domingo, 23 de junio de 2013

Así loita 1 directiva e 1 comunidade polos seus dereitos

Aquí ninguén ousou cando menos, comprobar, se o documento de doazón do solar era legal ou non. Por moito que fora feito ante un notario, a todas luces era ilegal, polo simple motivo de que os donatarios para facerse co ben pagaron con fondos da Comunidade: 851.000 ptas, máis 250.000 ptas., por rexistralo ao seu nome, sobre 8.000 ptas, ao notario e por riba cobrando dietas... o negocio era redondo se non houbese quen lles parase os pes no se día.

Claro que agora todos desfrutamos do ben, e o «pufo» quedoulle a quen non comungou con moas de muíño. Esta é a realidade, e todo porque o xuíz non tivo..., xa que na acta quedou ben claro que terían que correr con tódolos gastos de demostrarse a súa falsidade, os donatarios. E segundo a Lei, a Comunidade.

La Voz de Galicia: A comunidade de montes de San Xurxo gaña tres parcelas

Nun cuarto preito déuselle a razón ao particular, que fixo unha casa

Os conflitos de titularidade de pezas de terreo próximas ou dentro da demarcación da comunidade de montes comunais de San Xurxo continúan.

Os xulgados civís de Ferrol deron a razón ao colectivo na disputa por tres parcelas situadas na zona de Lobadiz. Sobre as mesmas aséntanse varias casetas, de tipo «fin de semana». As sentenzas civís declaran que estas pezas de terreo non son de propiedade particular senón que pertencen á masa común á que deberán reintegrarse. Aínda que as sentenzas aínda non son firmes porque están apeladas ante a Audiencia. Caso de confirmarse, a comunidade tería que pagar aos ocupantes destas pezas o valor das construcións, que se taxarán pericialmente.

Noutra cuarta sentenza, ditada polo maxistrado Javier Tudela Guerrero , titular do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, a comunidade perdeu. O fallo declara que o predio, sobre o que se levantou unha vivenda, conta con licenza municipal. Fora Ángeles A. L., ocupante da leira, quen expuña a demanda de xuízo ordinario contra a comunidade de montes a cargo da letrada Sofía Frieiro. A parcela de 43 áreas está situada na periferia da masa común e ao bordo dun camiño público.

A demandante alegou que adquiriu o dominio a través da compra no 2001 e os vendedores á súa vez comprárona. É un predio con outros privados próximos e próximo. «A leira da demandante -indica o xuíz- atópase na zona da Camposa e linda cun enclave de leiras privadas de máis de 22 hectáreas recoñecido en 1962». De maneira que, aplicando o Dereito Civil puro, indica o maxistrado, comprobouse que o predio tivo uso particular, nunca foi reforestado cando os montes estaban consorciados.

Non obstante, esta sentenza tampouco é firme porque foi recorrida pola comunidade.

No hay comentarios: