martes, 1 de abril de 2014

A Comunidade de Xuño: implicando aos rapaces co monte

Dado que son o futuro, que menos que implicalos dende pequenos nos coidados que precisa o monte. Se o lume e os pirómanos respectan a zona, en pouco anos terán a súa recompensa, en forma de castañas, e un aire moito máis limpo e saudable, ante o troco climático que xa se nos bota enriba.
Barbanza: Os sonenses respiran un aire máis limpo grazas aos nenos

Raquel Iglesias
Armados coa pa e o enciño, os nenos do colexio de Xuño subiron ao monte coa misión de colorealo de verde. A asociación de pais As Furnas interveu nunha xornada de divulgación que foi todo un éxito e na que participaron ao redor de oitenta persoas. Ademais de plantar carballos e castaños, os pequenos recibiron unha pequena explicación da repercusión que unha comunidade de montes ten no medio rural. Os sonenses respiran agora un aire máis limpo grazas a estes escolares que tan ben apresa teñen a lección de ciencias naturais.

Churrasco para todos

Despois de tanto exercicio e nada máis baixar do alto do Castelo, os participantes nesta iniciativa merendaron un churrasco preparado pola asociación de gandeiros de Xuño. Ademais, puideron levar a casa unha bolsa cunha planta que terán que coidar para que siga crecendo. Así demostrarán que o seu interese polo medio ambiente non foi só cousa dunha xornada.
Repoboación efectuada no noso monte polos rapaces de Afune, fai uns anos.

No hay comentarios: