solicitaron a cesión da antiga canteira para facelo Punto Limpo, demorando todo o que quixo a asemblea. Tres anos despois, esta a punto de ser realidade, por certo, feito tamén con fondos europeos.

Xa para rematar fundamental tamén é respectar aos comuneiros e comuneiras e por todo o dito anteriormente, non se nos está respectando. Falo por min e por outros que non teñen esta ferramenta e o poder, de poder expresarse libremente nas asembleas.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Lamento haber metido la pata en mi anterior comentario. Efectivamente hablando con mi padre me ha confirmado lo que dice usted, pero también me digo que eso fue en tiempos del señor José do Patrón, ya fallecido, lo cual viene a darme la razón, ya que parece ser que durante la legislatura de otro José, no recuerda haberlo visto, salvo cuando se convocaron esas elecciones en las cuales fueron elegidos.

Si dejé en el aire la primera pregunta, fue a raíz de algunas intervenciones que se dijeron en la asamblea que no pudo celebrar, aunque, como sabrá, intentó celebrarla de todos modos sin el quórum. Que tuviese que intervenir un ex-directivo para pararle los pies, viene a demostrar que si en su día dimitió, fue por algo más que cansancio.

El segundo asunto viene por el precio de los cerdos, no se puede ir de listos por la vida, porque siempre hay quien sabe algo más, y claro, aquí lo que menos esperaban era que ese alguien se moviese en el negocio de la carne.

Mire, en algo coincido con usted, chungo en los tiempos que corren que haya gente que no quiera ganar dinero con su empresa, salvo que sea una asociación sin animo de lucro y desconozco si este es el caso.

Dejar también constancia de que la premura de la convocatoria viene por lo que escuchamos decirle a los paisanos de dicha empresa, de que por la Balbanera tendría esto aprobado.

Obviamente se entiende que si lo aprobamos los vecinos. A todo esto debemos saber si dicha empresa va a poner dinero o solo a vendernos los cerdos y a donde no llegue la subvención, la comunidad será la que ponga el resto del money, y aquí, las matemáticas si que son muy importantes.

Anónimo dijo...

A verdade é que lendo as convocatorias parece que ao presidente lle vai moito no tema. Se tan boa cousa son os porcos, porque esta xente non fai como o austríaco de Baroña e pide a cesión de varias hectáreas. O motivo pode ser claro, piden a subvención e a onde non cheguen os cartos, poñémolos os veciños de Nebra, así, se é un fiasco eles non perden nada. Así calquera fai negocios.

Anónimo dijo...

Nebra, ¿porqué non comentas nada sobre o tema das eguas que lle comprachedes a Lema? ?Ides a vixiar así de ben os porcos ou acabaran tamén antes de tempo sendo chourizos?