sábado, 23 de mayo de 2015

Alternativas de autogoverno nas comunidades

O outro día no mitin do BNG, todas e todos puidemos escoitar como nos prometeron convertelo monte nun novo El Dorado, motivo polo que máis dun dos presentes botamos unhas risas e algún mesmo comentou: Estes que veñen!!!. A vacilarnos? Por razón obvias coido que non fai falla que escriba máis, verdade?

Despois a señora Ánxela soltounos a outra promesa amarela que xa había comentado en 5fm, dedicarnos a cultivar trigo ecolóxico. Así como nos dixo que non sabiamos o que custara a parcelaría «sibilinamente estaríanos chamando parvos?».

Puido preguntarlle ao seu Farruco, que o tiña alí, canto mide a parcela máis grande da parroquia porque íalle dar a risa. Non sei se o campo de Rayo Vallecano que é o máis pequeno do fútbol de elite, non será máis grande 6.500 m2 «100X68», e boa culpa disto tívoa o PP e logo o seu partido, que proseguiu coa desfeita.

Voulle a poñer dous exemplos que coñezo e un porque nos tocou a nós. Unha familia tiña un agro de 100 ferrados, coido que cerrado de por si, e dividíronllo. No noso caso tiñamos unha parcela de 6 ferrados, que dividiron entre 3, e non só nos fixeron unha parcela con esa medida, se non que nos deixaron «cagadas», e por se fose pouco, tiñamos a horta cerrada con viña e nun principio querían tirarnos parte do muro, disque para endereitaránolo, e como reclamamos a súa «vinganza», foi achegarnos un triangulo por fora que está alí para ver. E iso xa foi con Suárez Canal.

En fondos públicos máis ou menos todo o mundo sabemos o que custou, mais tamén sabemos o que nos custou a nivel persoal, ou de quen pensa que saíron os terreos para facelas pistas, nalgúns casos inútiles?

Logo defendeuse afirmando que era falso que nos negasen o saneamento, que ía dicir ao estar en marcha? Polo carallo , lle dixo aos veciños e veciñas que non estaban enterad@s que por medio dos seus deputados na Deputación, intentaron paralizala subvención que conseguiu o alcalde. A nosa salvación foi que nesta lexislatura non tiñan o poder nin a bolsa que afirmou nun pleno que tiñan cando foi «vicealcaldesa». Porque entón quedamos sen el, como a galiña sen dentes.

E por último deixou caer, que como non había cartos que o ían pagar co canón dos eólicos. Como non estou metido no «allo», non sei de onde van saír os cartos para pagalo, pero se saen de ese canon, por se no sabe pode agradecerllo á xente do seu partido que foi o que aprobou esa medida, cando antes os cartos, ían parar integramente aos comuneiros e comuneiras dos montes onde están instalados.

Iso aprendese indo a charlas coma a do vídeo, que tratei de fomentar na comunidade pero ao impostor do presidente, non lle interesaba, porque quere comuneiros e comuneiras dóciles e que non saiban defenderse, por iso leva dous anos sen convocar unha asemblea, sen darnos as contas. Agora máis que nunca xa lle escoito a moita xente, incluso coa que non teño un trato habitual, preguntar onde van as ganancias prometidas cos porcos? Porque varias partidas xa se venderon.

E falando dos porcos, non sei se o saberedes, pero no seu día causáronlles estragos e perdas a varios veciños, un deles conseguiu unha contrapartida e ao outro como o seguro parece que non se lles fixo cargo, como teñen dobre vara de medir, non lle pagaron e agora está todo no Xulgado. Iso de non pagar é moi habitual, no presidente, porque a min, unha vez que me deu fora da secretaria, négame os cartos que empreguei por recuperala leira onde temos o local, que daquela no rexistro aínda non estaba a nome da Comunidade.

Mesa redonda e debate "Alternativas de autogoverno nas comunidades" de Terras de Lousame, no local social de Cabanetan, Lousame.

No hay comentarios: