viernes, 2 de septiembre de 2016

Cando falla a educación e o respecto, pasa isto!!!!

Hoxe fun acompañar a un traballador do Concello para mostrarlle zonas onde a xente sen conciencia usa o NOSO monte e pistas para tirala súa MERDA ou a de veciños ou forasteiros aos que lles fan chapuzas e logo de cobrarlles ben por retirarlla en vez de alugar un contedor para este tipo de residuos como fan algúns cárgana no tractor e logo buscan a impunidade da noite para levantalo carro e fuxir a fume de carozo.

As oito primeiras fotos son do día 20 do mes pasado e a última de hoxe mesmo. En plena época de lumes amosa a impunidade coa que actúan.

No hay comentarios: