jueves, 27 de junio de 2013

Vídeos promoción do Porco Celta


Por se alguén albisca dúbidas pola miña crítica na entrada anterior, sobre a formula de levala cría e ceba dos porcos, achego este vídeos para que teñan unha mellor visión do que penso. Porén se os escoitan e se fixan, non digo nada do outro mundo.

O que terían que facer os responsables da comunidade e con isto refírome a toda xunta reitora, non un ou dous, é preguntarse porque ao contrario do que acontece noutros pobos aquí, a xente non só non se implica se non que, non lle ven futuro. Poida que na asembleas non sexan quen de falar e poder explicarse, porque como todos sabemos á mínima sáltanos calquera comuneiro, aínda que teña menos idea que quen tenta tomala palabra. E se por riba o presidente, non sabe dirixila asemblea, ou non quere, apaga.

O seu deber cando un comuneiro toma a palabra, é lembrarlle a quen o intenta interromper, que todo o mundo ten dereito a expresarse libremente nas asemblea aínda estando trabucado, e se así fose, el, como máximo responsable da comunidade, non un comuneiro, darnos a réplica. E todo iso, por suposto que conste en acta, porque as verbas lévaas o vento.

Volvendo ós porcos, dos preto de 300 comuneiros que somos, só un rapaz indagoume o ano pasado pola Balbanera sobre a súa viabilidade xa que estaba interesado no tema, tanto para dedicarse á cebalos ou a ter porcas de cría.

No hay comentarios: