sábado, 4 de mayo de 2013

A paciencia ten un límite, por isto non paso presidente

O Común dos Veciños. Barbanza: O silvopastoreo é a solución
O uso e explotación do gando é fundamental para o monte comunal do Barbanza. Non chegarían a nada subvencións e maquinaria nos miles de hectáreas do monte veciñal para termos contida a expansión da vexetación.

O gando foi sempre dos veciños e os veciños viviron co gando. A plantación descontrolada, nefasto abuso do monte (e a súa consecuencia forzosa, o lume) obrigan ao gando a saír das súas zonas seculares de pasto: temos que revisar a planificación forestal, escoller as especies axeitadas e a súa distribución.

É imposible que unha plantación vaia adiante se os animais andan nela. As plantacións con peches foi o lóxico, e no Barbanza tras moitos esforzos de comunidades, gandeiros e persoal do Distrito IV, os peches melloraron moito. Os primeiros resultaron insuficientes porque, nas zonas altas, a falta de abrigo para os animais empúxaos cara abaixo.
Co traballo dos gandeiros, técnicos e axentes do distrito, as comunidades fixeron e fan novos peches, que chamamos “de inverno”, coa idea de que, cando vén o frío, os donos dos animais poidan refuxialos nalgures, mentres rozan as zonas pechadas que os comuneiros determinen.

Santiago Suárez
Presidente da Mancomunidade de Montes do Barbanza
«ROUBAR» ideas dun simple comuneiro que non pasou dos Estudios Primarios e logo de adulto obtivo o Graduado Escolar, por parte súa que pasou pola Universidade e poñerlle o seu selo, colmou a miña paciencia.

Esta foi unha das miñas primeiras propostas que propuxen ao pouco de gañalas eleccións e que debullei por aquí. Resulta chocante que se aproveite da miña boa fe, como fixo Terra e Tempo «dixital galego de pensamento nacionalista» manipulándome tamén absurdamente esta foto á que, engadíronlle un díxito, tal vez confiando en que non me decátese.

Porén teño pateado tanto o Barbanza que ao ollar estas pozas, e a pesar de ter miles de fotos decateime que tiña que ser miña, aínda que nun principio despintoume o Photoshop, até que unha amiga confirmoume a sospeita.


A idea esencialmente era esa facer varios peches, por riba de Resúa, Pantegán, Capela do Vello etc., e logo proporlle aos gandeiros que no inverno, cando máis escasea a comida nos Chans, puidesen mételos animais neles e así matabamos dous paxaros dun tiro: mentres se protexían do frío, aproveitaban o pasto que se xeraba. Esta proposta trasladóuselle a un gandeiro-vogal que, daquela non estivo pola labor. Para poder levar dicho peches avante, pedimos unha subvención «trampa» á Deputación de A Coruña.

O malo foi que tralo desastre do 2006, non se puideron levar acabo nesas zonas e cos fondos concedidos fixéronse outros no entorno de O Castrallón e Foloña. Ese mesmo gandeiro-vogal, que no seu día non viu con bos ollos a proposta, sen ser aprobado pola asemblea xeral foi autorizado a metelos seus animais neles e posteriormente en troques decidiu ceder á comunidade un poldro que saíse do cruce das súas eguas con un cabalo do presidente. Despois compráronselle até que, un día presuntamente desapareceron todos e nunca máis volvemos a saber deles.

Para camiñar xuntos na consecución de metas sucesivas é preciso que superemos as liortas entre a xente do gando e a das comunidades. Para isto, debemos partir de tres bases:

• No seo das comunidades, hai membros do sector agrogandeiro. Queremos que expoñan os seus puntos de vista, indispensables para a correcta xestión do gando do monte, mais cómpre que non se dubide o indiscutible: a comunidade é a propietaria dos montes e quen toma as decisións, aprobadas pola asemblea soberana.
Eu si que tiña claro que a comunidade é a propietaria dos monte e quen toma as decisións aprobadas pola asemblea soberana, mais con outros xestores anteriores e vostede especialmente nada diso foi verdade e así o fun denunciando aquí. Curiosamente todas relacionadas con gandeiros alleos á parroquia e iso que por falta de información quedáronme algunhas sen publicar: favores na comunidade e Mi cortijo.

Por certo, por exercela miña labor fiscalizadora coma comuneiro, até un gandeiro ao que vostede lle fixo favores, atreveuse a reprenderme aquí.

Igual que pasou cos exreitores que repartiron os fondos comunitarios daquela maneira, para este gandeiro, vostede foi o bo da película e eu o malo!

• Tampouco se pode discutir que o gando debe estar saneado, e que os aproveitamentos han estar organizados, para beneficio de todas as partes: para quen ten o monte e quen ten o gando.

• O uso do gando é o único procedemento sustentable para xestionarmos os montes veciñais e defendelos do lume; pode xerar riqueza ás comunidades e tamén é compatible cos outros aproveitamentos do monte.

Os enfrontamentos teñen resultados coñecidos: destrución de plantacións, estragos nas colleitas e nas leiras, accidentes de circulación, incendios, animais mortos a tiros ou con lazos... A solución a estes problemas esixe diálogo entre as partes e un acordo que debe establecer tres puntos básicos:

• A titularidade das explotacións gandeiras, que pode recaer na propia comunidade de montes, en comuneiros concretos, en agrupacións da parroquia ou da comarca ou mesmo en entidades distantes ou alleas ao monte.

• A definición e regulamentación do aproveitamento, concretando o tipo de gando e a carga gandeira, segundo especie e superficie. Para cada monte debe fixar por escrito a cadencia na rotación do gando e outros eidos da xestión, sen esquecer a contratación dun seguro de responsabilidade civil.
Esixirlle aos gandeiros un seguro de responsabilidade civil, que por Lei xa teñen que ter cuberto, mentres vostede e os excompañeiros contrataron a dous comuneiros xubilados sen seguro para cortar leña e e repartila gratis? entre os comuneiros, foi «el no va más» porque pasaron do secretario que era eu, dos vogais e da Asemblea Xeral, contando só presuntamente co visto e prace da xente do Distrito IV. «Sic».

Logo cando foi denunciado ben que se encargou na Asemblea Local do BNG de acusarme de ser o autor, cando sabía perfectamente que nesas datas atopábame traballando en Madrid, e sabendo porque así o advertín que, outro expresidente xa fora denunciado por contratar da mesma forma a xente para desbrozalo monte, salvo que, nesa ocasión fora aprobado pola Asemblea Xeral.

A diferenza dese anónimo? as miñas denuncias na Comunidade sempre foron con nome e apelidos. Aquel expresidente como era tan honrado e simple, aquela denuncia carreoulle unha multa á Comunidade, ademais de ter que pagalos seguros da xente e vostede, segundo me largou, presuntamente déronlle a razón, supoño que grazas a quen estaba nese intre na Xunta.

Esas cousas agóchanse só con padriños, igual que pasou co agro de meu pai. A política caciquil funciona así, e no BNG demostraron que tamén lles gusta.

• A cualificación dos donos do gando, diferenciando entre gandeiros e furtivos. Os primeiros ocúpanse dos animais e traballan e viven con eles, colaboran do cando hai algún problema. Os furtivos agáchanse no anonimato causado polo descontrol administrativo e xudicial na identificación dos animais para levar unha xestión ilegal con opacidade económica e documental, falsidades nas subvencións e outros amaños que lles reportan beneficios. Estes individuos non son gandeiros e han ser expulsados dos nosos montes. Todo o que fagamos por planificar e organizar, botaraos fóra; eles sábeno e deles veñen a maioría dos atrancos.

Postos a facer acusacións tan graves, porque non citou tamén ao que abusando da confianza dun amigo, desentendeuse totalmente dun par de cochos, levándose o proveito dun, e por idade deixando morrer ao outro.

Todo o que se fixo e o que se está a facer require da identificación de cada animal e do seu dono, que será o primeiro interesado nunha xestión organizada que lle permita obter beneficios. Cada parte ten que asumir a súa responsabilidade.
Que verbas carentes de sentido! Como ben sinalo arriba, vostede é o menos indicado para esixirlle a alguén que ten que asumir a súa responsabilidade... Calquera é gandeiro, se outro cóidalle e mantéñenlle varios anos os seus animais!!!
O noso rural sempre foi abondoso en gando e en especial en cabalos. A mellora xenética, a produción cárnica e a aspiración de producir cabalos de deporte e lecer nos nosos montes, con animais dunha resistencia probada e indiscutida, son proxectos dunha envergadura ilimitada.



No hay comentarios: