miércoles, 10 de febrero de 2016

Cando non se ten educación pasa isto e moito máis

Que alguén que estivo ao fronte da comunidade e se mova en política sexa o que se salte a Lei Antitabaco dentro dun espazo pechado, di ben pouco da súa nula educación e respecto á xente que ¿representou? e sobre todo aos que non fumamos, que até que se aprobou tiñamos que aguantar o fume de toda esa xente. Ou se non como lle ten pasado a moit@s, incluso asmátic@s, recibir malas contestacións por pedirlle por favor que non fumase ao seu carón.

Este "cabaleiro", non só se limitou a non acatala no Festival de Entroido celebrado no local da Comunidade de Montes, se non que o fixo cando se celebraron as pasadas eleccións xerais, ao estar en representación da coalición NÓS. Naquela ocasión, ninguén o seguiu, mais nesta ocasión "unha vez que abriu veda", foron varios os que seguiron a súa falta de civismo.

O agravante é que cos cartos de todos comprou dous cinceiros cun custo aproximado de 100 € que están fora do local para agora "porque yo soy especial", fumo onde me peta.

Non lle chegou con expor á Comunidade a punto de ser absorbida pola Xunta, xa buscaría forma de acusar ao PP, se non que se chega a aparecer algunha autoridade, antes de desaparecer poderíamos que ter que facernos cargo dunha multa. É esa a súa incoherencia?

Ignorantia juris non excusat: A ignorancia da Lei non escusa do seu cumprimento

O Código civil español (artigo 6.1) establece que todos temos o deber de cumprir a Lei sen que o seu descoñecemento sirva como escusa para non cumprila.

Multas desde 30 a 100.000 euros por fumar en espazos públicos pechados

Acender un cigarro á porta ou preto dun hospital é unha do tres excepcións da nova Lei Antitabaco que, en xeral, só prohibe fumar en sitios pechados. Isto é unha falta leve que se podería sancionar con até 30 euros de multa.

Pero hoxe aínda se poden ver cinceiros á entrada dos centros hospitalarios. As outras dúas excepcións son os arredores dos colexios e os parques infantís. Non é habitual pero, ás veces, coincide.

Tres faltas leves deste tipo pasará a ser unha falta grave, e a multa oscilaría entre os 601 e o 100 mil euros.

Si se pode fumar en praias, xardíns, piscinas ou instalacións deportivas que non estean cubertas. Pero coidado: os locais das comunidades de veciños e outros espazos comúns que estean pechados, como o portal ou un corredor, considéranse zonas de uso colectivo e, por tanto, non se pode acender un cigarro.
Seguramente para algúns a culpa será miña por estar aí. A min acusáronme de non facerse antes o local pola miña culpa. Se fosen coherentes para sustentar a súa acusación deberían presentar as probas, e non facelo polo simple feito de proceder dunha familia humilde.

BOLETÍN OFICIAL DO ESTADO






No hay comentarios: