martes, 7 de mayo de 2013

Outra comunidade que loita polos seus dereitos...

Terreos forestais en imaxe de arquivo: D.A.
...Todo o contrario do que pasou aquí co solar onde temos o local que, se no seu día non o recupero, unha vez falecidos varios copropietarios, pasaba a ser propiedade dos seus fillos até a terceira xeración. Mais se chego a saber que o Xuíz os perdoaba por arrepentirse como pode pasar agora con Infanta Cristina que a desemputan «falsificaran o documento de compra-venda como doazón, cando en realidade pagáranlle á vendedora 851.000Ptas., procedentes de fondos da comunidade», que lle desen á solar por onde rompen os cestos.

A anécdota vergoñenta veu despois, outros exreitores que, por afinidade e familiaridade cos xa exdonatarios, tendo coñecemento do presunto roubo que se nos facía, antes de aboarme os gastos que po Lei correspóndenme, preferiron solicitar un informe ao avogado que, curiosamente os defendera.

Máis daquela calaron porque iso implicáballes gastar cartos de seu peto e ese informe pagouno toda Comunidade. Logo veu o meu amigo, o señor presidente que, despois de encomiarme nunha reunión de Xunta Reitora «consta en acta e esta gravado», por loitar solo e Informar aos vogais que había que pagarme, cando comecei a pararlle os pes, no Bar Universal chegou a acusarme de non facer nada por recuperala e que polo tanto me fose esquecendo de cobrar. Menos mal hai unha Sentenza que, se sabe léela, déixao como o que é... un falso.

O peor non é iso é que néganse a acatala, a que lles soa iso?


Diario de Arousa: A Comunidade de Armenteira gaña un monte reclamado por unha herdanza de particulares


O Xurado Provincial de Montes recoñeceu a titularidade do chamado Monte Pailamos, Meis, en favor dos comuneiros da Armenteira, tras desestimar unha reclamación de tres irmáns que aseguraban ser os seus lexítimos propietarios a través dunha herdanza.

Trátase de ao redor de 8,30 hectáreas de chan que limitan ao sueste co termo municipal de Poio e que a Comunidade de Montes reclamaba para si desde xuño de 2011, momento en que esta entidade de comuneiros solicitaba a clasificación do terreo como monte en mancomún.

Iniciado o procedemento para acreditar a situación do chan, a administración atopouse con que «non estaba clasificado», aínda que había constancia de varias parcelas catastrais de particulares e outras «en investigación».

Un ano despois, acreditouse que o monte non figuraba no Rexistro da Propiedade, pero aberto o prazo de alegación, tres particulares, irmáns, presentaron un recurso en común.

Estes defendían ser titulares de sete parcelas no lugar, recibidas por herdanza do seu pai. Para defender esta versión, presentaron datos catastrais das mesmas e unha copia parcial dunha escritura notarial do seu pai, datada en 2001, na que constan este sete terreos.

A Comunidade de Montes respondeu entón a esta alegación presentando a declaración xurada de 143 veciños de Ou Busto, Valboa e Vilar, que aseguraban que o aproveitamento histórico e actual do monte Palaimos «vén sendo realizado de forma exclusiva polos veciños destes lugares», en mancomún.

O xurado, botando man de xurisprudencia, fallou en favor da Comunidade ao argumentar que «o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte é a circunstancia de haberse ou non demostrado o aproveitamento» tradicional en mancomún, «prescindindo de cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais». Ademais, o feito de que o Concello non alegase as pretensións dos comuneiros é visto como «un recoñecemento implícito» en favor da Comunidade. Contra esta resolución, aínda cabe recurso.

No hay comentarios: