domingo, 3 de junio de 2012

Resumo asemblea 13 de maio (notas soltas)

Propiedade privada á que se dotou de acceso
Outra que antes tiña o paso cortado con aramios
e agora foille ampliado

Accesos cortados aos agros: Tamén estableceuse un pequeno debate que comezou José, un veciño do Castrallón, a raíz de que cando se fixeron os peches gandeiros pola Cabana por haberlle pechado as entradas dos agros. Lémbrome ben do tema, porque daquela era o secretario, e José, outro veciño de Carantoña, advertira nunha asemblea por varias veces ao presidente desa irregularidade. Ao contrario do que sucede agora, todo aquel tenso e longo debate, no que o presidente pasou olimpicamente do comuneiro, e máis cando lle dixo que el alí non tiña propiedades, quedou reflectido na acta. Algo que non lle gustara nada, e ese foi outro dos detonantes para facer piña con algúns para expulsarme do cargo.

Agora, seis anos despois, algúns veciños seguen sen ter unhas portas que lles permita o libre acceso. Así é como se respecta os comuneiros: a uns péchalles o paso ás súas propiedades, e a outros crúzaselles con pistas.

Descoñecía que a estas alturas aínda houbera veciños que non podían acceder ás súas propiedades, pero se houbo intervencións e queixas, entendo que falan con coñecemento de causa. Na primeira foto amoso a entrada a un agro que antes estaba incomunicado e agora dotóuselle ese sinxelo acceso. Na segunda, tamén tiña o paso cortado, pero agora suprimiuse o valado, polo que os animais tamén circulan libremente por dita propiedade. Supoño que co visto e prace do propietario.

Plantación de bidueiros
Sen que viñese engadida na orde do día, o presidente anunciou a que Xunta de Galicia tiña previsto repoboar con bidueiros entre Xamiñón e Canlebó. Ata aí todo ben, pero di que se os que teñan propiedades na zona e o permiten, tamén sélles plantarían. Nisto unha veciña dixo que ela non tiña inconveniente... normal, pero non é ouro todo o que reloce.

Se a plantación tivese un custe de 0 euros para a comunidade todo ben, máis permítanme que o dubide. En virtude do Convenio que temos asignado coa Xunta, cando esa madeira se corte, levarase o 30%, e non creo que separen os gastos empregados nos terreos da comunidade coas propiedades, se non que irá todo ao "monte maior".

Veremos como é a cousa, pero xa digo, non o teño nada claro. Non vaia a ser, por exemplo, que pase como noutra ocasión, no que unha empresa fixo un peche no monte da comunidade para plantar pinos, metendo dentro del parte dun agro dun comuneiro sen que este presuntamente soubese nada. Polo visto foi erro seu, pero a minuta pasoulla igualmente á comunidade. Despois, como acontece ultimamente, veu o lume e levou todo por diante: peche, pinos e cartos.

Con isto dou por rematada a miña visión da asemblea. Seguramente esquecéuseme algo, pero para non tomar ningunha nota, seguramente a acta será moito máis esquife.

No hay comentarios: