martes, 21 de mayo de 2013

Aquí hai outro tipo de maltrato animal máis rádical!!!

Duns anos para acá é raro atopar cabalos con pexas no monte do Barbanza, ou polo menos a min non me coincide óllalos, e iso que practicamente téñoo pateado todo en diferentes épocas do ano. Porén si teño criticado as matanzas de lobos "oficiais" e "ilegais" e cabalos, que se cometeron na Serra contra estes animais. A miseria humana é tan degradante que incluso non ten inconveniente en matar por matar, vacas ou xatos que viven en liberdade, nuns casos para enchelo conxelador, xa pillaron a algúns, e noutros, porque presuntamente entráronlles ás propiedades.

Por San Xoán, atopeime con esta impresionante parella de bois mortos, que eran propiedade dun curmán. A causa da súa morte dubido moito que fose natural.


Tiña pensado ir a comprobalo, mais ao ollar ese canido que pola distancia non puiden identificar, non me decidín. El tampouco se moveu, a pesares de que seguramente a súa intención era enchelo bandullo. Como di o refrán o que ten cu, ten medo. No seu caso seguramente andaba «queimado polos escopeteiros».



Cabalo brutalmente asasinado en O Castrallón «Nebra».

Tampouco quero esquecerme do maltrato psicolóxico que sofren as aves rapaces do Barbanza ás que espolian o seu niño, por culpa do tráfico ilegal de ovos e crías.

Faro de Vigo: Os malos tratos de cabalos en Galicia obriga á UE a revisar a forma de identificalos
A Unión Europea solicita entre os seus Estados membros información sobre os métodos para identificar cabalos por mor das denuncias por malos tratos de equinos en Galicia interpostas por dúas organizacións e recollidas pola eurodeputada do BNG Ana Miranda nunha pregunta realizada á Comisión.

A UE, responde o comisario europeo de Saúde, Tonio Borg, analizará devanditos métodos para poder adoptar "medidas administrativas e, no seu caso, lexislativas", para "garantir unha mellor identificación" destes animais. Porque, engade, á Comisión non lle consta "que se produciu algún progreso coa mellora da situación dos cabalos que viven semisalvaxes en Galicia e coa súa identificación".

Na súa pregunta, Miranda lembra que, segundo a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber, o 80% da cabana equina segue sen identificar, o que dificulta o localizar aos culpables no caso dos malos tratos, o que xa denunciaron á Xunta, e no de accidentes de circulación. Miranda cre que "as liñas de axudas económicas para identificar aos cabalos" de Medio Rural "non parecen servir".

No hay comentarios: