Amosando publicacións coa etiqueta Caciquismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Caciquismo. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de novembro de 2018

Se non tivese as probas faría como algúns, ti entre eles, coidaríame de facer certo tipo de acusacións

Dado o tempo transcorrido igual esqueciches en que entrada fixeches este comentario, polo que vou darche as facilidades que non tiven eu no seu día e aclararche algunhas cousas agardando resposta á pregunta que che deixo contra o final  eu xa sei, e ti seguro que tamén, ao igual que o resto dos veciños.

Disme que a acusación que fago, é moi grave, pois non debeu ser tanto cando dado que non a fixen anonimamente os que a cometeron calaron todo este tempo, molestándoche solo a ti, ou é que andabas polo medio? esta é a diferenza entre quen da a cara e quen o fai anonimamente: Cando os prexuízos están no berce e na ignorancia

Neste caso coideime moito en non expor os documentos que obran agora no meu poder, documentos aos que non tiven acceso no seu día. Outros acusaron aos seus antecesores de haber recibido do antigo Banco Bilbao a documentación na que probaban que no seu día roubaran á comunidade 35 millóns de pts.

Documentación que non deixaron no arquivo da Comunidade a pesar de cobrar pola demanda sen haber sentencia que probase ese suposto roubo ou apropiación indebida, sobre 700.700 pts. con xustificantes máis falsos que Xudas. Só a xustiza pode determinar se houbo apropiación indebida ou non. Bota unha ollada ao que dixen eu: porque no seu día un banco a outros «fíxolles as contas por Muros». Dito moi usado polos mariñeiros desta banda da ría.

Un apunte que igual non descoñeces, na acta do 21 de maio de 1994, esa xente fixo constar que 3 comuneiros chamámoslles ladróns, e a bo seguro que foron con ela ao seu avogado que pagamos todos, incluso as súas dietas por saídas, mais debeunos asesorar que fixesen un novo documento da leira que estaba doada a nome de 6, despois de haber pagado por 851.000 pts., mentres todos miraches para outro lado tiven que recuperala para todos cos meus cartos unha vez que saíron da directiva para impedirlles que novamente se defendesen contra min cos cartos de todos, incluídos os meus. Por certo, sabes que non fun o único que demandou a uns directivos, se non que os últimos foron, aínda que se aproveitasen de eles os que teñen os panteóns centrais así como os pegados á horta do cura, que por certo perderon?, mais o mal xa estaba feito.

No tocante ao recollido nesa acta seguramente asesorados polo avogado o día 8 de xuño a doadora veuse na obriga de facer un novo documento tan curioso que o pagamos todos. Iso si que foiche ben raro, porque na miña defensa da comunidade eu non tiven esa oportunidade. Como che queda o corpo? Aínda que podes dicir, cousa que non vas dicir aínda que sexa como anonimamente que todo é unha trouleada miña, porque estou ben seguro que sabes máis do que penso.

No tocante á pregunta confírmalle á xente que segue o blog: como son as portas dos servizos do cemiterio e as fiestras dos reservados dos WC, igual aí tes a resposta de porque se fixo o reparto de .«prisa y corriendo» cando en realidade habían aprobado facer un panteón para cada comuneiro, esa foi a causa para facernos perder ese capital por cancelar a conta na que estaban os cartos a prazo fixo. Cando se retiran os fondos antes de tempo é o que pasa...por iso os bancos nunca perden e por se a caso aí está o Supremo para salvalos!!!

O problema estaba en que non había espazo suficiente para tantos panteóns de aí que coa esmola das 230.000 pts., calaron tódalas bocas. Non hai moito un comuneiro queixábase de que el non o tiña querendo reclamarllo agora á comunidade. «Sic».

Se pinchalas etiquetas terás máis ampla información do que levo escrito neste blog referente a estes temas.


luns, 4 de xaneiro de 2016

A min non me dan as contas, ao banco parece que si

En decembro do 94 a comunidade recibe esta oferta do Banco Pastor, cando Banesto ofrecíanos un 8,50%. Nesa importante cantidade un 0,25%, xeraría a maiores no mesmo tempo 125.000 ptas, mais por unha cuestión parecida a un xuíz pareceulle normal que os directivos aceptasen unha oferta inferior (sic).

O 6 de xuño do 95,
obrigados para poder facer fronte ao reparto de 230.000 ptas. entre cada comuneiro, teñen que pechala conta. O estraño é que na contabilidade non aparezan reflectidos os intereses, como si se fixo cando no seu día 25 millóns xeraron 2.062.500, e que días despois traspasáronnos a outra conta.

Sen embargo nas follas 19 e 20 do libro de contas, aparecen os traspasos xunto con esas cantidades engadidas, que se supón son os intereses que
xerou neses seis meses dita conta, que sumándoas dan un total de 221.008 ptas.

Quen fixo as contas non o sei, xa que na información do banco, que non está en Muros pódese ver que non aparecen, algo ilóxico baixo o meu punto de vista.

Querer facernos comungar con rodas de muíño de que esa
astronómica cifra só xerou esa miseria é para botarse a chorar. Polas miñas contas, que coido son tan dignas como as de esa xente, sempre segundo ese contrato, faltaríanme 1.349.218 ptas. Se estou trabucado non terei inconveniente en recoñecelo.

Igual moita xente non sabe que a unha directiva fíxoselle unha auditoría desde o ano 1996 e non desde agosto de 1995, que foi cando tomaron posesión do cargo. Por que pasaron por alto eses 5 meses? Iso deberían explicalo os responsables.

Eu digo que se daquela miraran, e as miñas contas fosen reais, estaban a tempo de recuperar algo. Agora é escribir por escribir, porén verdade non hai máis que unha.

Que os bancos XAMAIS perden témolo neste caso que por ese descuberto de 75 céntimos por 6 días, a unha familia necesitada cobráronlle 39 euros.

martes, 8 de decembro de 2015

Cando os prexuízos están no berce e na ignorancia

Igual as novas xeracións non entendan isto, mais os da miña idade e sobre todo os maiores, sabemos que houbo tempos nos que segundo a "liñaxe" das familias, unhas eran máis apreciadas que outras, como se estivésemos na Idade Media.

Isto vivino na miña, cando era un rapaz e escoitaba como algunha xente cando falaban do finado de meu avó de Resúa referíanse a el despoticamente. Claro que daquela esa xente non me coñecía se non cortaríanse un pouco. Hoxe pásame a min con algúns pequenos que non sei de quen son fillos, salvo se os vexo cos avós.

Quizais por iso e por militar no BNG foi polo que tiven "mala prensa" no seo da Comunidade cando, como fixeron outros, quixen abrirlles os ollos á xente para non tropezarnos coa mesma pedra, e nin eu nin outros o logramos.

Xa desde dentro, por aquilo de que ninguén é profeta na súa terra e polo "pedigree" do ex-presidente, non contei co respaldo dos ex-compañeiros cos que comecei esa nova aventura, tendo que "repregar velas" por querer facelas cousas ben.

Nove anos despois o tempo veume dar a razón, mais pola súa incompetencia e deixa facer, polo camiño perdemos máis de 2 millóns de Ptas, porque no seu día un banco a outros "fíxolles as contas por Muros", e agora xa non lle hai que facer.
Acta da Asemblea celebrada o 16 de decembro de 2007. Aínda que por riba poña "extraordinaria" en realidade tiña que ser Ordinaria ao non celebrarse no seu día e non se celebrar ningunha polo medio entre a miña dimisión e esta na que, en teoría, era para cubrilo baleiro que deixei.

Tomade boa nota da certificación emitida e do reflectido en ambas actas, seguro que vos resultará doado comprobar como neste caso se falseou a realidade.

Este é un dos moitos exemplos polo que non puiden aguantar máis. Xamais me presentei a secretario coa idea de "manipulalas" actas como antes fixeran outros contra min, faltarlle á xente ou mandar á Xunta certificacións falsas.

luns, 6 de outubro de 2014

Non, non son os SETE pecados capitais, son aínda peores

Primeiro... «agasallan» o NOSO monte a varios gandeiros.

Segundo... levamos ano e medio sen celebrar ningunha asemblea, nin EXTRAORDINARIAS, nin a ORDINARIA, que ESTATUTARIAMENTE e segundo a LEI, tíñase que celebrar en XUÑO.

Terceiro... en XANEIRO tíñamos que aprobalo CENSO e remitirllo á CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL en maio, e seguimos co do ano pasado, co que hai comuneiros falecidos inscritos e seguramente novos veciños non.

Cuarto... tódolos membros da xunta reitora, neste intre ocupan ilegalmente os seus cargos. Polo que por decencia, xa que o presidente nin os convoca, deberían presentarlle irrevogablemente a súa dimisión... xa que se non, son CÓMPLICES do que está pasando.

Quinto... levamos máis de DOUS «2» anos sen que se nos dean as contas, como se o diñeiro de TOD@S, fose só SEU.

Sexto... a pesar de todas esas irregularidades, agora, como antes fixeron outros RAPASE O MONTE DE TOD@S E AQUÍ NON SE MOVE UNHA PALLA, salvo cando hai vento.

Sétimo... seguramente o 12 de outubro, viran a Cans burlarse dos nosos mortos, porque para min, os que non respectan aos vivos, menos respectan aos que xa non poden defenderse, nin teñen quen os defenda. Magoa que ao contrario que daquela, agora deixémonos pisalos nosos dereitos.

Xa o dicía George Bernard Shaw: Aos políticos «o presidente tamén o é» e aos cueiros hai que trocalos seguido... e polas mesmas razóns.