lunes, 13 de marzo de 2017

Igual non son politicamente correcto...isto dáme NOXO!

Non pode ser que despois de que no ano 1994 uns ex-directivos por agochar un presunto desfalco no cemiterio que os obrigou a facer un reparto de 235.000 ptas., (1.412'38€ ao cambio directo), a toda présa entre os comuneiros, menos a un que llo negaron, e eu que en base ao reflectido nas actas aprobouse legalmente facelos panteóns, para entregar 1 por cada casa de aí que por escrito solicitase o meu.

Mais como lles fallaron as matemáticas? e non había para todos usaron a picaresca, polo que optaron por repartir ILEGALMENTE esa cantidade. O máis grave de todo é que todo iso estivo nas mans da Xustiza paralizar esta barbaridade chapuceira.

A pesar dese funesto reparto que para moita xente foi o maná, especialmente para os culpables que se incharon a base de asinar xustificantes para que comuneiros que á vista do censo varios non tiñan dereito a cobrar, por sinatura cada ex-directivos pasounos á comunidade unha minuta de 5.000 Ptas., e foron varios xustificantes, outra ILEGALIDADE, porque iso non se aprobou en ningunha asemblea e caso de ter dereito a ese resarcimento o máis normal é que lle pasasen o cobro aos que pasaron de interesarse se estaban ben inscritos no censo. Claro que se fixesen iso esa xente botábaselles enriba.

A pesar de ese reparto e os beneficios que mercede ao traballo que xerou a comunidade aos aproveitamentos que se fixeron de leña, algúns páganlle ao monte así. No 2º e 3º grupo de fotos pódese ver como alguén aproveitou ese pino tirado polo mal tempo tirando as ramas á cuneta o que motivou que a auga das correntadas desfagan a pista e por riba o culpable non se cortou un pelo..., aproveitando a viaxe arramplou con eses 2 carballos.
E por último estas 4, xa o din todo. Non podo asegurar que ese material procedente de desmontes, fose tirado por xente da parroquia, mais o resto estou seguro que si. Porén o que me estraña é que a xente vexa pasalos camións e tractores cargados con toda esa MERDA, non se atrevan chamar ao móbil da Comunidade para cursala oportuna denuncia, ou avisar á Garda Civil para que os pillen na "allada".
Todas fotos de arriba son do día 4 e estas últimas do día 11 e xa s levou alí aos responsables de Medioambiente, os cales coincidiron co meu punto de vista, algún material (o grixo, zahorra* como lle chamamos) procedente dun desmonte podían botarse na pista que leva á zona, que está intransitable.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Os politicamente incorrectos son os que tiran aí todo ese escombro e todo ven de cando uns exdirectivos antepoñendo os intereses que tiñan no fútbol permitiron que o concello fixese ese desmonte que ó igual que pasou en Cadeiras coa canteira, parece que á comunidade non nos xerou ningún ingreso e desde esa temos esa vergoña aí.