miércoles, 19 de junio de 2013

Enterese ben señor presidente

Agora que tan acostumado está a departir con reitores doutras comunidades de montes e mesmo a querer darnos leccións de ética na revista da ORGACCMM, ou de aparentar representarnos, lémbrolle que o cargo implica algo máis que iso.

Antes de nada digo ben, agora, porque cando era un comuneiro «raso» pasou da Comunidade, non facendo ren, por exemplo, por tentar recuperalo solar onde hoxe, grazas a min, non se lle esqueza, podemos dispor do local da comunidade.

Que conste que no digo eu, repítollo dío unha sentenza que vostede negase a acatar e a recoñecer, máis como é do BNG, é dos que di que este tipo de incumprimentos só é cousa do PP e PSOE. Porén hai de todo na Viña do Señor e vostede é o menos indicado para acusalos do mesmo pé que coxea, por non sacarlle a relucir outros.

Por certo, sempre considerei que o local era exclusivo e propiedade dos comuneiros e comuneiras de Nebra, e como tal, nunha asemblea tíñase que acordar outro uso, mais parece que non é así, xa que presuntamente xente allea á comunidade, ben por familiaridade ou por amizade con algún reitor fixo uso del. Polo visto o único requisito é pedirlle permiso na casa «Sic». De ser certo isto que nome recibe?

Infórmese ben e todos os que pensan coma vostede das resposta que se lle dá a este comuneiro, porén sobre todo da 4ª.

Teimas e liortas: Dúbida: Monte común pechado por un non comuneiro

Moi boas tardes. Diríxome a vostedes para formularlles unha pregunta que, de seguro, me van saber contestar.

Pertenzo a unha Comunidade de Montes de Lugo. Hai uns días, unha persoa que non é comuneira (vive na Coruña, pero ten aquí a súa 2ª residencia), pechou un cacho de monte común.

Loxicamente, puxémonos en contacto coa Dirección da Comunidade Veciñal para que actuasen. O problema vén que son coñecidos deste señor e insístennos en que eles non poden facer nada. Simplemente, que o levarán a unha asamblea para que decida a maioría dos veciños, unha estratexia que consideramos que é para gañar tempo.

Dende o noso punto de vista, que un non comuneiro peche monte común é ilegal e, polo tanto, a Comunidade ten que actuar "ipso facto" porque senón estaría incorrendo en deixades das súas funcións legais. Isto é así???. Ou realmente é a asamblea de veciños quen ten que decidir.

Moitas grazas pola súa atención e amabilidade.
UNHA RESPOSTA:

Bos días:

  1. Si comparto a obriga das Xuntas Reitoras de exercer as accións en defensa da integridade do monte.
  2. Normalmente a acción para a reclamación de propiedade debe aprobarse con carácter previo á Asemblea.
  3. É certo que por razóns de urxencia o Presidente pode exercer a acción (sobre todo se fose interdictal para parar a obra) dando conta da súa decisión na posterior asemblea.
  4. Polo tanto a xeito de conclusión se a obra ou peche que se vai facer xa está finalizada o normal é que o Presidente aprobe na Asemblea o exercicio da acción (pero que o faga).
  5. Se a obra está aínda en exercicio o habitual é que o Presidente exercite por se mesmo a acción de paralización das obras dando conta nun posterior asemblea.
Calixto Escariz Vázquez

No hay comentarios: