jueves, 9 de marzo de 2017

Canto tiñan que aprender moitos en Nebra!!!

Reitoral de Santa Cristina de Cobres. // Rafa Vázquez

Os comuneiros de Santa Cristina de Cobres abren o prazo de recepción de ofertas para restaurar a reitoral

A Comunidade de Montes Veciñais en man común (CMVMC) de Santa Cristina de Cobres abriu onte o prazo para que as empresas construtoras interesadas presenten ofertas para a rehabilitación da antiga reitoral parroquial. O prazo para enviar as propostas finaliza antes do 20 de marzo

En virtude das restricións legais para poder seguir lendo a nova deben pulsar: Aquí

Á vista de esta noticia dáme para retraerme con estes tres puntos ou temas que NUNCA se lle debeu consentir a 2 ex-presidentes.

Primeiro. Cando nunha asemblea presentamos a copia da doazón da leira, na que pasaban a ser propietarios 5 veciños e 1 veciña, evitabamos os gastos a maiores que xerou ese documento, entre eles que a rexistrasen ao seu nome e que despois de levalo pola miña parte a asemblea fixeron un novo, detraendo tamén os cartos da Comunidade, aínda que segundo reza no documento, non o fixo a comunidade, se non a vendedora.

Segundo. Comprando o terreos do cemiterio ao arcebispado, como fixeron esta Comunidade coa reitoral, pasaba a ser noso, xa que quen puxo os cartos do que se obrou nel, foi a Comunidade. O arcebispado o único qu fixo, foi embolsarse 18.000 ptas, por cada panteón que se fixese. Iso si que foi un pelotazo, sen poñer REN!!!

Terceiro. Unha vez que se presenten para a reforma do ben, van ser coñecedores tódolos comuneiros e seguro que non nos vai pasar como aquí coa adxudicación da obra do local que a pesar de asinarse o contrato, cando eu aínda era o secretario, sóubeno cando o fillo accedeu á secretario e amosoumo, así como acta de cando me vin obrigado a deixar o meu cargo, na que o ex-presidente do seu puño e letra nega que houbese asinado o contrato co construtor. Contrato asinado... 3 días antes. Igual foi que cando a redactou estaba baixo os efectos dalgunha substancia se non, non se entende que competise en ser tan mentireiro compulsivo coma os do PP.

No hay comentarios: