jueves, 7 de junio de 2012

Pepe Gotera e Otilio

A mediados de maio baixo o suxerinte título de lóxica e optimización de recursos, criticaba que fronte á entrada principal do local se fixese unha nova rampla que ía en prexuízo das persoas con mobilidade reducida e preguntábame, por que no se poñía todo ao mesmo nivel. A poder de cartos parece que alguén recupera o sentido común, e onte trataron de emendar a medias a desfeita cometida.


De todo modos igual que lles acontecía a Pepe Gotera e Otilio, é boa verdade que o que mal empeza, mal acaba. Na miña opinión seguimos tendo demasiadas barreiras arquitectónicas, onde no tiña porque habelas. E ollo, que a foto igual leva a erro. Iso é unha especie de aglomerado solto que só foi pisado e movese baixo os nosos pes. Descoñezo como se comportará se pasa unha cadeira de rodas.


Pero iso non é todo, no primeiro proxecto do local esta rampla non estaba contemplada, se non que unha vez que se rebaixou a leira, quedaría toda á mesma altura que a estrada, podéndose usar como aparcamento, tal é como se fai no outro pinche.

En vez diso, deciden tirar de cartos e volver a enchelo de novo. Como era demasiado inestable e sen que pasase pola asemblea xeral, a xunta reitora decide facerlle un muro de pedra sobrepasando as atribucións que lles confire unha acta. Logo como medida de seguridade colócanlle ese freo, ademais do obrigatorio pasamáns.

A burralidade de cartos que houbésemos aforrado se deixaran tal e como tiñamos previsto facer nun principio, supera con creces os 18 mil euros, que logo se di, e por riba, unha autentica chapuza. Agora como é normal, nin abaixo, nin arriba, son capaces a buscarlle os niveis, aínda que mentres haxa cartos no banco e pinos no monte para vender, seguro que os enxeñeiros descorren algo mentres tanto.

No hay comentarios: