jueves, 18 de agosto de 2016

Reflexións que fixen no meu Facebook a raíz dos lumes

Estes comentarios fíxenos a raíz doutro que me deixou unha señora á que en vez de responderlle (non lle debeu gustar o que escribín porque o eliminou non así o veciño Isidro) optei pola forma de seguir coa miña reflexión: Tremenda a fumareda que temos que molesta na gorxa e nos ollos. Algúns malnacidos só veñen a este mundo para facer mal.

Para que a reflexión sexa accesible a todo o mundo paseina a público.
  • Mentres haxa seguramente intereses espurios e malas mentes, vai ser imposible, porque é imposible ter o monte como se fose un xardín, e non arde solo en Galicia, se non en moitos países incluso no denominado o máis poderoso do mundo.
  • Mais onde os políticos tratan de buscar réditos co lume é en Galicia. A Fraga contra o tripartito saíulle moi ben. Despois tivo que comer moitas veces esas críticas. Estando en Noruega un día escoitando a radio, saíu nunha entrevista cando ardía o Barbanza, Groveiro, que daquela era o alcalde, pero xa deberá cambiar de bando porque defendía a Fraga.
  • Ese é outros anos foi aproveitado polo PSOE e sobre todo polo BNG, polo que despois foi o concelleiro de Medio Rural que eles tiñan a solución contra o lume. Colleron a Xunta no 2005 e ese ano, no Barbanza coido que ardeu solo en Baroña, pero houbo múltiples incendios por Galicia. Como desculpa achacaron que non lles dera tempo a coordinarse e así tentaron acalas las críticas.
  • Ah, pero veu o 2006 e Galicia ardeu polos catro costados, o Barbanza case todo e en Nebra libramos pola Falcoeira e o día que botei 16 horas coa nosa cuadrilla, non tivemos apoios aéreos e solo contamos co tanque do noso coche que o estreabamos, a motobomba do Concello e a cuadrilla de Baroña, que foi a que nos facilitou un bocadillo porque os ex-compañeiros nada e un deles presentouse con unhas zocas de andar pola casa.
  • Desde a Consellería botábanlle a culpa aos pirómanos, cando supoño que con Fraga e o tripartito pasaría o mesmo.
  • E por último Feijoo, aproveitouse, e agora estállalle tamén a el nas mans e xa teño aos ex-compañeiros, criticándoo, cando a verdade é que se deixou de facer un aproveitamento (gratuíto) do monte foi cando cada vez arde máis, porque volvo ao principio para telo como un xardín, había que ter unha máquina de facer cartos.
  • E o curioso é que andan colgando fotos do 2006 como se fosen de estes días. Caso singular porque me acaban de pasalo enlace é o incendio de Caamaño que presuntamente o comparte un de Canarias e que Ánxela Franco, non se corta en compartila cando sabe perfectamente que ese incendio foi cando gobernaban os seus (eu agora xa estou fora) na Xunta.
  • Se pinchas a foto do lume xunto a Igrexa e a amplías, veras que xunto aos coche aínda non hai a parada do bus que colocou ela despois da moción de censura contra Manuel Tomé Piñeiro... ao que chegamos!!!
  • Teus pais pódenche contar mellor que min, como cando eran uns rapaces por Nebra tamén ardía. Eu cando tiven as festas algunhas noites sobre a media noite empezaba algún lume, e Jorge de Casanova non lle parou o pan no corpo subiu ao palco da orquestra, colleu o micro e chamoulles de todo a esa xente, porque ás 12 da noite un lume non prende solo.

    Tan malos son querendo colar esa foto do 2006, que nin repararon na lúa.

    Arriba o calendario luar de agosto de este ano.

No hay comentarios: