domingo, 1 de septiembre de 2013

Primeiro intento


Foi saír esta noticia en El correo Gallego e presuntamente algún xa tentou tomarlles a dianteira: O Concello de O Son e as comunidades de montes queren evitar os incendios con gardas de vixilancia.

O alcalde de O Son, Luís Oujo, reuniuse o pasado venres coas comunidades de montes do municipio para estudar a posibilidade de iniciar gardas de vixilancia para salvagardar os montes dos incendios. "Queremos que as propias comunidades de montes podan patrullar polos montes e tentar evitar así que prendan máis lume ", dixo o alcalde sonense.

Menos mal que o vento amainou e como aínda era polo serán puidérono atallar a tempo. Pasaba xusto a moto-bomba cando saquei as fotos.


E pola outra beirada do Iroite ou reproduciuse algún destes días ou seguen coas gañas de arrasar con todo.

No hay comentarios: