Amosando publicacións coa etiqueta Estado de Contas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Estado de Contas. Amosar todas as publicacións

domingo, 12 de xullo de 2015

As contas de Muros..., como ten que ser!!!


Sempre pensei que este dito «Facer as contas por Muros» corría solo polo Son, mais acabo de descubrir que non é así. Por desgraza, e xa sei que son repetitivo, na Comunidade vamos camiño de 3 anos, que nin por Muros nos dan as contas.

Acusan nese blogue ao presidente, agora en funcións da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán (PP) de "prácticas caciquís". Este é o mesmo argumento e con causa que lle atribuíu eu á xente do BNG, que mal dirixe e xestiona a NOSA Comunidade.

Con motivo da organización do Concello para esta lexislatura, de novo o BNG puxo o grito no ceo porque os plenos volvan a celebrarse cada 2 meses, a pesar de saber que o equipo de goberno, neste caso cumpre escrupulosamente a «Lei, páxina 5», despois de acadar nas postremeiras da anterior de volver a poñelos cada mes.

Quen non cumpre aquí a Lei, nin os Estatutos, é esta xunta reitora caduca hai máis de 2 anos, na que se integran dúas persoas que o BNG levou na súa candidatura.

De momento no Concello pasaron de presumir os xefes da oposición á 4ª posición porque non houbo máis candidaturas. Tema aparte é que o «CACIQUE» que mal preside a Comunidade como responsable da Asemblea Local do BNG «OBRIGASE» á candidata a «COMERSE» a súa renuncia-dimisión, a pesar de dicir por activa e por pasiva que ela tiña unha sola palabra.

Moit@s comuneir@s, pregúntanse a quen lle pediu el permiso, para seguir ao fronte da Comunidade máis de dous anos por riba do tempo estipulado?

sábado, 27 de xuño de 2015

Se os cartos son de tod@s, por que tanto segredo?

Que menos que cando alguén accede a un cargo representativo «sexa un libro aberto» cara a quen o votou como representante. María Xosé Alfonso, 2 semanas despois de ser proclamada alcaldesa de Muros, xa lle presentou aos seus veciños e veciñas as contas que lle traspasou Caridade González, a anterior alcaldesa.

Politicamente aínda que María Xosé, o impostor que sufrimos de presidente e eu, «criámonos» no mesmo partido, temos unha diferenza substancial con el, os dous seguimos co mesmo ideario de respectar aos veciños/as, mentres ese «elemento» fai o que lle peta na Comunidade, negándonos nestes dous últimos anos o dereito a celebralas asembleas correspondentes a presentarnos as contas e a convocalas eleccións, por iso é porque o chamo impostor. Cando as convoque, se Nebra quere tropezar 2 veces coa mesma pedra, chamareille presidente, porque o de señor, por temas persoais que sabe el, un excompañeiro de Miñortos e eu, diso non ten nada.


INFORMACIÓN DA SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE MUROS

Onte pasámoslle a todos os grupos da corporación a información da situación económica na que atopamos o concello, e aquí vos irei deixando tamén información.

Este é o ARQUEO, que reflexa os cartos que tiña o concello a día 12 de xuño. Iso si, pensade que isto é como na economía familiar, con isto e cos ingresos que vaia habendo hai que facer fronte aos gastos diarios e ás débedas.

En canto poida póñovos o estado da débeda.

Pouco a pouco iremos dándovos conta de todo, entrementres amañamos o da páxina web para poder poñer alí toda a info faremos uso doutros medios como este mesmo.

luns, 6 de outubro de 2014

Non, non son os SETE pecados capitais, son aínda peores

Primeiro... «agasallan» o NOSO monte a varios gandeiros.

Segundo... levamos ano e medio sen celebrar ningunha asemblea, nin EXTRAORDINARIAS, nin a ORDINARIA, que ESTATUTARIAMENTE e segundo a LEI, tíñase que celebrar en XUÑO.

Terceiro... en XANEIRO tíñamos que aprobalo CENSO e remitirllo á CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL en maio, e seguimos co do ano pasado, co que hai comuneiros falecidos inscritos e seguramente novos veciños non.

Cuarto... tódolos membros da xunta reitora, neste intre ocupan ilegalmente os seus cargos. Polo que por decencia, xa que o presidente nin os convoca, deberían presentarlle irrevogablemente a súa dimisión... xa que se non, son CÓMPLICES do que está pasando.

Quinto... levamos máis de DOUS «2» anos sen que se nos dean as contas, como se o diñeiro de TOD@S, fose só SEU.

Sexto... a pesar de todas esas irregularidades, agora, como antes fixeron outros RAPASE O MONTE DE TOD@S E AQUÍ NON SE MOVE UNHA PALLA, salvo cando hai vento.

Sétimo... seguramente o 12 de outubro, viran a Cans burlarse dos nosos mortos, porque para min, os que non respectan aos vivos, menos respectan aos que xa non poden defenderse, nin teñen quen os defenda. Magoa que ao contrario que daquela, agora deixémonos pisalos nosos dereitos.

Xa o dicía George Bernard Shaw: Aos políticos «o presidente tamén o é» e aos cueiros hai que trocalos seguido... e polas mesmas razóns.