martes, 11 de octubre de 2016

Lembrando aquel 12 de outubro: 17ª homenaxe

Con motivo do centenario da manifestación convocada pola Liga Agraria de Nebra e a Protección Obrera de Porto do Son na ponte de Cans, para apoiar ao alcalde de barrio que residía nesa aldea ao que pretendía embarga unha vaca coa intención de atemorizar aos veciños que se negaban a pagar un imposto sacado da manga polos caciques que mal gobernaban nesas datas o Concello de O Son, celebrouse o primeiro acto de varios programados no Local Social da Comunidade de Montes, de forma conxunta polo BNG de O Son, os veciños e quen asina xunto coa miña familia desde que os promovín hai xa 17 anos.

Para ser a primeira vez que se organiza de esta maneira (a efeméride, as 5 vítimas e os que os acompañaban ben o merecían), callou o interese nos veciños e xente procedente doutras parroquias, xa que superouse con creces a centena de asistentes.

Se hai uns anos algunha xente botáballe a culpa do que aconteceu aos veciños, agora son moitos os que xa se achegan máis á "versión real" que a "versión oficial", a pesar de coñecerse por outras actuacións como as gastaban a principios do Século XX as autoridades e a Garda Civil.

O resultado daquel encontro tan desigual truncou no acto as vidas de Antonio Sobrado Luaces e Francisca Carou, feridas de morte Ramona Suárez Pouso e Xenerosa Vidal Cadórniga, que falecerían nas súas casas o día 15, e Rosa Cadórniga Maneiro, que falecía o día 28 no Hospital en Santiago.


Fotos e vídeos íntegros de este primeiro acto

No hay comentarios: