lunes, 24 de abril de 2017

Magoa que a Fiscalía non actúe de oficio na nosa Comunidade, a pesar de obteremos fondos públicos


Tuñas dimite como alcalde de Negreira polo caso dos teléfonos móbiles
A Fiscalía pedía a súa inhabilitación para cargo público por apropiarse de 18 terminais que eran propiedade do Concello (...) Para ler a noticia enteira en La Voz de Galicia, prema aquí.
El Correo Gallego: O fiscal pídelle 1 ano e 9 meses por apropiarse de 18 móbiles
Na nosa Comunidade, segundo teño constancia, mercáranse 5 terminais (falando do conxunto liña e móbil), xa que figuraban as facturas e cargos por uso en Movistar. Cando accedín á secretaria, no ano 2005, nun primeiro momento, só se nos entregou 1 terminal, pero ao banco seguiron chegando facturas de outra liña non entregada, ata que se nos devolveu pasados 6 meses. Dos 5 terminais que figuraban en facturas pasadas, só ficaban 2 terminais. Coa entrada da nova Xunta Reitora en outubro do 2015, como xa comentei anteriormente, non se lle entregaron nin liñas nin móbiles, sendo a propia operadora, Orange, a que entregou a liña unha vez se fixo o cambio de representante (a compañía ben sabía que, de non entregar esa liña domiciliada na Comunidade, podía meterse en problemas). O móbil, mercado a prazos para esa liña, non se puido recuperar, e aínda seguía vixente unha permanencia de 6 meses por coller un móbil na operadora. Coa outra liña non puideron facer o mesmo porque dous días antes, e a sabendas da situación, o anterior representante fixo o cambio de titular da outra liña que quedaba ao seu nome particular, apropiándose dun número propiedade da Comunidade (e o móbil asociado).

Para non quedar incomunicados unha vez recuperada unha das liñas da Comunidade (falamos dun número que consta no Distrito IV para comunicarse con nós, de aí a importancia); cumpría facerse cun móbil, pero en Orange aínda había dúas permanencias activas (o móbil non entregado e o móbil da liña roubada), e a compañía non podía ofrecer ningún móbil. O secretario apresurouse a mercar o mesmo día un móbil, consultando cos membros da directiva. Mercouno de 2ª man nunha tenda de Noia, e pode saberse o que custou e o modelo porque a xestoría inventariouno, cousa que cos móbiles desaparecidos non pasou.

Para poñervos en situación do aproveitamento particular que se fixo desa liña, pasado máis dun ano de entrar esta Xunta Reitora, segue a recibir chamadas privadas dirixidas a quen o tiña anteriormente. Isto só alimenta as sospeitas do mal uso desa liña, pagando a Comunidade todas as chamadas durante os once anos que o tivo no seu poder.

Non é comparable apropiarse de 18 terminais que de 5, mais a catadura moral é a mesma, e máis no caso dunha persoa que concorre en listas electorais, segue a exercer un cargo como presidente da Mancomunidade da "Serra do Barbanza" (función que non debería exercer) e tamén seguiría co seu posto de vice-secretario na ORGACCMM, organización pola que apostei en asociarnos, con toda a vontade do mundo pero agora observo, con incredulidade, o grao de politización da mesma.

Encabeza esta entrada o móbil do que dispón actualmente a Comunidade, para poder seguir funcionando. Segue a aparecer de 2ª man a 125€, en Noia saíu por 70€.

No hay comentarios: