martes, 28 de mayo de 2013

Comunicado da Xunta

Motorista circulando polo noso monte por zona non habilitada



Seria de agardar que si unha representación da Comunidade acudiu a Asemblea de Allariz, teña a ben cumprilas directrices que propón a Xunta de Galicia.

ORGACCMM: Comunicado da Xunta a respecto dos quads e motos nos montes

Por solicitude dunha CCMM, durante a última asemblea de Allariz, a ORGACCMM dirixiuse á Xunta de Galicia co fin de solicitar o paliar o problema dos vehículos motorizados non autorizados nos montes.

Incluímos a resposta do xefe de servizo de Pontevedra, indicando que tamén se mandou o mesmo escrito a Consellería en Santiago.

Algunhas CCMM colocaron nos accesos das pistas de entrada dos montes carteis indicando que só poderán circular por elas vehículos autorizados e facendo mención á lexislación vixente. Tamén hai que dicir que moitas veces desaparecen pola frustración destes motoristas irresponsables.

No hay comentarios: