domingo, 5 de mayo de 2013

Un Pobo ben informado é un pobo que pode tomar as mellores decisións

Un taboleiro de anuncios colocado no lugar de Cope
m. angueira
Cando tomei posesión da secretaría da Comunidade e para que non se reproducira o escurantismo que practicaran Xuntas Reitoras precedentes, a miña teima foi expor toda documentación que ía recibindo. De aí que propuxera colocar nas aldeas, taboleiros de anuncios. Lamentablemente foi outra proposta que quedou no limbo. Tanto foi, que o taboleiro que colguei no antigo local tíveno que levar da miña casa. Mais neste caso foi bo que non me fixesen caso... o único que compraron e colocaron no Local, a información brilla pola súa ausencia. Nin as actas expoñen, sendo obrigatorio facelo... A última documentación colgada son as contas do 2010.
Diario de Arousa: A Comunidade de Montes de Carracedo instala taboleiros de anuncios nas aldeas

A Comunidade de Montes de Carracedo rematou nos últimos días os traballos de colocación de taboleiros de anuncios nas aldeas da parroquia. Instaláronse un total de 24, cun investimento que roldou os 3.500 euros. A cantidade foi financiada cos fondos do propio colectivo de comuneiros. Con esta actuación non só dótase aos veciños de estruturas nas que colocar os anuncios, senón que se reducirá a sucidade no mobiliario urbano, xa que até agora os carteis pegábanse en marquesiñas, farois ou colectores.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pues menos mal que non te hicieron caso ¿Te imaginas gastar 3.500 €, y no darles uso?
Bien es cierto que en comidas deben llevar gastado mucho más y nadie dice nada. Sin embargo cuando otras directivas realizaron una salida y se vieron obligados a comer fuera, muchos de los que ahora se callan pusieron el grito en el cielo. Tu ya lo sabes, pero para que se me entienda, estamos hablando de términos distintos. Esta comidas se sirvieron en establecimientos locales.