viernes, 28 de junio de 2013

Co bipartito non tiñan que agardar e saíalles gratis

«Expropiación ilegal». Con isto xa estaba todo dito, porén aquí puxéronlle a guinda ó pastel... «Medio Rural non contesta».
La Voz de Galicia: Comeza a apertura da rúa Pintor Xenaro Carrero de Noia

O Concello de Noia acaba de tomar posesión da rúa Pintor Xenaro Carrero, dando inicio aos traballos para abrir esta vía. Esta actuación, longamente esperada, permitirá conectar o barrio de Labarta co centro urbano e o centro histórico.

Despois de reiterados intentos de lograr un acordo cos propietarios do terreo, o Concello optou por expropiar a parcela, de 470 metros cadrados, e obtivo o visto e prace da Xunta para a ocupación urxente deste espazo. Isto permitirá dar resposta a unha vella demanda dos veciños de Labarta. Non en balde, a apertura da rúa Xerano Carrero xa estaba prevista nas normas subsidiarias de 1991.

Esta mesma mañá comezaron os traballos de demolición dos muros de delimitan a leira expropiada, e a intención do executivo local é axilizar todo o posible a execución da obra, que conta cun orzamento de algo máis de 370.000 euros e que se financiará a través dun convenio coa Deputación provincial. Así mesmo, o alcalde noiés, Rafael García Guerrero, destacou que a actuación suporá «unha enorme mellora nas comunicacións viarias da vila, conexionando o importante barrio de Labarta coa zona vella».

No hay comentarios: