domingo, 9 de junio de 2013

Crítica colgada no taboleiro da Igrexa


Nota para os comuneiros que non acudistedes a asemblea celebrada o 15 de setembro de 2012. Os que si o fixestedes, sodes os que podedes testemuñar se minto no que aquí expoño:

Diante da falsidade da acta dese día non podo calar, polo que vou facer unha excepción publicando esta nota. Non vou a negar que fun crítico con algunhas directivas, máis outros actuaron igual. Fágoo porque non lembro que eses directivos recollesen intervencións de xente non presente, como aconteceu agora. Así entenderan porque ó presidente non lle gustaba como as redactaba eu.

Dende abril de 2008, que comecei a criticar o que pasaba na comunidade facíao en: nebra-nebra.blogspot.com tendo a día de hoxe 14.766 visitas. En abril de 2012, creei: nebra1.blogspot.com, xa con temas exclusivos, con 6.253 visitas Como dixeron en: fonforron.blogspot.com, poida que ó contrario de como facía antes, poñendo notas nos taboleiros, non chegue á maioría, porén moitas Comunidades e sobre todo a ORGACCMM saben o que está acontecendo aquí. Feita a excepción, se teño máis que criticar, seguireino facendo por Internet.

O señor José Antonio Carril, non estivo presente na asemblea, polo tanto dificilmente puido explicarnos nada do que reflicte o secretario na acta. Dubido moito que na súa asociación, consintan este tipo de “trapalladas”. Se é unha persoa honesta, o seu deber é pedir unha rectificación pública aos culpables por metelo neste "fregado”.

Que cifras se comentaron máis polo miúdo? Canto lle corresponde aportar á comunidade? Cales eran os pros e contra? Todos eses datos tiñan que constar na acta, non só pola mala memoria que se albisca na xente, se non que, os comuneiros que non puideron asistir a asemblea teñen dereito a coñecelos. Mais cal é o verdadeiro de omitilo? Facer crer aos comuneiros que non acudistedes que, os que votaron o sabían o que votaban. Así de simple!!!

Por que este afán de menosprezar e censurar as intervencións dos poucos que falades? Alguén imaxina a reacción dos edís do BNG, se nas actas dos Plenos, non recollesen as súas intervencións? En máis dunha ocasión fun testemuña das súa protestas. Mais ollando isto, está visto que todo depende de quen ten a tixola polo mango.

O presidente pediu votar a man alzada e logo de escoitar a protesta dunha comuneira (con razón), rectificou, aínda que logo a votación por papeletas, deberíase considerar non válida, xa que a obrigación do secretario era dar lectura á lista dos presentes e estes ir votando na mesa. E non como se fixo levando unha caixa polo medio da xente, para que tirasen nela os votos, tanto os inscritos, que chegaron á súa hora, coma os non o inscritos, por chegar tarde.

Cando se aprobou o censo pareceume escoitar que o quórum quedaba establecido en 79 comuneiros. Segundo este dato, se só votaron 72, quere dicir que o presidente e o secretario, mentiron nada máis comezala asemblea, e iso que demoraron o seu comezo 25 minutos, pola falta de comuneiros. Se os datos que apunto son fiables, o punto da Orde do Día dos porcos, non foi aprobado de acordo cos Estatutos e a Lei, polo que, non caben escusas posibles: “A ignorancia da lei non exime do seu cumprimento”.

Obviando a falsidade da acta, para que a Asemblea fose legal os comuneiros censados tíñamos que ser só 240 e paréceme unha cifra moi baixa. Nós para aprobar calquera acordo, requírese a presenza do 30% do censo, non do 25% como xa ten insinuado o presidente.

Un Pobo desorganizado é unha masa coa que se pode xogar, porén un Pobo que defende os seus valores, e a súa xustiza, é un Pobo que se fai respectar.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Son un dos moitos comuneiros que non estivo na asemblea que mencionas, pero si estiven na última. O que me estraña é que ninguén, nin vocales nin comuneiros que si estiveron, fixesen mención a ese feito relatado tan detalladamente na acta. Para estar seguro e non meter a pata, onte preguntei que había de verdade na túa nota da Iglesia, e confirmáronme que efectivamente, o paisano non estivo, polo que xa hai que botarlle imaxinación a levantar así unha acta.
O raro é que fose aprobada por unanimidade. ¿A que temos medo?