lunes, 31 de marzo de 2014

O recorte de dereitos non é exclusivo do capitalismo

Ollando o derradeiro paragrafo. Se a soberanía nacional, implica que o BNG faga o mesmo que nos fixo no 2006, roubándonos parte dunha propiedade apaga e vámonos.
Terra e Tempo: Comunidades de montes, crise e soberanía nacional

A crise que estamos a padecer é a crise xerada polo capitalismo, na súa fase actual de globalización (imperialismo), para que, como clase social, seguir a manter os seus privilexios. Mais é unha crise en todas as súas facetas. De aí que a súa política de imposición de recortes (eles chámanlle axustes ), vaia, simultaneamente en dúas direccións:

-Recorte dos dereitos sociais e laborais das maiorías sociais das populacións (baixa de salarios, desmantelamento dos servizos públicos, copagos...).

-Recentralización política e administrativa con fin de centralizar os focos de decisión política de cara a impoñelas, de xeito mais eficaz (lei de racionalización e sustentabilidade da administración local, recorte das xa, cativas, competencias das comunidades autónomas...).

Estamos, xa que logo, nunha crise do sistema capitalista. Polo tanto, a alternativa non pasa por propor parches a esta política de recortes e recentralización para que estas políticas sexan menos "agresivas para as maiorías sociais das nacións.... A solución pasa por propor alternativas ao sistema capitalista, na súa globalidade.

Na Galiza, nación a que se lle nega o dereito a decidir, nación colonia do Estado Español, a alternativa a esta crise do sistema pasa por conxugar a loita pola liberación nacional (capacidade plena para decidir como pobo), coa loita pola liberación social (alternativa ao sistema capitalista). Propor o debate de sobor de cal loita debe ser a prioritaria. Manifestar que a dia de hoxe, non toca a loita pola soberanía nacional. Situar o debate nestas dualidades, como o fai a dereita, (que é lóxico xa que defende os seus intereses de clase), por parte de grupos que se denominan de esquerdas e/ou nacionalistas, non ten sentido nunha nación colonizada como é a nosa. E mais, propor estas dualidades, é facerlle o caldo gordo ao sistema capitalista. A unha e a outra loita, son unha mesma loita.

A soberanía nacional é un dereito democrático das nacións. Este dereito debería ser suficiente para loitar por acadala. Mais, dende as organizacións sectoriais debemos ademais, facer pedagoxía política.

Debemos relacionar a solución aos problemas concretos do sector, co logro da soberanía nacional e coas alternativas ao sistema capitalista.

Fagamos pedagoxía política con tres temas referentes aos montes veciñais (poderiamos falar de moitos mais).

O monte veciñal en man común é unha sinal de identidade da nosa nación. E unha titularidade comunitaria (nin pública, nin privada).

Esta forma de posuír que temos os galegos e as galegas, non está recoñecida nin na Constitución do Estado Español, nin no Estatuto de Autonomía. O capitalismo non pode admitir a existencia de este tipo de titularidade xa que, por estar fora do tráfico do comercio, non lles posibilita o facer negocio. De aí as continuas tentativas de proceder a súa privatización. Pola contra, a Constitución da República Portuguesa, derivada da Revoluçao do 25 de Abril, naquel intre, a mais avanzada socialmente de toda Europa (é que logo foi dilapidada sucesivamente pola dereita e polo socialismo portugués), si que ten recoñecida este tipo de titularidade.

Se queremos que a posta en valor dos montes veciñais en man común xere plusvalías na zona de influencia do monte, mellore a calidade de vida das populacións e respecte os dereitos laborais e sociais dos traballadores e traballadores do monte, esta posta en valor cumpre facela dende a óptica da xestión comunitaria dos recursos. (que como demostrou a premio Novel de Economía do ano 2009, a sra. Elionor Onstrom, e tan eficaz como a xestión privada, mais é sustentábel). O capitalismo aposta pola xestión privada de estas terras comunitarias. A xestión comunitaria dos recursos e una alternativa a explotación capitalista.

O futuro dos montes veciñais, ligado ao futuro do medio rural, só será posíbel si se acada un monte veciñal e un medio rural multifuncional e sustentábel, con calidade de vida e con populación adicada a diversas actividades. O capitalismo aposta por un monte veciñal forestado con especies de crecemento rápido e con cultivos enerxéticos. E dicir, aposta por un aproveitamento de tipo colonial. Explotación que van a significar, abandono e desertización cando se esquilmen os recursos e xeración de plusvalías nos centros de decisión política.

Recoñecer a titularidade comunitaria, apostar pola xestión comunitaria dos recursos e lograr un monte veciñal multifuncional e sustentábel, só será posíbel se propomos alternativas ao sistema capitalista e se o pobo galego acada a soberanía nacional. Polo tanto, para as comunidades de montes veciñais en man común, a loita pola soberanía nacional, toca.

No hay comentarios: