jueves, 22 de agosto de 2013

Programa: Curro da Graña 2013

Esta fin de semana, con permiso da autoridade e se o tempo non o impide co da Graña, rematan os curros no Barbanza. Dado que a organización, entre os que se atopan varios curmáns, ten a ben celebrar dous días, sendo o acto principal o domingo coa baixada dos animais, ademais dos actos lúdicos propóñolles que coñezan un pouco máis a zona, por ser teñen a ben achegarse os dous días, xa que no intervalo entre os actos poden visitalo Patrimonio que atesoura a Serra.

De todas propostas, a que máis se distancia do Curro é a Arca do Barbanza máis ou menos como a hora e media, mais val a pena visitala.

En primeiro termo a aldea de A Graña e no circulo vermello o Chan das Tendeiras, onde se celebra o Curro. Entrada a aldea e pola que antigamente baixaban os cabalos para metelos no curral da familia do "Nacho" para desparatizalos, cortarlles a crin e domalos. De aí pasamos aos curros de hoxe en día.
Manada de cabalos no monte de Nebra e imaxes do curro do ano pasado.
Patrimonio funerario: aínda que destaca a Arca do Barbanza, non debemos esquecernos da súa necrópole megalítica, composta por dolmens, mámoas, etc.
Para alguén non habitual a "patealo" monte non é nada recomendable facelo con pantalón curtos, mais un xa está afeito dende pequeno, iso si con peor calzado.
De feito mañá, xa coas prazas cubertas, e o día 30, Etnoga organiza unhas rutas arqueolóxicas nocturnas.

Fauna: Entre os diferente animais: cabalos e vacas, ovellas, cabras, xabaríns, lebres ou coellos, dependendo da hora, non é nada descabalgado atoparse con raposos, e se non acabaron xa con eles con algún lobo ou lobicán (a foto do canedo que aporto non sei en que raza enclavalo).
Logo a carón das innumerables charcas existentes e moi habitual ollar batracios e ortópteros, un dos seus sustentos.
E con outro pouco de sorte dende o alto dalgún penedo albiscando algunha presa, esperara a súa oportunidade algún falcón.
Patrimonio Pétreo: A pesar do que teño camiñado pola Serra, aínda me seguen deixando abraiado as figuras esculpidas pola erosión e o tempo nas pedras. Lamentablemente moitas delas usurpadas para deslucilas en xardíns privados.
Barreiras: Ultimamente púxose de moda criticalo peches gandeiros, nos que se usa predominante aramios de espiño ou malla cinexética. Tampouco son moi gustoso da idea e considero que deberíanse regular doutra maneira. Lamentablemente tódolos gobernos que pasaron pola Xunta seguiron as mesmas directrices.

Porén non debemos esquecer que xa de antigo a Serra sempre tivo balados pétreos para impedilo paso dos animais, ás propiedades privadas. O que pasa é que como non desentoan co entorno pasan máis desapercibidos, mais aí están. Fai anos, na zona coñecida como: O Páramo, preparouse un pasteiro para meter alí o gando.

No hay comentarios: