martes, 2 de febrero de 2016

A miña reflexión da Asemblea Xeral de xaneiro

4.-Contas
As única formas para aprobar calquera tema na nosa comunidade son:
1º Reunións da xunta reitora, é dicir os catro representantes legais e os vogais.
2º Nas asembleas xerais, que é onde se debe ratificar o que aproban (vexase estatutos).
Na asemblea presentouse copia dun presunto acordo tomado exclusivamente polo expresidente e exsecretario, para poder manexalas contas da comunidade en A Banca, algo a todas luces de dubidosa legalidade.

6.-Peche
Unha vez que se legalizou esta situación atípica, na que sen pasar por ningún órgano decisivo da comunidade co inexplicable visto e prace do Distrito IV fíxose este peche. Agora si, sabendo as condicións foi aprobado con todas da Lei. Tanto custaba antes facelo así?

8.-Autorización
Non entendo como xente á que se informou persoalmente en que consistía esta petición, que non era máis que retirar a ferralla, silo, comedeiros e contedor de onde estiveron os últimos porcos e trasladada á única zona onde legalmente había autorización, porque se non se facía corríamos perigo de ser sancionados polo Seprona, tomou a palabra para insistir en que non quería de novo alí os porcos. Tema aparte son os que sen se informar antes, tiveron 10 días para sabelo, interviron para mostrar a súa oposición.

11.-Varios
Non foi de recibo que exreitoras que dimitiron con antelación á elección da xunta reitora se sentisen ofendidas, ou como prefiran denominalo, cando o secretario deu conta do material adquirido por anteriores exreitores e do que falta, por unha simple cuestión, os últimos en cesar foron o expresidente e exsecretario, polo tanto eran eles os últimos responsables de explicar que pasou. Sen embargo ningún se deu por aludido, a pesar de quedarse cada un cos 2 móbiles que había na comunidade, tendo que comprar un novo de segunda man (60 €).

Deuse conta porque nuns casos consta a relación do que deixaron outros e nos máis recentes existe a factura de compra. Cando fun elixido secretario tamén fixen o reconto do que nos traspasaron e polo que observei no libro de actas, aos anteriores xestores entregaranlle 6 rozadoiras e solo nos entregaran 5, polo que informei á xunta reitora do que pasaba e un exvogal dixo que non faltaba, simplemente que por avaría con 2 fixeran 1.

Estrañoume e así llo fixen ver a todos porque só aparecían discos e pequenas pezas. Ante a miña desconfianza, meses despois o extesoureiro confirmou que aparecera, porque estaba prestada. Isto aconteceu no 2005 e seguramente aquela xente xa non o lembre ou non queira facelo. O malo é que ao contrario do que pasou con quen me precedeu, todo iso consta en acta e agora están a dispor dos comuneiros e comuneiras, e mesmo a pedir copia, que ao contrario do que nos pasou a outros entregaráselle sen custo para quen a solicite.

Entre esa relación faltan os prismáticos que comprara eu para vixilancia do Pronto Auxilio.

Tema aparte foi a acusar ao Concello de apropiarse de cadeiras cando as levaran prestadas. Até onde sei, salvo que se compraran máis, as que hai adquiríronse sendo eu o secretario. E só compramos  50. Vinte e cinco a Melchor e as restantes a Segade. Se fose certo, o máis normal era falar no seu día co máximo responsable e non deixar "caer" a acusación aproveitando a presencia de cen comuneiros. Vale todo en política?

Cando as estreamos, das 25 primeiras ao sentarse un vogal xa rompeu 1, e con posterioridade outra. Cando se celebraron as eleccións, no local había 2-3 rotas, que alguén tirou a carón do contedor. Segundo isto, se non se compraron máis íanse manchar os traballadores do Concello por 2? Porque se non repararon nisto serian os culpables.

11.-Préstamo material
Está visto que cando se queren facer ben as cousas, a xente ou non entende ou actúa por levala contraria, porque até agora houbo moita xente e sabíase, que estivo facendo un uso indiscriminado de ese material, e incluso do coche, por xente non comuneira. Cando entrou esta xente tívose que adaptar ao que había, sen embargo que se saiba ninguén lles pediu explicacións aos anteriores e eu topeime coa queixa dun comuneiro que non estaba de acordo que o veterinario que controlaba o saneamento dos porcos usase o coche, cando o levaba feito desde que trouxeron a primeira remesa.

Como a Asemblea Xeral é soberana, algo que non se aplicaba o expresidente, acato que non se aprobase dito préstamo, aínda que non o comparta, porque alí parada vaise a estropear moito antes que dándolle uso, como mecánico sei do que falo. O raro foi que xente que votou en contra estivese facendo ocasionalmente uso dalgunha.

O asunto da fianza era un mero requisito, non se quería dicir que se se traía unha avariada que superase ese custo quedaba así. Tal e como se dixo, o que a levase tíñaa que traer nas mesmas condicións que na que a levou. Así é como se fai se se aluga nunha empresa.

Todo iso faríase, con acuse de recibo, polo que non pasaría como agora que o material que falta non se sabe quen o levou. A iso chámaselle desidia!!!

No hay comentarios: