lunes, 8 de mayo de 2017

A partir de mañá poderanse solicitar os permisos para realizar queimas

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2017:A realización destas tarefas permanecía suspendida ata o de agora debido ás condicións meteorolóxicas adversas

A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde mañá martes, día 9, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido á diminución do risco de incendios forestais por condicións meteorolóxicas. A prohibición de queimas de restos agrícolas e forestais prolongouse ata o de agora debido á climatoloxía adversa. Así pois, o xoves 11 será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.

Polo tanto, a partir de mañá poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través do teléfono 012, do centro de atención aos cidadáns da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Deste xeito, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

No hay comentarios: