domingo, 31 de mayo de 2015

Unha vez máis en Baroña dannos clases

Unha vez máis poño por exemplo a labor que levan avante os xestores da Comunidade Montes de Baroña e contraposición coa nosa.

Baroña contou con cen rapaces dispostos a devolverlle á aldea a flora e fauna perdidas

Os incendios do 2013 atacaron duramente as aldeas sonenses de Abuín e Campanario. Deixaron o bosque ermo e sen un centímetro de vida. Onte, a comunidade de montes de Baroña xuntouse cos alumnos dos colexios Santa Irene e Campanario para devolverlle a vitalidade perdida aquel tráxico verán.

A plantación de douscentos castaños foi a primeira actividade que se realizou durante a mañá de onte. Os cen nenos que acudiron ao monte de Baroña axudaron aos comuneiros na plantación dos douscentos novos árbores. Os pequenos comportáronse como auténticos profesionais e, traballando con esmero, non tiveron reparos en encherse as mans de barro e terra.

Pero o ecosistema non só vive de flora, polo que os comuneiros tamén aproveitaron a ocasión para devolver ao bosque a unha vintena de coellos: dez machos e dez femias. O presidente de comuneiros de Baroña, Ovidio Queiruga, comentou: «Escollemos esta data porque a plantación xa a tivéramos que pospoñer polo mal tempo a última vez. Hoxe quedou un día perfecto e de paso aproveitamos para soltar vos coellos e que volvan a poboar este paraxe natural».

Os coellos que se soltaron onte foron cedidos pola asociación de caza de Porto do Son, mentres que a plantación de carballos contou coa colaboración do concello de Porto do Son e do distrito forestal cuarto. A iniciativa de onte valeu para que os máis pequenos valoren e sintan seu unha paraxe como o bosque sonense e para que vexan que é necesario coidar do Medio para que a vida brote nel. Repoboar a flora e fauna da rexión é unha materia pendente para os colexios e para a sociedade en xeral.

No hay comentarios: