viernes, 18 de mayo de 2012

Resumo asemblea 13 de maio (PXOM)

Neste punto o presidente incidiu no que escribiu na convocatoria e no que dixo ante as cámaras de 27tv, que se os agros da Buarza quedan no PXOM como zona industrial, van vir catro aproveitados e dicirlles aos veciños que como aquilo non vai valer para nada, que lles dan 20 euros, para logo, se non se fai o polígono, vendelo a 100.

Dixo que iso era unha estafa e un roubo manifesto, verbas que volveu a repetir para darlle máis énfases ás súas acusacións. Afirmou que se todos estaban de acordo, engadiríalle un escrito acompañando as sinaturas que outros veciños estiveron a recoller pola parroquia contra a inclusión no PXOM deses terreos. Chus, da Igrexa, di que iso teríano que aprobar os que asinaron, que a ela non lle afecta porque non ten terreos alí. Juan, un comuneiro de Cans, dille que teña terreos ou non, tamén estaba afectada, porque o polígono afectaralle a praia da Agueira.

Sen estar en desacordo coa opinión de Chus, estou tamén de acordo con Juan. Afectados somos todos, propietarios e veciños, pero igual Chus non se explicou ben. A asemblea non pode decidir sobre un documento que foi asinado con anterioridade por un determinado número de veciños, ou non, algúns dos cales nin estaban alí, para despois "pegarlle" un documento que nin foi debatido, nin aprobado, e que agora vai ir ao libre albedro do presidente.

El sabe que non pode facer iso, porque fai anos recollendo sinaturas na comunidade cando chegamos a xunto del, díxonos, que as que levabamos non valían para nada, que tiña que ir a reclamación en cada folio e nunca, a parte. Automaticamente fixemos tal e como nos asesorou, e para pedirlle de novo a sinatura aos veciños que xa asinaran, amosabámoslle o folio anterior con elas tachadas.

Agora o único que quedou medianamente claro na asemblea é que nese escrito, pediríaselle ao alcalde a exclusión da Buarza como zona industrial no PXOM. O comuneiro Antonio de Resúa, tamén dixo que non se podía dicirlle que non a todo e que deberíamos ofrecerlles outras alternativas. Non lembro ben a quen lle escoitei que esa opción xa lla deran a Quintáns, o ex alcalde, e que non quixo dar o brazo a torcer. Coma no resto de puntos, tampouco nesta ocasión se someteu o debate a votación. María de Cans di que o leven para Bustelo, que fai anos xa o querían facer alí.

Falo por min, fun un dos que asinei o escrito que me presentou Manolo de Pedreisoas, polo que non estou de acordo que coa miña sinatura vaia engadido outro escrito feito a posteriori, que como digo arriba, nin se debateu, nin se aprobou. Se houbese interese real en defendelos intereses dos veciños e veciñas, teríase convocado unha asemblea extraordinaria con anterioridade, tal e como dixen aquí. Nesa asemblea era onde se tiña que acordalo manifesto, para logo, acompañado da acta da asemblea, entregarlle ao alcalde. Así é como se fan as cousas, desta forma para min é un "fraude", ademais de tentar facer un uso "ilegal" desas sinaturas.

Outra cousa é que ditas sinaturas sexan entregadas pola xente que as recolleu, e a directiva, entregue o escrito aparte. Escrito que como ben digo, tiña que ser debatido e acordado na asemblea... se non iso é como asinar un cheque en branco.

No hay comentarios: