viernes, 6 de mayo de 2016

Coa hucha chea na comunidade gobernou calquera!!!

Ou eu son moi pechado de mente ou nesta noticia de cando se meteron os primeiros porcos no noso monte, lese con claridade que cedese o terreo a Asoporcel, algo que por outra parte xa se viña facendo con outras asociacións gandeiras, agás que neses casos os responsables dos animais tiñan que pagar pola súa conta un seguro de responsabilidade civil, polo que non entendo que para a "granxa" se fixese cargo do seguro a Comunidade. Un seguro que á hora da verdade non respondeu dos danos causados en varias propiedades, acabando os directivos, pola súa conta e sen informar á Asemblea, pagando, en especie (penso) ou en efectivo, incluso o arranxo dunha moto; todo a cargo dos comuneiros xa que polo visto Asoporcel tamén se chamou de covas.

Se isto non ten explicación menos a ten que a póliza siga en vigor, pagándoa, cando no 2015 na zona d'A Belga xa non había porcos. Alguén imaxina ter asegurado o coche e que, aínda despois de non facerse cargo dun sinistro, siga confiando nesa compañía? Desde logo eu NON!!

Porén vou ser máis claro: imaxinan ter un ben e polo motivo que sexa quedar sen el, seguir pagando o seguro? Pois esta xente actuou así porque na súa vida soñaron con manexar tantos miles de euros que non souberon que facer con eles, e cando renderon contas xamais amosaron a letra pequena, nin informaron disto... non sei nas tabernas.

O malo é que a día de hoxe temos pendente unha denuncia polos danos que fixeron nunha propiedade, e aquí vese que non son o único ao que se me nega o dereito a ser resarcido, no caso dese comuneiro polos danos e no meu, por recuperar para a comunidade o solar sobre o que grazas a min se puído construílo local e sen embargo ex-directivos por non facer ren cobraron dietas e viaxes.

No caso da denuncia está na man de todos e todas, aboarlle os 1400 € que reclaman entre el e o seu avogado, ou deixar como fixeron os anteriores que siga a demanda e que a esa cantidade lle haxa que sumar 3000 €. Co seguro que unicamente lle serviu á compañía e ao axente para meter cartos no peto por nada, xa pagaron máis e xa non conto os gastos do avogado que se buscou o ex-presidente, porque cos cartos da comunidade defendese calquera como fixeron noutras lexislaturas.

Baixo o meu punto de vista estraríamos falando dun presunto fraude ou cando menos deixades de funcións. En definitiva que con estas accións causouse un prexuízo económico á comunidade a sabendas, do que alguén tería que resarcirnos.

Baixo as 3 etiquetas, teñen todo o que escribín sobre os porcos, o local e a leira, neste blogue, que non é pouco.
Así foi como me atopei co agro do veciño cando pasei pola zona.
E así despois de que tivese que alugar unha pala e facer traballos pola súa conta.

No hay comentarios: