jueves, 6 de junio de 2013

Parque eólico Singular da Pobra e de Porto do Son

O parque visto dende Guiandón-Xuño
Moi ben pola Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Xuño, e no seu nome, o secretario, que non calan ante este agravio comparativo, como acostuman a facer na nosa Comunidade. Obviamente aquí ben que nin pintada esta pregunta: De quen é o monte, dos comuneiros e comuneiras de Xuño, do Concello ou da Xunta?
A CM de Xuño, propietaria dos terreos, non foi invitada...... loxicamente

A Comunidade de Montes de Xuño está orgullosa da posta en marcha dos Parques Singulares de Pobra e Porto do Son xa que os terreos onde están instalados os aeroxeneradores pertencen a nosa Comunidade (cousa que todos parecen esquecer).

Tamén é de xustiza que se sepa que a empresa que ten firmado o contrato ca Comunidade de Montes de Xuño desde 2003, está incumprido o mesmo sistematicamente.

Este contrato firmado polas partes basicamente di que a Comunidade cede un dereito de superficie á empresa adxudicataria da concesión dos parques singulares a cambio do pago dun canon anual baseado na potencia concedida (3 megavatios por parque eólico).

Desde a firma dos contratos a comunidade ten serios problemas para cobrar este canon. A empresa comenzou a pagar no 2009, logo de que a comunidade tivera que reclamarlle o pago de parte co canon 2007 e a totalidade do 2008.

Non hai un ano desde o 2009 que a empresa abone o canon dentro do prazo estipulado nos o que contratos, tendo a comunidade que reclamar este pago, o que nos ocasiona diversos gastos.

Ademais cando a Administración aumentou a potencia concedida (3 megavatios) a empresa ocultouno para non ter que aumentar o pago do canon, ocasionando novos gastos á comunidade para reclamar o que por contrato nos corresponde.

A última “xogada” da empresa PDR Aconteceunos este ano 2013, cando a empresa abona o canon a finais de abril (con 4 meses de atraso sobre a data estipulada no contrato, e logo de reclamarllo en numerosas ocasións). Por si isto non fora suficiente, a empresa non abona integramente o que por dereito a débeda á comunidade, si non que so ingresa parte do canon, debendo nestes momentos a Comunidade máis de 10.000 €. Unha cantidade que para a empresa non supón máis que “calderilla” (palabras textuais do propietario da empresa Antonio Vidal, ditas diante dos representantes da Comunidade e do Alcalde do Son), pero que para nos nos supón poder facer moitos traballos no noso monte, sobre todo cara a un verán que nos tememos moi duro cara a prevención de incendios.

Somos conscientes que para os Concellos de Porto do Son e a Pobra os ingresos que lle van reportar estes dous parques eólicos son cuantiosos, moito máis comparados co que a empresa ten que abonar por dereitos de superficie, e coa actual crise supoñen un balón de osíxeno para poder facer obras máis que necesarias.

Somos conscientes que para a Xunta de Galicia supón un tanto moi importante que sigan a funcionar as súas concesións administrativas.

Somos conscientes que para os veciños de Porto do Son e a Pobra son moi necesarios estes ingresos para que os seus representantes políticos podan xestionar os servizos que tanto necesitamos.

Pero tamén somos conscientes de que a Comunidade de Montes de Xuño ten todo o dereito do mundo a cobrar o que por lei nos pertence, e por iso estamos dispostos a recorrer a todos, Conselleiros, Alcaldes, veciños do Son, veciños da Pobra e comuneiros de Xuño para conseguir o noso propósito.

Un Saúdo de Manel Santos Secretario da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Xuño.


No hay comentarios: