sábado, 8 de septiembre de 2018

Obradoiros Formativos

Para información máis completa pica aquí
 Arrancan os Obradoiros Formativos “Gobernanza Cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais”. O equipo do despacho de avogados de Calixto Escariz impartirá, en colaboración con AGACA, unha formación moi completa sobre os aspectos xurídicos e fiscais máis importantes para comunidades de montes veciñais en man común, comezando o primeiro obradoiro no Concello de Muros (A Coruña) entre os días 10 e 15 de setembro pola tarde. A xornada terá lugar no Local Social da C. M.V. M. C. de Serres (Muros).

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Co que che gusta informar e non pos nada da romeria? Acaso non é en nebra?

Anónimo dijo...

Coa de xente que hai na comisión e segundo ti estaba obrigado a informar da romaría. Acaso sendo de Nebra e da labor social que fai de maneira altruísta ¿Escoitastes algunha vez ó cura darlle as grazas como fai cos que veñen a estes actos, pero cobrando? Penso que non fai falta nomealos ¿Vistes que o rapaz que o ano pasado evitou que a Valvanera e outras quedasen sen festa, tivese tanto apoio mediático como este ano: radio e La Voz de Galicia?

Paco do Martelo dijo...

Este blogue non o dedico para publicar cousas da parroquia, se non máis ben temas relacionados coa Comunidade de Montes e outros eventos. Que tal se te pasas por aquí? no que outro que coma ti non foi quen de dar a cara, pareceulle mal que me queixase porque para o cartel da festa usaron e manipularon esa foto da miña propiedade.