jueves, 13 de octubre de 2016

Exposición Fotográfica EVA Nº 10

O martes día 11 inaugurouse na Casa de Cultura do Concello unha exposición fotográfica do Escuadrón de Vixilancia Aérea Nº 10, baixo suxerinte título de: Desde la Sierra del Barbanza al Servicio de España".

Pouco máis dunha ducia de veciños e veciñas, entre os que non se atopa ningún representante político, salvo María Maneiro en calidade de alcaldesa en funcións, asistimos a apertura de esta exposición fotográfica que nos leva por un recorrido desde que se comezou a levantalas instalacións até a actualidade, ademais de apoiarse en dúas pantallas que emiten en multimedia.

Aínda que moita xente pense que os seus efectivos só se dediquen exclusivamente ao control aéreo, o certo é que tamén fan labores civís, especialmente no verán patrullando cos seus vehículos polas pistas forestais en labores de prevención contra o lume, tal e como debullou o comandante Juan José Vázquez Moreira, que tomou posesión como máximo responsable de ese recinto no mes de agosto.

De feito nos meus paseos polo monte téñome cruzado con eles e incluso de noite, cando ante a vaga de incendios que afectou ao Concello xunto co meu fillo fomos vixialo noso monte até altas horas da madrugada.


No hay comentarios: